13 maio 2026
O Clúster TIC Galicia vén de celebrar esta semana as primeiras sesións dos obradoiros de innovación, financiados polo Igape no marco da súa liña de axudas IG300H, para promover a colaboración entre empresas tecnolóxicas e entidades de diversa índole para o desenvolvemento de propostas baseadas en IA:
Obradoiro dirixido a organismos de I+D+i e empresas TIC para impulsar proxectos susceptibles de financiamento público: 12, 22 e 28 de maioNa primeira sesión, celebrada o 12 de maio, participaron 41 expertos de seis organismos galegos de investigación e tecnolóxicos -atlanTTIC, CESGA, CITIC, CiTIUS, Gradiant e ITG-, así como 19 ...
4 maio 2026
O Clúster TIC Galicia vén de lanzar un obradoiro centrado na IA e na colaboración con organismos de I+D+i do territorio galego que busca axudar ás empresas TIC a identificar oportunidades reais de desenvolver aplicacións e tecnoloxías de IA, facilitando o acceso a capacidades tecnolóxicas avanzadas e impulsando a xeración de proxectos colaborativos con potencial de financiamento público.
O programa do obradoiro estrutúrase en tres sesións:
12/05/2026 (Online) | Networking e capacidades
Obxectivo: coñecer de primeira man as capacidades en IA de centros como AtlanTTic, CESGA, CITIC, CiTIUS, Gradiant e ITG, e identificar posibles colaboracións.22/05 ...
4 maio 2026
O Clúster TIC Galicia organiza este mes de maio, e en colaboración co Igape, o obradoiro "Innovación con IA" co obxectivo de conectar empresas tecnolóxicas que dispoñen de solucións de intelixencia artificial maduras con compañías dos sectores da construción, a biotecnoloxía e a economía circular.
O programa estrutúrase como un itinerario práctico de tres sesións, en liña e/ou presenciais, orientado á creación ...
16 marzo 2026
O Igape vén de lanzar unha nova liña de préstamos directos do programa IG408B para o financiamento empresarial en Galicia, cunha dotación orzamentaria de 62,5 millóns de euros, cuxo obxectivo é facilitar o acceso ao crédito e impulsar o desenvolvemento e a competitividade do tecido empresarial galego.
Quen pode solicitar estes préstamos?
Poden ser beneficiarias desta convocatoria as empresas que desenvolvan unha actividade e conten cun centro de traballo en Galicia, así como outras entidades ou agrupacións que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.
O financiamento pode destinarse a diferentes actuacións vinculadas ao desenvolvemento empresarial galego, como ...
22 xaneiro 2026
O Clúster TIC Galicia celebrou hoxe a xornada “Proxectos IA360: Desenvolvemento Tecnolóxico e Innovación con IA” na Cidade das TIC da Coruña, que contou coa presenza de Patricia López, subdirectora de Innovación Empresarial do Igape, e na que se deron a ...