A execución dos proxectos estiveron a cargo das empresas socias: Imatia e Sixtema, no AUTOTIC; e de Infonet e Hacce no CONTROLBOX.
Sobre os proxectos:
AUTOTIC: ten como obxectivo a creación e desenvolvemento de tecnoloxía adecuada que permita simplificar e axilizar o desenvolvemento de aplicacións móbiles híbridas de forma sinxela, produtiva e escalable. O campo de aplicación demostrativo de ditas tecnoloxías é o do coche conectado, polo que para facilitar a transferencia de coñecemento desenvolveuse unha aplicación que involucra coche conectado, balizas de proximidade e sistemas de información xeográfica.
CONTROLBOX: produto innovador no campo da seguridade informática, mediante a parametrización, configuración e integración de hardware con ferramentas de software que permite observar, rexistrar e descubrir o que sucede nunha rede de equipos informáticos mediante a interceptación das comunicacións e toda a actividade realizada nos equipos. Controbox permite descubrir e obter evidencias de fugas de información, empregados desleais, hábitos de navegación incorrectos, ameazas de seguridade internas, problemas de mobbing e ameazas e facilitar o cumprimento de determinadas obrigacións legais segundo obriga o regulamento da LOPD.
None
Comentarios