O Clúster TIC Galicia suma as forzas de empresas, asociacións empresariais, colexios profesionais e outros axentes do macrosector das TIC de Galicia
5 xuño 2026
O Clúster TIC Galicia vén de poñer en marcha os servizos do Centro de Procesamento de Datos (CPD) situado no Centro de Servizos Avanzados (CSA) da Cidade das TIC da Coruña, unha infraestrutura de altas prestacións deseñada para dar soporte a proxectos de intelixencia artificial, computación avanzada e procesamento multimedia.
A través desta plataforma en liña, as compañías poden acceder a todas as funcionalidades necesarias para xestionar as súas máquinas virtuais e recursos de computación. Estes servizos están dispoñibles para calquera empresa tecnolóxica interesada no seu uso. Non obstante, as firmas socias do Clúster TIC Galicia beneficiaranse dun desconto superior ...
4 maio 2026
O Clúster TIC Galicia vén de lanzar un obradoiro centrado na IA e na colaboración con organismos de I+D+i do territorio galego que busca axudar ás empresas TIC a identificar oportunidades reais de desenvolver aplicacións e tecnoloxías de IA, facilitando o acceso a capacidades tecnolóxicas avanzadas e impulsando a xeración de proxectos colaborativos con potencial de financiamento público.
O programa do obradoiro estrutúrase en tres sesións:
12/05/2026 (Online) | Networking e capacidades
Obxectivo: coñecer de primeira man as capacidades en IA de centros como AtlanTTic, CESGA, CITIC, CiTIUS, Gradiant e ITG, e identificar posibles colaboracións.22/05 ...
4 maio 2026
O Clúster TIC Galicia organiza este mes de maio, e en colaboración co Igape, o obradoiro "Innovación con IA" co obxectivo de conectar empresas tecnolóxicas que dispoñen de solucións de intelixencia artificial maduras con compañías dos sectores da construción, a biotecnoloxía e a economía circular.
O programa estrutúrase como un itinerario práctico de tres sesións, en liña e/ou presenciais, orientado á creación ...
30 abril 2026
As empresas socias do Clúster TIC Galicia regresan da feira tecnolóxica eMerge Americas de Miami (EUA) con sensacións moi positivas tras unha intensa axenda de reunións, presentacións e toma de contacto co ecosistema tecnolóxico da cidade, un dos polos emerxentes máis relevantes dos Estados Unidos e porta de entrada tanto a este mercado como ao latinoamericano.
O evento, celebrado o pasado 24 e 25 de abril, e as actividades paralelas con organismos clave, como Abanca USA ou o Miami-Dade Beacon Council, permitiu ás compañías galegas avaliar oportunidades de negocio, coñecer as dinámicas do mercado norteamericano e establecer conexións clave para ...
29 maio 2026
Trátase do maior cume europeo sobre saúde dixital
O equipo da área sanitaria de Plexus Tech estivo presente na terceira edición do Health Revolution Congress, o maior cume europeo no sector, que se celebrou na cidade condal o 27 e 28 de maio.
A compañía tivo a oportunidade de participar e conectar con profesionais e empresas do ecosistema health care no marco deste evento. Dúas xornadas xunto a startups, hospitais, tecnolóxicas, profesionais sanitarios e expertos internacionais compartindo conversacións sobre IA, saúde dixital, datos, experiencia de paciente e todo o que está a redefinir o futuro o sector.
O Health Revolution ...
16 marzo 2026
O Igape vén de lanzar unha nova liña de préstamos directos do programa IG408B para o financiamento empresarial en Galicia, cunha dotación orzamentaria de 62,5 millóns de euros, cuxo obxectivo é facilitar o acceso ao crédito e impulsar o desenvolvemento e a competitividade do tecido empresarial galego.
Quen pode solicitar estes préstamos?
Poden ser beneficiarias desta convocatoria as empresas que desenvolvan unha actividade e conten cun centro de traballo en Galicia, así como outras entidades ou agrupacións que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.
O financiamento pode destinarse a diferentes actuacións vinculadas ao desenvolvemento empresarial galego, como ...
19 maio 2025
O Plan Galego de Investigación e Innovación 2025-2027, presentado pola Xunta o pasado mes de abril, postúlase como un ambicioso marco estratéxico para consolidar Galicia como un polo de referencia en investigación e innovación a nivel europeo e global, favorecendo a creación de novas tecnoloxías e a súa transferencia efectiva ao mercado.
Cun investimento de 1.310 millóns de euros, un 20% máis que o plan anterior, esta nova proposta, elaborada mediante un amplo proceso participativo, inclúe 165 actuacións articuladas a través de cinco programas verticais (Talento, Coñecemento, Innovación e emprendemento, Colaboración Estratéxica, Posicionamento), catro eixos estratéxicos transversais, denominados iniciativas ...
22 novembro 2021
O director científico do CiTIUS, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na Universidade de Santiago de Compostela, recibiu o pasado xoves en Madrid o galardón que recoñece a súa traxectoria investigadora na cerimonia de entrega dos Premios de Investigación Sociedade Científica Informática de España – Fundación BBVA 2020-2021.
«É unha honra inmensa. O meu agradecemento ao xurado, á SCIE e á Fundación BBVA non só polo galardón, senón tamén porque a través dos premios nacionais prestigian a investigación española en informática». Senén Barro, director científico do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago ...
Catálogo de produtos e servizos das entidades asociadas ao Clúster TIC
A REVISTA DO CLÚSTER
O Agrupación industrial TIC Galicia traballa para poñer en valor o sector galego das tecnoloxías da información e das comunicacións, promovendo a cooperación e desenvolvendo servizos e ferramentas que lles axuden de maneira efectiva a mellorar a súa competitividade e incrementar o seu volume de negocio.
Subscríbete ao noso boletín e mantente informado sobre os próximos eventos e últimas novas.
Responsable do tratamento: CLÚSTER TIC GALICIA.
Finalidade do tratamento: Publicitaria, xestión das altas no boletín do Clúster TIC.
Lexitimación: consentimento do interesado.
Para más información consulta a nosa política de privacidade.