5 xuño 2026
O Clúster TIC Galicia vén de poñer en marcha os servizos do Centro de Procesamento de Datos (CPD) situado no Centro de Servizos Avanzados (CSA) da Cidade das TIC da Coruña, unha infraestrutura de altas prestacións deseñada para dar soporte a proxectos de intelixencia artificial, computación avanzada e procesamento multimedia.
A través desta plataforma en liña, as compañías poden acceder a todas as funcionalidades necesarias para xestionar as súas máquinas virtuais e recursos de computación. Estes servizos están dispoñibles para calquera empresa tecnolóxica interesada no seu uso. Non obstante, as firmas socias do Clúster TIC Galicia beneficiaranse dun desconto superior ...
4 maio 2026
O Clúster TIC Galicia vén de lanzar un obradoiro centrado na IA e na colaboración con organismos de I+D+i do territorio galego que busca axudar ás empresas TIC a identificar oportunidades reais de desenvolver aplicacións e tecnoloxías de IA, facilitando o acceso a capacidades tecnolóxicas avanzadas e impulsando a xeración de proxectos colaborativos con potencial de financiamento público.
O programa do obradoiro estrutúrase en tres sesións:
12/05/2026 (Online) | Networking e capacidades
Obxectivo: coñecer de primeira man as capacidades en IA de centros como AtlanTTic, CESGA, CITIC, CiTIUS, Gradiant e ITG, e identificar posibles colaboracións.22/05 ...
4 maio 2026
O Clúster TIC Galicia organiza este mes de maio, e en colaboración co Igape, o obradoiro "Innovación con IA" co obxectivo de conectar empresas tecnolóxicas que dispoñen de solucións de intelixencia artificial maduras con compañías dos sectores da construción, a biotecnoloxía e a economía circular.
O programa estrutúrase como un itinerario práctico de tres sesións, en liña e/ou presenciais, orientado á creación ...
30 abril 2026
As empresas socias do Clúster TIC Galicia regresan da feira tecnolóxica eMerge Americas de Miami (EUA) con sensacións moi positivas tras unha intensa axenda de reunións, presentacións e toma de contacto co ecosistema tecnolóxico da cidade, un dos polos emerxentes máis relevantes dos Estados Unidos e porta de entrada tanto a este mercado como ao latinoamericano.
O evento, celebrado o pasado 24 e 25 de abril, e as actividades paralelas con organismos clave, como Abanca USA ou o Miami-Dade Beacon Council, permitiu ás compañías galegas avaliar oportunidades de negocio, coñecer as dinámicas do mercado norteamericano e establecer conexións clave para ...
29 abril 2026
O Clúster TIC Galicia organizou hoxe na Cidade das TIC a primeira sesión pitching do programa Tech Angels ante as empresas socias interesadas en coñecer de primeira man os proxectos seleccionados para participar na convocatoria, posta en marcha o pasado mes de marzo coa colaboración do Igape.
A xornada reuniu a seis emprendedores e startups, así como a empresas tractoras do ecosistema tecnolóxico galego -Aldaba, Cuatro Digital, cinfo, Dimensiona, Dos Espacios, Green Skills, Imatia, Ipglobal, Itelsis, Merlin Software, Ozona, Quobis, Sg Tech- co obxectivo de promover alianzas estratéxicas entre ambas partes para impulsar o desenvolvemento das solucións presentadas.
Propostas ...
24 abril 2026
O Clúster TIC Galicia impulsa, por terceiro ano consecutivo e en colaboración co ICEX e o Igape, a participación de empresas tecnolóxicas galegas en eMerge Americas, un dos principais eventos do sector a nivel internacional e porta de entrada aos mercados de Estados Unidos e Latinoamérica, que se celebra ata mañá ...
15 abril 2026
O Clúster TIC Galicia, en colaboración con DATAlife, organiza un webinario sobre o impacto para o sector tecnolóxico galego da Lei de Mercados Dixitais (DMA) e a Lei de Servizos Dixitais (DSA), que terá lugar o vindeiro mércores 29 de abril ás 16:00 h, e no que xa podes reservar a túa praza.
Esta sesión pechará o ciclo de conferencias posto en marcha pola entidade o pasado mes de febreiro, co propósito de analizar os retos e oportunidades que presenta a nova regulación europea no ámbito dixital para ecosistema TIC, ofrecendo unha visión práctica e clara sobre o ...
10 abril 2026
O Clúster TIC Galicia vén de adxudicar a Sixtema a contratación do deseño e implementación dunha plataforma dixital que permita centralizar os principais servizos da entidade a través de diferentes módulos.
A compañía será a encargada de desenvolver esta solución, que se despregará integramente en infraestrutura on premise, a través dos servidores do Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC, e que actuará como base do primeiro Xemelgo Dixital do sector TIC galego.
As empresas concursantes cuxas propostas non resultaron adxudicatarias teñen ata o 15 de abril de 2026, incluído, para presentar calquera tipo de alegación relacionada co proceso ...
6 abril 2026
O Clúster TIC Galicia, en colaboración coa Amtega e a Asociación de Executivas de Galicia, organizan a sesión "Ciberseguridade para PEMEs e autónom@s: o poder das persoas", que terá lugar o vindeiro xoves 16 de abril, ás 16:00 h, no centro GaiásTech, en Santiago de Compostela.
Esta xornada ten como obxectivo afondar nos principais riscos de ciberseguridade que poden afectar á vida cotiá, tanto no ámbito profesional como persoal. Ademais, ofreceranse pautas prácticas para identificar técnicas de manipulación e engano empregadas nos ciberataques, con especial atención ao phishing, a ameaza máis habitual.
O programa será o seguinte ...
25 marzo 2026
O Clúster TIC Galicia reafirma o seu compromiso coa igualdade de oportunidades e coa promoción das vocacións científico-tecnolóxicas entre a mocidade galega coa súa participación nunha nova edición do programa “Que non te líen, ti elixes”, impulsado polas consellerías de Emprego, Comercio e Emigración e de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta en centros escolares de todo o territorio.
Esta iniciativa, centrada na orientación académica e profesional libre de estereotipos de xénero, conta así, un ano máis, coa implicación directa de dez mulleres profesionais do sector tecnolóxico que traballan en empresas socias do Clúster TIC Galicia:
Olalla Rodríguez ...