15 xaneiro 2026
O Clúster TIC Galicia organiza o vindeiro xoves 22 de xaneiro, de 10:00 a 13:30 h, no CSA da Cidade das TIC (A Coruña) o evento “Proxectos IA360 - Desenvolvemento Tecnolóxico e Innovación con IA”, no que se presentarán os resultados finais de diferentes procesos e produtos baseados en intelixencia artificial de socios da entidade.
Esta xornada, de carácter presencial, é unha excelente oportunidade para coñecer as propostas de 20 empresas asociadas do Clúster TIC Galicia, desenvolvidas ao abeiro da convocatoria IA360 do Igape, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. Os proxectos ...
22 decembro 2025
Este ano vén de marcar un punto de inflexión para o sector tecnolóxico galego. Ao longo de 2025, dende o Clúster TIC Galicia despregamos unha intensa actividade estratéxica cun obxectivo claro: sentar as bases do crecemento, a competitividade e a proxección internacional do ecosistema TIC da nosa comunidade cun eixo vertebrador, a elaboración do Plan Director da Industria TIC de Galicia.
Impulsado pola Secretaría Xeral de Industria, este documento, o primeiro na historia do sector, busca reforzar o papel tractor das TIC sobre o conxunto da economía e consolidar ao Clúster como entidade vertebradora do ecosistema, baseándose en eixos clave ...
29 outubro 2025
O Clúster TIC Galicia participa por primeira vez en Tech Show Madrid, un dos encontros tecnolóxicos de referencia a nivel estatal, que se celebra hoxe e mañá en Ifema. A organización busca impulsar así a innovación con selo galego a través dun stand propio (9E94) na área Big Data & AI World, que reúne ás súas asociadas 2bedigital, CTL Spain, DataDefend ...
28 outubro 2025
No marco do Encontro Internacional España-India, que se celebra en Valencia o 3 e 4 de novembro, deseñáronse visitas a diferentes ecosistemas rexionais para amosar ás delegacións indias o potencial de colaboración con empresas, institucións e centros de innovación españois.
Entre estes ecosistemas atópase o galego, onde o Clúster TIC Galicia colabora ofrecendo a oportunidade de manter reunións individuais con estas empresas, a través do evento Nexus INDIA, que terá lugar na Coruña o 5 de novembro, co seguinte programa e estrutura:
Sesión de mañá con relatorios no Club Cámara Noroeste.Almorzo de networking.Sesión de tarde con reunións 1to1 ...16 outubro 2025
O Clúster TIC Galicia organiza, en colaboración con Node Hub, un "Taller para o Desenvolvemento da Innovación Interna", o vindeiro martes 28 de outubro, de 9:00 h a 14:00 h, no Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC (A Coruña). Trátase dunha xornada práctica, aberta a empresas que queiran impulsar a creatividade, fomentar a cultura innovadora e descubrir novas formas de resolver retos reais dentro da súa organización.
Carlota Corzo, senior strategy advisor de Innovaslab, será a encargada de abrir a sesión cunha keynote inspiradora sobre como converter as ideas en impacto. Corzo foi incluída na prestixiosa ...
13 outubro 2025
O Clúster TIC Galicia participa por primeira vez e con stand propio na prestixiosa feira internacional GITEX Global 2025, que se celebra dende hoxe ata o 17 de outubro en Dubái. Faino xunto a seis empresas socias, Quobis, Inverbis Analytics, Situm, Tarlogic, CTL e 2bedigital, que representan a metade das compañías españolas que asistirán ao evento. Esta acción conta cunha axuda do Igape (Galicia Exporta Organismos Intermedios 2025), cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027.
Coa súa presenza, no stand H25-E45 do pavillón 25, buscan abrirse mercado no Golfo Pérsico e explorar novas oportunidades de negocio ...
8 outubro 2025
O Clúster TIC Galicia, en colaboración co Clúster do Ecommerce Galego e o Igape, organiza o webinario «Desafíos na propiedade intelectual do software» o vindeiro 30 de outubro ás 16:00 h, con inscrición previa gratuíta.
Alberto Álvarez Flores, responsable de patentes, marcas e consultoría na asesoría e xestoría Álvarez Real e axente oficial da propiedade industrial, analizará os principais retos aos que se enfrontan as empresas tecnolóxicas e de comercio dixital para salvagardar as súas creacións software e evitar así a exposición destas ideas innovadoras.
Con este obxectivo, durante a xornada en liña, abordaranse:
As principais ...25 setembro 2025
O Clúster TIC Galicia celebrou hoxe un webinario para presentar quince proxectos de empresas socias baseados en intelixencia artificial (IA), beneficiarios da convocatoria ...
17 setembro 2025
O Clúster TIC Galicia celebrará o próximo xoves 25 de setembro, de 9:30 h a 11:15 h, o webinar “Proxectos IA360 - Desenvolvemento Tecnolóxico e Innovación con IA”, no que se presentarán os proxectos de 15 empresas socias que contan con financiación da convocatoria IG408M do Igape, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.
Os proxectos que se amosarán son os seguintes:
Cinfo: TIIVII toolbox: sistema de IA.Deicom Technologies: RedIA. Análise de datos e IA aplicada á supervisión avanzada de redes de baixa tensión.Galvin Tecnológica (Galvintec): MOODULAR IA ...5 setembro 2025
O pasado mes de maio, o Clúster TIC Galicia puxo en marcha un proxecto piloto de FP Dual Multiempresa no IES Fernando Wirtz da Coruña, en colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Unha iniciativa experimental, de dous anos de duración, que busca ofrecer formación técnica específica ao alumnado a través de diferentes master class na Cidade das TIC, o primeiro curso, e da súa incorporación a empresas tecnolóxicas e doutros sectores, o segundo curso, co obxectivo de achegarse a unha contorna profesional real.
Tras dous meses e medio de intensa capacitación práctica no ...
7 agosto 2025
Suma 148 organizacións, que facturan máis de 1,2 millóns de euros e empregan ao redor de 17.500 profesionais na comunidade galega
O Plan Director da Industria das TIC é o proxecto estratéxico deste ano, que está a elaborar en colaboración coa Consellería de Economía e Industria
Outras accións clave pasan por seguir captando talento, incidir na capacitación, reforzar o papel no exterior e potenciar a participación en concursos
O Clúster TIC Galicia vén de confirmar un incremento do 40% no seu volume de socios nos últimos tres anos, dato que reflicte unha evolución positiva e sostida dende o ...
8 xullo 2025
O presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, participou hoxe no foro Galicia Conecta sobre tecnoloxías cuánticas, que organizou Telefónica na Cidade da Cultura de Galicia, e que reuniu a diferentes empresas e expertos na materia, como Lois Orosa, director do CESGA. No encontro abordouse o novo escenario que abren, tanto para o ámbito público como para a industria, as tecnoloxías cuánticas e a súa combinación con outras innovacións disruptivas como a intelixencia artificial.
O máximo responsable do Clúster TIC Galicia interviu na mesa redonda "Tecnoloxías cuánticas, unha nova forma de procesar e transformar a sociedade", moderada ...