19 maio 2025
O Plan Galego de Investigación e Innovación 2025-2027, presentado pola Xunta o pasado mes de abril, postúlase como un ambicioso marco estratéxico para consolidar Galicia como un polo de referencia en investigación e innovación a nivel europeo e global, favorecendo a creación de novas tecnoloxías e a súa transferencia efectiva ao mercado.
Cun investimento de 1.310 millóns de euros, un 20% máis que o plan anterior, esta nova proposta, elaborada mediante un amplo proceso participativo, inclúe 165 actuacións articuladas a través de cinco programas verticais (Talento, Coñecemento, Innovación e emprendemento, Colaboración Estratéxica, Posicionamento), catro eixos estratéxicos transversais, denominados iniciativas ...