Actividade
SATEC, Sistemas Avanzados de Tecnología, S.A. é unha multinacional española integradora de solucións tecnolóxicas e especializada en servizos avanzados asociados ás novas Tecnoloxías da Información. Desde 1987 promoveu a cooperación cos seus clientes a través da innovación en procesos, medios e tecnoloxías contribuíndo ao cambio, a produtividade e a competitividade nos negocios.
Os principios que rexen as suas actuacións son: unha sólida base tecnolóxica e a alta cualificación dos seus profesionais, unidas a unha experta xestión dos provedores, cunha atención constante á calidade do produto ou servizo, unha innovación permanente, unha dilatada experiencia na implantación de solucións en máis dun milleiro de clientes e unha relación privilexiada cos seus partners tecnolóxicos, sempre enfocados cara ao cliente cun compromiso firme de ofrecer solucións e servizos innovadores que se adapten ás súas necesidades específicas.
Na actualidade conta cun persoal de máis de 1.000 persoas. De capital español, SATEC é hoxe un grupo empresarial internacional con presenza activa en sete países.
Complementariamente á actividade principal, SATEC participa nunha empresa enfocada cara á prestación de solucións específicas como é o caso de InterHost, focalizada en solucións de enxeñaría de Centros de Datos e hosting.
Enderezo
Parque Tecnológico y Logístico de Valladares, Calle C, Nave D-14, Planta 1
Código Postal
36315
Poboación
Vigo
Provincia
Pontevedra
Teléfono
917 089 000
Áreas de Negocio
Conectividade e Integración de Sistemas , Consultoría e Auditoría , Desenvolvemento de Software , Formación , Hardware de Base , Portais e Plataformas Web , Seguridade Informática , Soporte e Mantemento de Infraestruturas e Sistemas , Telecomunicacións e Operadoras
Sedes Nacionais
Asturias , Barcelona , Bizkaia , Ciudad Real , Madrid , Pontevedra , Santa Cruz de Tenerife , Sevilla , Toledo , Valladolid
Sedes Internacionais
Angola , Arabia Saudí , Argelia , Costa de Marfil , Marruecos , Portugal
Tipo de Entidade
Empresa