12 xuño 2015
O Clúster TIC Galicia está desenvolvendo a súa II Misión Comercial Inversa centrando obxectivos e esforzos na apertura de negocio en países latinoamericanos. Desde o día 10 e até o próximo domingo 14 de xuño, o Clúster TIC está reforzando o seu traballo en materia de internacionalización coa creación de sinerxías con empresas e entidades, semellantes á nosa, de Colombia, Ecuador e Portugal. Unha oportunidade de coñecer a situación e as estratexias que se están executando nestes países. A xornada completa do día do xoves estivo centrada nas entidades socias do Clúster. Desde as 9 ás 18 horas, o Clúster ...
9 xuño 2015
O Clúster TIC Galicia desenvolverá esta semana a II Misión Comercial Inversa centrando obxectivos e esforzos para a apertura de negocio en países latinoamericanos. Despois da primeira Misión celebrada o pasado mes de novembro con entidades de sete países latinoamericanos, o presidente do Clúster, Antonio Rodríguez del Corral viaxou a Colombia dentro da viaxe institucional programada pola Xunta de Galicia. Froito das reunións mantidas nesta viaxe, e vendo que os intereses confluían coas empresas socias, o Clúster organiza esta segunda Misión para facilitar as relacións comerciais entre as TIC galegas e colombianas. Do 10 ao 14 de xuño teremos a ...
2 xuño 2015
O Clúster TIC Galicia esgotou as prazas para participar na actividade de formación "Programa de Desenvolvemento Xerencial para empresas TIC", tamén coñecido como "Mini-MBA Clúster TIC", unha acción aberta para formarse en habilidades xerenciais ou directivas. O programa de formación será impartido pola Escola de Negocios Afundación, no Campus da Coruña, e terá unha duración de 70h de docencia presencial na que se tratarán temáticas coma a definición de obxectivos, plans e políticas de dirección; A análise de mercados nacionais e internacionais; a innovación e a mellora de procesos; o soporte económico-financeiro; e o desenvolvemento de persoal directivo. ...
26 maio 2015
Nesta sesión coñeceremos en profundidade os casos de EVERIS e GRUPO ARCADE INFORHOUSE, nas que Carlos Méndez e Vidal Díaz, respectivamente, detallarán as particularidades atopadas no seus procesos de internacionalización e como ter éxito na implantación de servizos e infraestruturas sen cliente tractor nin produto nicho. A sesión pecharase cun tempo de networking no que se procurará a busca de alianzas que potencien a exportación TIC. Sobre o Programa ‘Marco Polo’ Máis dun 70% das empresas socias teñen interese, en distinta medida, no proceso de internacionalización e para conxugar os intereses das empresas constituíuse un Grupo de Traballo Internacionalización ...
12 maio 2015
O pasado mes de novembro constituíse o Club de Investidores do Clúster TIC Galicia coa participación de 8 entidades fundadoras (Altia, Bahía Software,Clictic, Imatia, Itelsis, JDLV Inversores, Plexus e R) que asumiron o compromiso de investir en start-ups galegas baseadas nas tecnoloxías da información e das comunicacións.O Club presentouse na quinta edición do evento “Clúster TIC Capital Network-CCN”. Nesa edición presentáronse 9 propostas, e acábase de facer o primeiro investimento nunha delas. A primeira aposta do club é polo proxecto empresarial de CENTUM Research&Technology. Unha compañía especializada no deseño, desenvolvemento e comercialización de sistemas aeronáuticos de misión ...
8 maio 2015
A primeira sesión do ciclo de presentacións de casos de referencia de internacionalización TIC desenvolverase o próximo 18 de maio en Santiago no Edificio CERSIA ás 17:30h. O acto será inaugurado polo Director da Área de Internacionalización do IGAPE, Abel Veiga e polo Vicepresidente e Responsable de Internacionalización do Clúster TIC, Jesús Lage.Nesta sesión coñeceremos en profundidade os casos de EGATEL e SEIDOR, nas que Jose Mariño e Carlos Iribarren, respectivamente, detallarán as particularidades atopadas en zonas tan dispares como LATAM, EE.UU. ou MENA; así como as distintas fases de avance nos seus procesos de expansión territorial ...
7 maio 2015
Baixo o marco de colaboración asinado polos alcaldes de A Couña e Oporto para o desenvolvemento conxunto de iniciativas no marco dos proxectos Smart City que están executando as dúas cidades do Eixo Atlántico, o Clúster TIC Galicia e o TICE.PT asinaron un Memorando de Entendemento para crear a alianza estratéxica “NorteSmartCities-Hub”. O seu principal obxectivo será promover, e presentar a convocatorias internacionais, proxectos colaborativos en materia de Smart Cities nos que participen as empresas das dúas entidades. Tamén se organizarán actividades conxuntas de difusión e xeración de ideas en torno as tecnoloxías para as Smartcities con ...
28 abril 2015
O Clúster TIC Galicia ten como un dos obxectivos principais o de potenciar a relación e a cooperación entre as entidades asociadas para lograr un maior nivel de competitividade que nos sitúe no mapa internacional. Crea alianzas entre empresas, centros de coñecemento e institucións para orientar os esforzos na creación de produtos tecnolóxicos con capacidade internacional, que permita posicionar á industria TIC de Galicia como un referente de prestixio a nivel europeo e mundial.Máis dun 70% das empresas socias teñen interese, en distinta medida, no proceso de internacionalización e para conxugar os diferentes intereses constituíuse un Grupo de Traballo ...
15 abril 2015
O presidente do Clúster TIC, Antonio Rodríguez del Corral, e o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática (CPEIG), Fernando Suárez Lorenzo, asinaron esta mañá en Santiago de Compostela un convenio de colaboración.O acordo busca, en termos xerais, “desenvolver actividades de carácter formativo, divulgador e de estudo e análise en materias das competencias tanto do Cluster TIC coma do CPEIG, todas elas a prol do hipersector TIC galego”. Modalidades de colaboración As modalidades de colaboración consistirán na realización de cursos, xornadas, seminarios e outras actividades de divulgación de interese para as empresas socias do Clúster TIC. Promoveranse ...
10 abril 2015
O Ministerio de Industria, Energía y Turismo, a través da Entidade Pública Empresarial Red.es, vén de resolver a concesión de axudas no marco do programa “Mentoring en comercio electrónico”. O Clúster TIC Galicia foi homologada para a realización deste proxecto no que colaboran as empresas socias AACCENTIA, ABERTAL, AVA e VISUAL PUBLINET que son as encargadas de executar baixo a coordinación do Clúster. Os proxectos acadados saltan fronteiras autonómicas e permítenos ampliar negocio ao resto do estado xa que, dos 16 proxectos, 4 son de clientes de Andalucía e 1 de Asturias. Unha oportunidade para amosar as capacidades TIC ...
26 marzo 2015
A execución dos proxectos estiveron a cargo das empresas socias: Imatia e Sixtema, no AUTOTIC; e de Infonet e Hacce no CONTROLBOX.Sobre os proxectos: AUTOTIC: ten como obxectivo a creación e desenvolvemento de tecnoloxía adecuada que permita simplificar e axilizar o desenvolvemento de aplicacións móbiles híbridas de forma sinxela, produtiva e escalable. O campo de aplicación demostrativo de ditas tecnoloxías é o do coche conectado, polo que para facilitar a transferencia de coñecemento desenvolveuse unha aplicación que involucra coche conectado, balizas de proximidade e sistemas de información xeográfica.CONTROLBOX: produto innovador no campo da seguridade informática, mediante a parametrización ...
19 marzo 2015
Dentro do Plan Estratéxico do Clúster e coa cofinanciación do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través do programa de apoio a AEIs e fondos FEDER, nacen estes dous proxectos en colaboración coas empresas socias: Imatia e Sixtema no AUTOTIC; e Infonet e Hacce no CONTROLBOX. Nesta xornada as empresas detallarán os proxectos e o alcance das solucións que teñen aplicación en varios ámbitos como o da automoción, saúde, industria e TIC. Sobre os proxectos: AUTOTIC: ten como obxectivo a creación e desenvolvemento de tecnoloxía adecuada que permita simplificar e axilizar o desenvolvemento de aplicacións móbiles híbridas de forma ...
11 marzo 2015
O pasado venres 6 de marzo, o Clúster e varias empresas socias participaron, xunto cos principais clústeres industriais (Automoción, Naval, Madeira e Granito entre outros) na mesa de traballo empresarial organizada polo IGAPE, centrada na definición de “Fábrica Intelixente” e dentro do marco da Axenda da Competitividade – Industrial Galicia: Industria 4.0.Agora o Clúster TIC Galicia informa e busca a implicación de todas as entidades socias para que acheguen as súas aportacións. A Axenda é un documento estratéxico que recolle actuacións para mellorar a competitividade da industria galega a través de 5 Programas de Impulso, 26 obxectivos estratéxicos ...
27 febreiro 2015
Hoxe comezou o curso que se celebra no marco do proxecto ENTIC e que organiza o IGAPE en colaboración co Clúster TIC Galicia. As empresas socias Tesla Technologies e Itelsis forman parte da equipa de especialistas que impartirán a formación para a especialización no deseño e programación de dispositivos de monitorización e o control no ámbito da eficiencia enerxética.O curso é fundamentalmente práctico e ao alumnado contará cun Kit de Arduino para que poidan aplicar os coñecementos obtidos nos seus propios proxectos. A convocatoria tivo grande éxito de aceptación e as 121 inscricións tiveron que superar un proceso ...
24 febreiro 2015
O Presidente do Clúster TIC, Antonio Rodríguez del Corral, vén de participar nunha visita a Colombia con motivo da viaxe institucional da Xunta de Galicia a diversos países Latinoamericanos. Desde o 16 ao 18 de febreiro, mantivéronse xuntanzas con empresas e entidades colombianas que amosaron un alto interese en coñecer e estreitar lazos con empresas TIC galegas. Neste marco, o presidente do Clúster mantivo reunións coa Empresa de Telefonía de Bogotá (ETB); co Ministerio de las Tecnologías de la Información y la Comunicación; coa Corporación Colombiana Digital, concretamente co persoal encargado da posta en marcha do Plan Vive Digital, proxecto ...
19 febreiro 2015
81% das empresas socias prevé incrementar a plantilla durante o ano Un 67% ten aberto, actualmente, procesos de contrataciónHai perfís con alta demanda que non se atopan no mercado O Clúster TIC Galicia vén de realizar unha enquisa interna entre as súas empresas socias para ver a situación do emprego TIC en Galicia e as previsión que as empresas teñen para este ano 2015. Nestes momentos temos a un 67% de empresas con procesos abertos de selección de persoal. Os perfís máis demandados son: programación en Java; programación en distintistas plataformas para Comercio Electrónico; desenvolvedores de apps para móbiles ...
10 febreiro 2015
Cándo? Datas de celebración: sábados de 9 a 14 horas Febreiro: 28 Marzo: 7 e 14 Abril: 11, 18 e 25 Maio: 9, 23 Ónde? Escola Técnica Superior de Enxeñaría (Campus Vida – Santiago) Programa O Programa consta de 7 unidades didácticas:Internet das cousas e a súa aplicación na xestión da eficiencia enerxética. Casos de éxitoIntrodución a Internet das cousasSensores xenéricos e específicos para a eficiencia enerxéticaProgramación práctica de casos de éxito en sistemas de internet das cousasRedes de SensoresAlmacenamento de Datos: Bases de datos e plataformas CloudInterfaces e Visualización de datos O ...
29 xaneiro 2015
A cortesía de ERICSSON permitiu ao Clúster sortear, entre as pemes e startups socias interesadas, as tres entradas que lle dan acceso gratuíto ao maior encontro profesional do sector das telecomunicacións móbiles que se desenvolverá en Barcelona do 2 ao 5 de marzo, o Mobile World Congress Barcelona. O mércores 28 de xaneiro realizouse o sorteo e as empresas afortunadas son: Bahía Software, Imatia e Sixtema. Os parabéns! O Clúster TIC Galicia agradece a ERICSSON a colaboración e apoio que nos está prestando que a bo seguro irá en incremento e permitiranos acadar máis e maiores proxectos.
16 decembro 2014
O Clúster TIC Galicia e a Asociación de Empresas de Software Libre (Agasol) sumarán as súas forzas para contribuir ao melloramento da competitividade e ao crecemento do hipersector galego das tecnoloxías da información e das comunicacións. Os presidentes de ambas as dúas entidades, Antonio Rodríguez del Corral e Xavier Castaño García, respectivamente, asinaron hoxe un convenio de colaboración de duración indefinida que prevé a converxencia de actividades e o desenvolvemento de sinerxias.En virtude do acordo, Agasol e o Clúster pasarán a traballar de forma integrada e coordinada, como se dunha soa organización se tratase, e falarán cunha voz única ...
19 febreiro 2016
Durante o MWC mostrará os últimos avances que melloran o rendemento en velocidade, visualización e consumo de memoria dos navegadores.Igalia, consultora especializada no desenvolvemento de proxectos e solucións innovadoras baseadas en software libre, participará no Mobile World Congress (MWC), feira tecnolóxica que se celebra do 22 ao 25 en Barcelona baixo o lema “Mobile is everything”, onde mostrará as súas últimas innovacións en optimización e mellora de rendemento de navegadores para dispositivos intelixentes.A experiencia e innovación de Igalia en múltiples tecnoloxías, distribucións de software e plataformas ofrece aos fabricantes de electrónica de consumo as mellores solucións para os ...
12 febreiro 2016
O Subsecretario de Telecomunicaciones de Chile, Pedro Huichalaf, visitou esta mañá en Santiago de Compostela a sede central da empresa PLEXUS e puido coñecer os últimos desenvolvementos tecnolóxicos da empresa galega en materia de transportes e turismo, mostrándose interesado tamén noutros produtos ligados á sanidade ou á educación, nos que a empresa dirixida por Antonio Agrasar é especialista.O Subsecretario Huichalaf dixo estar gratamente impresionado pola capacidade de que unha empresa TIC como PLEXUS poida desenvolver produtos competitivos a escala internacional e ter interesado a empresas do seu país. “Valoro –dixo- a audacia dos galegos, a súa capacidade para chegar ...
4 decembro 2015
O pasado 18 de novembro Ozona recibiu notificación sobre a adxudicación do “contrato para os servizos de almacenamento seguro accesible a través de internet da documentación xerada polo Sistema de Xestión de Comisións do Consello Xeral do Poder Xudicial”. O Consello Xeral do Poder Xudicial é o órgano constitucional, colexiado, autónomo, integrado por xuíces e outros xuristas, que exerce funcións de goberno do Poder Xudicial coa finalidade de garantir a independencia dos xuíces no exercicio da función xudicial fronte a todos. Requiría para a extensión do seu Sistema “Xestión de Comisións” da adquisición dun sistema de almacenamento na nube, que ...
22 outubro 2015
SIGA 98, Servizos Integrales de Gestores Administrativos recibiu de TÜV Rheinland a certificación do Sistema de Xestión de Evidencias Electrónicas segundo a norma UNE 71505.A familia de normas UNE 71505 define os requirimentos do que se denomina SGEE Sistema de xestión de Evidencias Electrónicas onde se define o sistema de xestión e controles específicos sobre as evidencias, como por exemplo, a criptografía sobre certificados dixitais, a xestión de logs, o exhaustivo control de acceso lóxico á información, ademais de elementos e procesos sobre o intercambio de información e os parámetros de traballo para o denominado computer forensis.Para SIGA ...
9 outubro 2015
Un ano máis Disashop participou na Feria Super Mobility Week celebrada os días 9, 10 e 11 de setembro no recinto Sands Expo & Convention Center en Las Vegas, onde se deron a coñecer as últimas innovacións e novidades do sector.Nesta ocasión, Disashop presentou os novos modelos de autoservicio vending, Neón e Xenón, que tiveron unha grande acollida, tanto por parte das empresas, como por potenciais distribuidores de recargas, centrándose a maioría das visitas ao stand en recibir información dos novos terminais.A organización estima o número de asistentes este ano ao redor dos 30.000 visitantes con máis ...
1 outubro 2015
Grupo Solutio elixiu A Coruña como sede da súa equipa de Testing e QA de Software. Actualmente, da man de dúas grandes empresas locais, esta equipa está desenvolvendo proxectos de Testing e QA de aplicacións web e APP en dispositivos móbiles. Tamén se especializaron na optimización de procesos de desenvolvemento de software multiplataforma.Solutio realiza probas que melloran a eficiencia e a calidade xa que abarcan todas as dimensións do proxecto:cargaestabilidaderedecalidade de códigofuncionalidadesrendementoLOPDusuarioetc.O centro de traballo está situado na rúa Benito Blanco Raxoi, 7 - 1º A Coruña e os teléfonos de contacto son: 981 980 340 e 667 ...
24 setembro 2015
A socia Inteco Ingeniería colabora coa empresa de formación Quelqum e ofrecen 14 licenzas gratuítas do ERP Onix para fomentar a empregabilidade do alumnado que está realizando o curso de Administración e Programación en Sistemas de Planificación de Recursos Empresariais.Un ciclo formativo que está sendo impartido por Quelqum no marco das Accións Formativas para Desempregados da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia que conta coa cofinanciación do Fondo Social Europeo.As empresas poden solicitar prácticas destes alumnos expertos en implantacións do Sistema ERP Onix, poñéndose en contacto con Inteco Ingeniería ou con QuelQum.
29 xullo 2015
A compostelán Windsock vén de publicar este mes a nova web corporativa do grupo Aludec, unha multinacional viguesa líder mundial na fabricación de emblemas e monogramas para a industria da automoción con máis de trinta anos de historia.O proxecto abrangue o deseño, desenvolvemento e publicación do sitio corporativo, así como a redacción de contidos, produción fotográfica e vídeo industrial para a web. Os obxectivos plantexados polo cliente eran os de amosar as súas capacidades, tecnoloxías e produtos e posicionarse como un provedor de deseño de primeiro nivel para as principais marcas. O deseño e desenvolvemento da nova web están ...
24 xullo 2015
Euskaltel E “R” alcanzaron un principio de acordo para a integración de ambas compañías nun operador de telecomunicacións líder no norte de España, incrementando de maneira significativa a súa relevancia no mercado español e europeo, e a súa vez mantendo o seu forte posicionamento e compromiso nas rexións nas que goza dun profundo arraigo. CVC e Abanca acordan manter os compromisos de permanencia no capital da entidade resultante exixidos para Kutxabank con motivo da saída a bolsa de Euskaltel. Os accionistas comprométense a manter o carácter local de ambas compañías, que se verá traducido na continuidade das respectivas marcas, estruturas ...
2 xullo 2015
Fénix é un novo software de xestión clínica, especialmente pensado e optimizado para médicos e clínicas pequenas. Con Fénix pódese controlar e axilizar de maneira rápida e intuitiva todos os procesos que se dean no día a día das clínicas. Desde a chamada do paciente para solicitar unha cita, hasta a facturación dos servicios (xa sea ao propio paciente como a unha aseguradora), todos os procesos son centralizados en Fénix.DISTINTOS TIPOS DE USUARIOSAínda que toda a xestión da clínica se fai desde a mesma aplicación, Fénix define dous tipos de usuarios, o médico e o administrativo, centrados en ...
2 xuño 2015
Hoxe abriuse a nova nova sede do eHealth Joint Knowledge Centre (eJKC), a Unidade Mixta constituída por everis e Gradiant en colaboración coa Fundación Ramón Domínguez. Esta Unidade Mixta promoverá liñas de investigación e desenvolvemento tecnolóxico no ámbito da eSaúde, tendo como obxectivo principal a innovación TIC para mellorar a calidade de vida dos pacientes e facilitar o traballo dos profesionais da Saúde. O eJKC poñerá en valor a calidade científico-técnica galega para desenvolver liñas de traballo en torno ás necesidades tecnolóxicas dos sistemas sanitarios do futuro. Na área de envellecemento activo, que é unha prioridade non só en ...
21 maio 2015
O EBITDA ascendeu a 7,19 millóns de euros; o que supón un 37% máis que no exercicio anteriorO beneficio neto de Altia o ano pasado foi de 4,5 millóns de eurosA Xunta Xeral de Accionistas da compañía aprobou as contas do exercicio pasadoA cifra de negocio consolidada de Altia sitúase en 54.085.535,41 euros en 2014, un 19% máis que no ano anterior. “Este dato representa un 9% máis do previsto no Plan de Negocio da Compañía, que era de 49,4 millóns”, segundo sinalou Constantino Fernández Pico, presidente de Altia, na reunión da Xunta Xeral ...
12 maio 2015
A máis avanzada tecnoloxía de Google para empresas, Google for Work, será presentada en Galicia por Plexus e a multinacional de orixe irlandés, nunha sesión de traballo que se celebrará o vindeiro 28 de maio en Santiago de Compostela.A área de negocio de Google for Work axuda ás empresas no seu proceso de dixitalización e go-mobile, ofrecendo servizos Cloud Platform a través de aplicacións na nube como Maps for Work, Apps and Drive for Work, Search for Work e Chrome for Work. Según explica Google, “as empresas participantes serán as primeiras en coñecer algúns principios básicos para innovar as ...
7 maio 2015
O pasado 4 de maio tiveron lugar as primeiras consultas no novo Hospital Universitario do Sur de Glasgow, un dos complexos hospitalarios máis grandes e modernos de Europa, que incorpora tecnoloxía TIC desenvolvida en Galicia pola empresa PLEXUS. O equipamento tecnolóxico do novo complexo representou unha inversión global de 842 millóns de libras para automatizar ao máximo todos os servizos e cuidados ao paciente. Como parte deses servizos, os responsables do centro decidironse polo sistema de xestión de cita e circulación de pacientes da tecnolóxica galega PLEXUS, aoigual que fixeron anteriormente outros hospitais do Reino Unido –Queen Alexandra, Southerm General ...
10 abril 2015
None
Camilo Ameijeiras vén de presentar, xunto coa Concelleira de Turismo do Concello de Santiago, Reyes Leis; a nova web de santiagoturismo.com. As melloras máis significativas foron a adecuación aos distintos soportes, o emprego de vídeos .h264, xeolocalización con maior accesibilidade, ferramentas para redes sociais, fluidez de descarga e a optimización xeral a nivel SEO que mellora o posicionamento en buscadores. A nova web está optimizada para que o crecente número de visitas, que superan os catro millóns de visitas, atope de xeito áxil e doado a información que se persegue, ao tempo que a xestión para a súa ...
11 marzo 2015
Unha empresa socia busca: PROGRAMADOR WEBImprescindible:PHPApacheMySqlPostgreSQL Valorarase coñecemento en:Sistema Operativo Linux PythonJavaPlataformas específicas como: Delphi, Aptana, Magento, Prestashop, etc. Interesados enviar currículo a: info@clusterticgalicia.com antes das 14:00 horas do mércores 18 de marzo. IMPORTANTE: O Clúster TIC Galicia remitirá os currículos recibidos á empresa ofertante e esta poñerase en contacto cos interesados que considere.
23 febreiro 2015
3.14 FINANCIAL CONTENTS, máis coñecida como 3.14, é unha empresa de consultoría tecnolóxica e de desenvolvemento de software. Contamos con equipos de traballo fortemente especializados e acostumados a aportar solucións con calidade e eficiencia. Participamos en programas de investigación e desenvolvemento o que nos permite ofrecer produtos de vangarda.Necesitamos aumentar o noso equipo de traballo para o que buscamos:Enxeñeiro/a informático ou programador con elevados coñecementos. Integrarase nun equipo de desenvolvemento con proxectos internacionais e unha clara orientación cara a innovación. Desenvolverá en sistemas de código aberto, especialmente en Python e Django.Número de vacantes: 2 ...
19 febreiro 2015
SATEC, Sistemas Avanzados de Tecnología, S.A. é unha multinacional española integradora de solucións tecnolóxicas e especializada en servizos avanzados asociados ás novas Tecnoloxías da Información.Desde 1987 promoveu a cooperación cos seus clientes a través da innovación en procesos, medios e tecnoloxías contribuíndo ao cambio, a productividade e a competitividade nos negocios.Desde os seus inicios, SATEC buscou sempre incorporar aos mellores profesionais ao seu equipo humano, prestando sempre un servizo excelente aos seus clientes.Actualmente buscamos: Analista programador JAVAAnalista Java
None
6 febreiro 2015
Aesthar, é a ópera prima do estudo asturiano Nuberu Games, composto por catro xóvenes profesionais do desenvolvemento. Coa importante presenza da música orixinal de Vicent Tobar e Tartalo Music, o xogo encádrase na tipoloxía Runner, aínda que emprega mecánicas innovadoras para aumentar a diversión do xogador, dándolle profundidade e evitando as xogabilidades infinitas dos runners clásicos. Ao ser estructurado en niveis, cuxa curva de dificultade foi desenvolta de xeito adecuado, o xogador poderá experimentar as crecentes adversidades que Kara vivirá nos distintos territorios de Aesthar. A combinación de gráficos realistas xunto con cartoon apórtanlle ao xogo un aspecto único nas ...
29 xaneiro 2015
O recoñecemento fíxose público na pasada semana no Citrix Summit, evento anual de partners do fabricante, que tivo lugar en Las Vegas.O galardón foi entregado a Marcos Paredes, Socio-Director de Ozona, por: Luca Marinelli, Vicepresidente de vendas e estratexia de canle.Ozona Tecnología, compañía especialista en Virtualización e Cloud Computing, foi galardoada por Citrix como partner Western Europe na súa labor de creación de novo negocio durante o pasado ano 2014, un premio que recoñece o traballo que a compañía ven desenvolvendo nos últimos anos xerando novos proxectos e liderando a tecnoloxía.Citrix é a compañía líder mundial en ...
22 novembro 2021
O director científico do CiTIUS, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na Universidade de Santiago de Compostela, recibiu o pasado xoves en Madrid o galardón que recoñece a súa traxectoria investigadora na cerimonia de entrega dos Premios de Investigación Sociedade Científica Informática de España – Fundación BBVA 2020-2021.
«É unha honra inmensa. O meu agradecemento ao xurado, á SCIE e á Fundación BBVA non só polo galardón, senón tamén porque a través dos premios nacionais prestigian a investigación española en informática». Senén Barro, director científico do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago ...
22 outubro 2021
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha unha nova edición do Programa Tecnólog@ por un día, que volve a ofrecer a estudantes de 12 a 17 anos a oportunidade de experimentar, en primeira persoa, unha xornada laboral con profesionais das empresas do sector TIC en Galicia. A iniciativa desenvólvese no marco do Plan de Promoción de Talento Dixital de Galicia DigiTalent.
Nesta edición, retómase a presencialidade do programa e ofreceranse 66 prazas, grazas a colaboración de 6 empresas tecnolóxicas que, xunto coa Amtega, posibilitarán a experiencia de acoller a “Tecnólog@s por un día”: Altia ...
23 xuño 2021
A oportunidade que ten Galicia de especializarse en intelixencia artificial foi un dos argumentos da xornada coa que hoxe comezou a súa actividade o centro GaiásTech da Xunta, que ocupa unha superficie de 500 metros cadrados na Cidade da Cultura.
A xornada de traballo estivo precedida das intervencións da directora da Amtega, Mar Pereira, e da directora da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez. Así mesmo, o director da Área de Sociedade Dixital da Amtega, Miguel Rodríguez, ofreceu unha visión global do proceso de transformación dixital de Galicia que se reflicte na plataforma DixiTerrae.
A xornada técnica inaugural, baixo ...
22 xuño 2021
Un equipo de investigación interdisciplinar con participación do IGFAEcreou un prototipo para a detección de gas radon, un sistema modularpara monitorar e controlar a concentración de radon en contornaspechadas, de forma automática e a distancia
O gas radon é a maior fonte de exposición a radiación natural enhumanos e causa entre o 3 e o 14% dos casos de cancro de pulmón
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC colaborou no deseño e desenvolvemento dun prototipo para a detección de gas radon en edificacio ...
22 xuño 2018
A Asemblea Xeral Ordinaria do Clúster TIC de Galicia incluirá na edición do 28 de xuño de 2018 unha serie de mesas de traballo nas que os asociados poderán debatir sobre algúns dos temas máis relevantes no eido das novas tecnoloxías da comunicación. Estas mesas serán espazos físicos nos que, dende as 13:20 ata as 14:45 os asistentes exporán o estado e posibilidades de participación e influencia do Clúster TIC. Os asociados están convidados a formar parte deste evento previo á asemblea. Tamén se ofrecerá un xantar de networking ...
8 novembro 2016
Un ano máis, co obxectivo de estimular e recoñecer o traballo de todos os axentes comprometidos co desenvolvemento do tecido produtivo baseado na Sociedade da Información, convócase unha nova edición dos Premios Clúster TIC Galicia. Esta iniciativa pon de relevo ante a sociedade o labor das empresas, profesionais ou entidades que deseñan, programan, desenvolven, implantan ou usan produtos ou servizos galegos que teñen na innovación e no uso das novas tecnoloxías a súa razón de ser.Os galardóns convócanse en seis categorías: Innovación, Internacionalización, Liderado TIC, Start-ups e Software Libre, ás que se lles une nesta edición a categoría de ...
27 outubro 2015
O Comité Avaliador Experto dos Premios Clúster TIC Galicia vén de dar a coñecer aos finalistas das 5 categorías. Unha selección complicada dado o alto nivel das 34 candidaturas presentadas.Os finalistas son:Categoría Innovación:o AVANSIG (A Coruña)o EGATEL (San Cibrao das Viñas)o SINERGIA G6 (O Porriño) Categoría Internacionalización:o IGALIA (A Coruña)o Quobis (O Porriño)o Optare Solutions (Vigo) Categoría Liderado TIC:o ALTIA CONSULTORES (A Coruña)o CPEIG (Santiago de Compostela)o HEWLETT PACKARD SERVICIOS (Santiago de Compostela) Categoría Startup:o APPENTRA SOLUTIONS (A ...
19 abril 2012
Baixo o paraugas do grupo de traballo de Innovación e Demanda Temperá, poñeranse en marcha seis proxectos para a procura de mercados e oportunidades de negocio en nichos estratéxicos. Segundo a proposta presentada polo grupo de traballo e aprobada polo Comité Estratéxico do Cluster na súa reunión do pasado 12 de abril, as comisións ou subgrupos de traballo crearanse arredor de empresas interesadas en dedicar recursos a impulsar un proxecto de demanda temperá en cada unha das áreas seleccionadas.Cada subgrupo funcionará de maneira autónoma, cun responsable que reportará ao coordinador do grupo de traballo, que neste caso está liderado ...
9 marzo 2012
O grupo de traballo Innovación e Demanda Temperá traballará na posta en marcha de sete comisións para impulsar cada un dos proxectos seleccionados de ente a axenda estratéxica de I+D+i proposta por Vindeira e aprobada polo Comité de Dirección e o Comité Estratéxico do Cluster.As comisións ou subgrupos de traballo crearanse arredor de empresas interesadas en dedicar recursos a impulsar un proxecto de demanda temperá en cada unha das áreas seleccionadas. Unha vez acadada unha masa crítica mínima de empresas interesadas en cada proxecto, o subgrupo porase en marcha e funcionará de maneira autónoma. Haberá un coordinador ...
2 marzo 2012
O próximo luns, 5 de marzo, reunirase o grupo de traballo de Globalizción e Internacionalización para pulir os últimos detalles do Plan de Internacionalización do sector TIC galego. A elaboración dunha estratexia para dar un forte pulo á saída aos mercados exteriores das empresas do eido das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións é un compromiso adquirido polo Cluster ante a Consellería de Economía e Industria, e conta co apoio expreso da administración galega. Este plan, que está xa moi avanzado na súa elaboración, marcará obxectivos ambiciosos que deberán ser acadados nos próximos tres anos, e fixará como mercados preferentes ...
1 abril 2011
O grupo de Traballo de Formación rematou a elaboración da enquisa de necesidades formativas, tendo aprobado as conclusións do traballo na súa reunión correspondente ao mes de marzo. Ao cuestionario, que foi enviado a todas as empresas e entidades membros do Cluster, responderon o 24,27% dos consultados. Como principal conclusión, pódese sinalar que as necesidades de formación máis demandadas son as relacionadas coa Xestión de proxectos e coa Programación. O primeiro contido é sinalado polo 80% dos consultados, mentres que o segundo é solicitado polo 76%.Tras Xestión de Proxectos e Formación, os seguintes contidos con maior demanda son ...