O Ministerio de Industria, Energía y Turismo, a través da Entidade Pública Empresarial Red.es, vén de resolver a concesión de axudas no marco do programa “Mentoring en comercio electrónico”.
O Clúster TIC Galicia foi homologada para a realización deste proxecto no que colaboran as empresas socias AACCENTIA, ABERTAL, AVA e VISUAL PUBLINET que son as encargadas de executar baixo a coordinación do Clúster.
Os proxectos acadados saltan fronteiras autonómicas e permítenos ampliar negocio ao resto do estado xa que, dos 16 proxectos, 4 son de clientes de Andalucía e 1 de Asturias. Unha oportunidade para amosar as capacidades TIC galegas fóra de Galicia.
Este “Terceiro Programa de Mentoring en Comercio Electrónico” de Red.es, que conta cun orzamento de 18 millóns de euros, pretende desenvolver e fortalecer a capacidade da peme para expandir e potenciar o seu negocio a través de novas canles de venda, adoptar unha estratexia comercial para iniciar un proxecto de venda online, facilitar o seu posicionamento en internet e destacar a importancia dos aspectos operativos, técnicos, loxísticos e legais para garantir o éxito dunha tenda virtual.
Os obxectivos deste programa están en liña coas capacidades e competencias das empresas socias e a súa execución permite desenvolver un dos eixos estratéxicos do Clúster: fortalecer e potenciar a colaboración entre empresas.
None
Comentarios