Actividade
NTT DATA Europe & Latam nace da alianza entre everis e o grupo NTT DATA para levar a transformación e a innovación a clientes en Europa e Latinoamérica. Son un dos 6 principais provedores mundiais de servizos de TI, con sede en Tokio, e operan en máis de 65 países.
Acompañan no camiño da transformación e da innovación aos seus clientes, crecendo ao seu carón, abrazando sen medo a complexidade dos seus retos para facelos posibles.
A través dunha ampla oferta de servizos de consultoría estratéxica e Advisoring, tecnoloxías de vangarda, aplicacións, infraestrutura, modernización de TI e BPOs, combinados cunha profunda experiencia en todos os sectores de actividade económica e das comunidades onde teñen presencia en NTT DATA, logran facer posible o imposible.
Poñen o seu empeño na construción dunha comunidade de persoas única e aberta, liderada por uns valores compartidos, que foi medrando coma unha gran rede de talento colectivo capaz de multiplicar a súas capacidades e o seu coñecemento, para responder con axilidade ás necesidades cambiantes dos seus clientes e anticiparse con intelixencia ao futuro.
Queren seguir construíndo un entorno único de colaboración, creativo, cercano e xeneroso, que lles permita seguir evolucionando xuntos, como comunidade e como sociedade, e prosperando nun día a día cheo de novas e mellores posibilidades.
Enderezo
r/ Enrique Mariñas, 36 - Planta 9
Código Postal
15009
Poboación
A Coruña
Provincia
A Coruña
Teléfono
981 910 340
Áreas de Negocio
Conectividade e Integración de Sistemas , Consultoría e Auditoría , Desenvolvemento de Software , Portais e Plataformas Web , Soporte e Mantemento de Infraestruturas e Sistemas
Sedes Nacionais
A Coruña , Alicante , Asturias , Barcelona , Bizkaia , Cantabria , Ciudad Real , Madrid , Murcia , Salamanca , Sevilla , Valencia , Valladolid , Zaragoza
Sedes Internacionais
Argentina , Brasil , Bélgica , Chile , Colombia , Estados Unidos de América , Francia , Italia , México , Perú , Portugal , Reino Unido
Tipo de Entidade
Empresa