30 outubro 2015
Avansig, Quobis, Altia, Brookesia Design and Technologies e Igalia son os gañadores dos Premios Clúster TIC Galicia 2015. Os representantes das cinco entidadas recolleron os seus galardóns onte ao serán, nunha gala que se desenvolveu no marco do evento LibreCon, na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.Os proxectos premiados abranguen iniciativas de internacionalización e desenvolvementos tecnolóxicos nos eidos dos drons, as App para vehículos, gadgets multifunción e plataformas para set-top-boxes de operadoras.Con estes premios, o Clúster recoñece o traballo de todos os axentes comprometidos co desenvolvemento do tecido produtivo baseado na Sociedade da Información, poñendo ...
16 outubro 2015
AGASOL, ASOLIF e Clúster TIC Galicia organizan a quinta edición de LibreCon, conferencia de negocio e tecnoloxías abertas, os próximos días 29 e 30 de outubro en Santiago de Compostela, a axenda publicouse esta semana. A Cidade da Cultura congregará durante dúas xornadas a responsables do mundo da empresa, a administración e a educación para dar a coñecer tendencias e casos de éxito baseados en tecnoloxías abertas que están a facer máis competitivas e innovadoras a empresas e administracións públicas. LibreCon mantén o seu obxectivo fundamental de creación de negocio e emprego en todos os ...
5 outubro 2015
O Clúster TIC Galicia busca estimular e recoñecer a labor de creación dos empresarios e profesionais que, sentíndose comprometidos coa creación e expansión de tecido produtivo baseado na Sociedade da Información en Galicia, deseñan, programan, desenvolven, implantan ou usan produtos e servizos galegos que teñen na innovación e no uso das novas tecnoloxías a súa razón de ser.Os galardóns convócanse en cinco categorías: Innovación, Internacionalización, Liderado TIC, Start-ups e Software Libre.Poderán presentar as súas candidaturas todas aquelas empresas e profesionais que realicen proxectos no campo das tecnoloxías da información e as comunicacións, ben sexa como provedores ou como ...
23 setembro 2015
O 21 de setembro asinouse o Convenio de Colaboración coa Xunta de Galicia para a consecución de obxectivos comúns de dispor de análises sectoriais de necesidades e oportunidades de implantación das TIC en PEMEs dun determinado sector (denominados Plans de Sistemas Sectoriais), e por ende, contribuír aos piares fundamentais da mellora da produtividade das pequenas e medianas empresas que determinará a onde se deben dirixir os apoios da administración para a posta en marcha destas ferramentas.O Convenio recolle diversas tarefas destinadas á realización do Plan de Sistemas a un máximo de tres sectores produtivos, que se están definindo, e ...
18 setembro 2015
A próxima semana damos peche ao proxecto ENTIC que foi desenvolto en cooperación por distintos organismos de Galicia-Norte de Portugal, liderados polo IGAPE, no marco da iniciativa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea e que ten o obxectivo de promover a incorporación nas empresas de medidas de eficiencia, diversificación enerxética, e sistemas e ferramentas TIC que permitan reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e incrementar a eficacia no uso dos recursos.O Clúster TIC participou activamente neste proxecto para seguir desenvolvendo un dos nosos piares de especialización a ...
16 setembro 2015
O pasado 8 de setembro fíxose pública a marca na que se unen os 10 Clústeres Excelentes de Galicia. Baixo a lenda Unidos para ser máis COMPETITIVOS os clústeres dos sectores da acuicultura, alimentación, audiovisual, automoción, gráfico, granito, madeira, naval, textil e TIC; poñen cara a máis de catro anos de traballo para fraguar este proxecto común.Este consenso nace auspiciado polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) a través do proxecto ATClusters Galicia. Visualizando así a aposta firme que fai a institución polo desenvolvemento económico a través dos clústeres, ao igual que o vén facendo a Unión Europea.Como ...
16 setembro 2015
O Clúster TIC Galicia quere dar respaldo e recoñecemento a empresas e proxectos que xeran negocio, melloran a competitividade e axudan no crecemento empresarial de Galicia. Cos Selos Clúster pretendemos xerar confianza e aliñar capacidades de grandes e pequenas empresas para potenciar marcos de colaboración e cooperación. Es Empresa Tractora? Tes Proxecto Colaborativo? Mira as base e solicita o teu selo!Bases Selo Empresa TractoraPretende recoñecer ás empresas dimensionadas que fomenten o crecemento e fortalecemento das Pemes a través da subcontratación. Os principais requisitos para obter dito selo son: Ser socio do Clúster TIC Galicia e estar ao corrente ...
9 setembro 2015
Bahía Software, Cinfo, Egatel, Igalia, Itelsis, Tesla Technologies e VisualPublinet levan a Amsterdam o potencial das TIC galegas.O 10 de setembro arranca o IBC 2015 Amsterdam, o maior evento para profesionais da creación, xestión e entrega de contido de entretemento e novas de todo o mundo. Nesta edición a feira conta con máis de 55.000 asistentes de 170 países; 300 poñentes no apartado de conferencias; e 1.700 provedores que exhibirán as súas últimas innovacións e tecnoloxías especializadas nos medios electrónicos e de entretemento. Unha oportunidade de negocio e coñecemento que aproveitarán as TIC galegas. CINFO [5.B18 ...
28 agosto 2015
Comezamos unha nova actividade para potenciar a colaboración, coñecemento e negocio entre empresas socias.Favorecer o factor arrastre e dar a coñecer os produtos e capacidades das TIC galegas son os dous motores nos que baseamos este proxecto. METODOLOXÍA XERAL DOS ALMORZOSAcorde as indicacións de interese dadas polos socios, o Clúster irá organizando almorzos coas persoas, empresas e entidades. A persoa|empresa|entidade convidada será quen especifique as características que busca e determinará as súas preferencias de reunión entre os socios que manifesten o seu interese.O número de prazas máximo será de 5 para que a posibilidade de ...
30 xullo 2015
El Clúster TIC Galicia desarrolló su “Jornada de Descubrimiento de Proyectos Clúster TIC Capital Network” en la que se facilitó el conocimiento y contacto entre emprendedores TIC e inversores y que constituyó una nueva oportunidad para dar apoyo a la creación y al crecimiento de empresas de base tecnológica en Galicia. En esta ocasión, se presentaron 13 proyectos de los que fueron seleccionados 5 que tuvieron la oportunidad de exponer sus ideas y modelos de negocio ante el Club de Inversores del Clúster TIC Galicia y otros inversores públicos y privados participantes en la jornada. Todos los proyectos que se ...
16 xullo 2015
O Clúster TIC Galicia pecha o prazo ás 23:59 h. do próximo domingo, 19 de xullo, para participar na xornada de emprendedores-investidores CLÚSTER TIC CAPITAL NETWORK. A maior iniciativa de investimento TIC de Galicia na que se identifican oportunidades de negocio e mecanismos de financiamento para apoiar a creación e ampliación de EBTs, así como a de facilitar os procesos de co-investimento en proxectos mediante a atracción de investidores privados que complementen os mecanismos de investimento público existentes. QUÉN SE PODE PRESENTAR? Emprendedores, startups e empresas de base tecnolóxica que teñan ou non produto no mercado; que se ...
6 xullo 2015
O decálogo do Clúster TIC, que está xa aprobado, será marco de referencia para o crecemento e mellora das TIC galegas.O Clúster TIC Galicia celebrou a súa Asemblea anual cunha alta participación dos socios que ratificaron por unanimidade todos os puntos da orde do día.Previa á Asemblea os socios participaron nunha charla sobre Compra Pública Innovadora (CPI), na que a Directora da Área de Programas, Pilar Morgade e o Coordinador da Unidade de Planificación e Cooperación Estratéxica, Enrique Rohrer da Axencia Galega de Innovación (GAIN), expuxeron as claves da CPI, das necesidades detectadas e das oportunidades que se ...
1 xullo 2015
Enfocado á obtención do resultado final: A elaboración e presentación conxunta dun proxecto con aplicación no terreo da eficiencia enerxética, mediante prototipos deseñados cos materiais e coñecementos adquiridos no obradoiro Cándo? Datas de celebración: do 13 ao 24 de xullo en horario de 17:00 h. a 21:00 h. Ónde? Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) – Santiago Programa O Programa consta de 5 unidades didácticas:Internet das cousas (IoT) e a súa aplicación na xestión da eficiencia enerxética. Compoñentes, tecnoloxías e estándares IoTSensorización e monitorización para a eficiencia enerxética: Hardware, software, comunicación, conectividade ...
25 xuño 2015
Librecon ten por obxectivo fundamental a creación de negocio e emprego en todos os sectores da sociedade a través das tecnoloxías libres, a innovación e o emprendemento. Esta edición xirará ao redor da electrónica de consumo e o sector da automoción –sistemas de entretemento, automóbil conectado-, Internet Of Things e a nova educación, ademais de reservar un espazo para o eCommerce. Librecon 2015 | Negocio, competitividade e emprego Contaremos con poñentes de relevancia internacional que exporán a súa visión sobre o uso e o desenvolvemento de tecnoloxías abertas como é o caso de Canonical, que xa ten confirmada a súa participación ...
25 xuño 2015
O vindeiro día 30 de xuño terá lugar a Asemblea Xeral Ordinaria, na que ademais planifícase unha charla previa na que a Axencia Galega de Innovación comentará a súa política de CPI para os vindeiros anos. Charla sobre Compra Pública Innovadora da Axencia GAIN O martes 30 de xuño, ás 16:00h, contaremos coa presenza de Pilar Morgade, Directora da Área de Programas da Axencia Galega de Innovación, que realizará unha breve intervención sobre os procesos de Compra Pública Innovadora (CPI) que impulsará a Axencia GAIN ao longo dos próximos anos. A charla está aberta a todos os socios ...
25 xuño 2015
O Clúster TIC Galicia colabora co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) que organiza unha xornada sobre as oportunidades que se abren para as empresas TIC no eido da Compra Pública Innovadora. Data e Lugar: 2 de xullo no edificio CERSIA en Santiago de Compostela Horario e estrutura da xornada: 9:30 | Presentación da Xornada a cargo do Presidente do CPEIG, Fernando Suárez 9:45 | ‘A aposta de Galicia pola CPI’ a cargo do Director de Gain, Manuel Varela 10:15 | ‘As compras públicas como motor de innovación’ a cargo de Juan Manuel Garrido do MINECO 11 ...
25 xuño 2015
O Clúster TIC Galicia abre o prazo para presentar proxectos á edición 2015 do “CCN | Clúster TIC Capital Network”, iniciativa de referencia en Galicia para facilitar o coñecemento e contacto entre emprendedores TIC e investidores privados e que constitúe unha oportunidade para dar apoio á creación e ao crecemento de empresas de base tecnolóxica en Galicia. Nesta ocasión, a iniciativa celebrará unha xornada de descubrimento de novos proxectos empresariais na que as startups participantes poderán presentar ante investidores privados as súas ideas de negocio, na sección de emprendemento poderán atopar máis información sobre o proceso. Presentación e selección de ...
19 xuño 2015
O Clúster TIC Galicia abre a inscrición para participar na xornada de emprendedores-investidores CLÚSTER TIC CAPITAL NETWORK. A maior iniciativa de investimento TIC de Galicia na que se identifican oportunidades de negocio e mecanismos de financiamento para apoiar a creación e ampliación de EBTs, así como a de facilitar os procesos de co-investimento en proxectos mediante a atracción de investidores privados que complementen os mecanismos de investimento público existentes. QUÉN SE PODE PRESENTAR? Emprendedores, startups e empresas de base tecnolóxica que teñan ou non produto no mercado; que se atopen nun proceso inicial de desenvolvemento ou que precisen dunha ...
19 xuño 2015
O Clúster TIC Galicia desenvolveu a súa II Misión Comercial Inversa na que centrou obxectivos e esforzos na apertura de negocio en países latinoamericanos. Catro días nos que o Clúster TIC reforzou o seu traballo en materia de internacionalización potenciando e creando sinerxías con empresas e entidades de Colombia, Ecuador e Portugal. Tivemos a oportunidade de coñecer a situación e as estratexias que se están executando nestes países, as necesidades detectadas e os avances logrados en materia de innovación e nas tecnoloxías da información e da comunicación. Pola súa parte, as empresas e entidades galegas fixeron a súa presentación destacando ...
12 xuño 2015
O Clúster TIC Galicia está desenvolvendo a súa II Misión Comercial Inversa centrando obxectivos e esforzos na apertura de negocio en países latinoamericanos. Desde o día 10 e até o próximo domingo 14 de xuño, o Clúster TIC está reforzando o seu traballo en materia de internacionalización coa creación de sinerxías con empresas e entidades, semellantes á nosa, de Colombia, Ecuador e Portugal. Unha oportunidade de coñecer a situación e as estratexias que se están executando nestes países. A xornada completa do día do xoves estivo centrada nas entidades socias do Clúster. Desde as 9 ás 18 horas, o Clúster ...
27 marzo 2020
A falta de material sanitario coa que lidia a Xunta para surtir aos centros sanitarios para facer fronte á pandemia do coronavirus, levou a un consorcio de empresas galegas a desenvolver en menos dunha semana un respirador de baixo custe para a súa fabricación na comunidade. O grupo, encabezado pola empresa coruñesa Bionix liderada por Jacobo Penide, fundador e conselleiro delegado, prevé comezar a producir en serie en dúas semanas. O consorcio engloba a outras cinco firmas (Cinfo, Electrónica&Comunicaciones, Dimalnox, i3DAtlántico e Blanco Mayer), o Clúster TIC Galicia e a Fundación Nóvoa Santos.
O proxecto xurdiu o pasado día 18 ...
27 marzo 2020
Ozona Tecnología, compañía galega especializada en dixitalización do posto de traballo, axudou á posta en marcha máis de 50.000 postos de teletraballo na primeira semana de estado de alarma, dando resposta aos retos que supoñen as medidas de confinamento persoal a causa do Covid-19 en clientes de Galicia e o resto de España, de maneira rápida e efectiva.
En palabras de Ramón Ares, CEO da compañía: “Desde a semana anterior ao confinamento, especialmente dende o venres 13, a actividade de Ozona Tecnología foi frenética. A compañía tivo que deseñar unha estratexia de resposta rápida para atender a unha ...
18 marzo 2020
Se han presentado 1.849 empresas tecnológicas de toda la UE, en sectores que abarcan desde la nanotecnología a la biomedicina. Sólo hay 44 ganadores, el 2,3% del total de empresas presentadas, y sólo 21 de ellas han recibido inversión en capital.
29 abril 2019
El objetivo con la organización de este evento es la presentación de nuevas herramientas software que agilizan las tareas administrativas más rutinarias, solucionan eficazmente las nuevas necesidades de gestión y facilitan la adaptación y el cumplimiento de los últimos cambios normativos.
4 febreiro 2019
El galardón reconoce el éxito de las empresas con una trayectoria ejemplar en el ámbito nacional y europeo con prácticas e iniciativas que apoyan nuevas fórmulas de innovación y la conciencia empresarial
26 outubro 2018
Este galardón entrégase en coordinación coa cámara de Comercio de Lugo e o diario local El Progreso.
16 xullo 2018
Tiivii basea os seus produtos na automatización e inmediatez. Esto permitirá que os dispositivos, instalados en calquera recinto cultural ou deportivo, sigan o xogo ou acción de forma automática. A maiores, introducirán grafismos, estatísticas ou locución e enviarán a salida a calquera destino de vídeo. Ademais, soportan emisión multicámara, realidade virtual e a realización en remoto. Isto convérteos nunha potente ferramenta de traballo para produturas deportivas ou de espectáculos.
29 maio 2018
Signen, pertencente ao grupo tecnolóxico galego Dexga Technologies (grupo conformado por Tecalis, Signen e Dexga) será a única representante galega que exhibirá os seus desenvolvementos, casos de éxito e produto baseado en tecnoloxía Blockchain no BlockShow Europe. Trátase do evento sobre Blockchain máis importante de Europa e un dos máis relevantes a nivel mundial, que levará a cabo estes días 28 e 29 de maio en Berlín (Alemaña) Berlín está considerada como a capital europea de Blockchain; segundo o equipo organizador, a cidade foi elixida para celebrar o evento por tratarse dun dos principais centros europeos de desenvolvemento ...
4 maio 2018
A galega Dexga Technologies, a empresa matriz do grupo empresarial conformado por Tecalis, Dexga e Signen, foi incluída no ránking FT1000 do prestixioso diario de negocios e economía internacional, que reflexa as empresas que actúan como forza motriz da economía europea. Tras meses de investigación, o diario financeiro británico Financial Times publicou a segunda edición da súa reportaxe FT 1000, no que se listan as mil empresas de 31 países europeos que alcanzaron a taxa anual de crecemento máis alta en ingresos no período comprendido entre 2013 e 2016. Para Financial Times as empresas innovadoras e de crecemento ...
12 abril 2018
O despacho de avogados galego Datalawyers, dirixido por Xosé Manuel Rey Piñeiro e Eva Rivera Fernández, que desde 2003 desenvolve a súa actividade no ámbito do dereito nas TIC, propiedade intelectual, videoxogos, cultura interactiva e privacidade, acaba de asinar un convenio de colaboración coa Asociación Española de Empresas Produtoras e Desenvolvedoras de Videoxogos e Software de Entretemento, DEV, en virtude do que se ofrecerá un servizo gratuíto de resolución de consultas xurídicas aos socios adheridos de DEV (estudos indies), que tamén poderán disfrutar de descontos nos seus servizos xurídicos. Datalawyers xa viña colaborando con DEV de maneira informal desde fai ...
20 febreiro 2018
A empresa Tecalis, especializada no deseño e desenvolvemento de software a medida, vén de lanzar Signen unha aplicación que permite asinar acordos entre varias persoas dun modo sinxelo, rápido e accesible.Con Signen, os usuarios pode asinar diferentes tipos de contratos: Traballo, Mercantís, Compra-venda, de carácter privado, etc. Grazas aos sistemas empregados, todas as sinaturas realizadas a través da plataforma teñen plena validez legal. Os axentes implicados poden asinar documentos en calquera lugar; revisar os documentos que asinaron; solicitar a sinatura dun documento a unha ou varias persoas; comprobar o estado das súas solicitudes de sinatura; crear estruturas corporativas e ...
31 xaneiro 2018
Serinfer, empresa TIC do Grupo Alvariño especializada no desenvolvemento de software de xestión para o mundo da automoción, presentou hoxe en Madrid a última versión do su DMS para a xestión de concesionarios Serauto 7.0.Serauto é un completo DMS (Dealer Management System) que aborda de forma modular e integrada todas as áreas de actividade dun concesionario ou taller de automóbiles. Con máis de 600 clientes en toda a Península Ibérica, Serauto xa funciona na xestión de concesionarios das principais marcas, e é o DMS en exclusividade nos concesionarios de Porsche de España e Portugal. Ademais, Serauto é unha ...
17 outubro 2017
Avansig, enxeñaría de software de A Coruña, gaña na sección de Mobilidade Intelixente no evento South Summit Innovation 2017 coa solución Avansig Smart Drons. O desenvolvemento da startup galega permite aos drons voiar dentro dos edificios cunha precisión centimétrica e de forma completamente autónoma. O obxectivo da solución é automatizar tarefas en interiores (vixilancia física, inventarios automáticos, inspección de grandes estruturas ou monitorización de procesos industriais). SOUTH SUMMIT é o evento líder do sur que pon en contacto aos emprendedores máis innovadores cos inversores internacionais máis importantes e as empresas interesadas en mellorar a súa competitividade a través de innovación ...
16 outubro 2017
Redegal, a axencia de desenvolvemento web e marketing online ourensá, pechou o primeiro semestre de 2017 medrando en facturación un 44% sobre o mesmo período do ano anterior. Acompañía pechaba o 2016 cunha facturación de 2,5 millóns de euros en España e 3,4 millóns a nivel global, o que supoñía un crecemento do 26% respecto ao 2015. O Ebitda de 2016 melloraba un 40% sobre o resultado da empresa do exercicio de 2015, debido ao incremento en facturación, a reestruturación de custes da empresa e a rentabilización das inversións executadas en anos anteriores, necesarias para medrar ao ritmo ...
26 xaneiro 2017
Un consorcio de empresas de enxeñaría e investigadores da Universidade de Vigo e Gradiant leva un ano traballando nunha iniciativa innovadora para deseñar un sistema de xestión intelixente do alumeado público para as cidades galegas. O proxecto, denominado Candela, foi un dos seleccionados na convocatoria ConcectaPeme e ten como obxectivo avanzar no eido das smart cities coa creación dun conxunto de solucións que permitan medir, modelar, optimizar e actuar en tempo real sobre todo o sistema lumínico público urbano. O consorcio está formado por catro empresas (Setga, que lidera o proxecto, Sistemas Audiovisuales Itelsis, Inteco Ingeniería Avanzada e Ingeniería Insitu ...
17 xaneiro 2017
Sabían vostedes que cada ano se perden no mundo 26 millóns de maletas? Pois o máis incrible é que, de todas elas, ao menos un millón nunca se chega a recuperar. Santiago Alvarez é un enxeñeiro galego que decidiu dar solución a este problema. Tras dar os primeiros pasos en solitario, fai un ano buscou a colaboración do Grupo Itelsis. Dita colaboración dou os seus froitos tras varios meses de traballo, mediante a creación dunha solución baseada nun dispositivo de pequenas proporcións (apenas 80 x 60 x 15 mm e 100 g. de peso) que, ao incluílo dentro da maleta ...
16 setembro 2016
Antonio Agrasar, Conselleiro Delegado de PLEXUS, recibíu en Madrid a acreditación que a Bolsa de Londres outorgou a súa compañía como unha das “1000 empresas que inspiran a Europa”. O acto contou coa asistencia do Secretario de Estado de Economía, Íñigo Fernández de Mesa, e destacados inversores, axentes de bolsa e empresarios, tendo como marco o salón de actos da CEPYME, impulsora en España d programa ELITE, de apoio ás empresas de gran potencial.PLEXUS foi distinguida pola súa aposta tecnolóxica, crecemento económico e capacidade de creación de emprego durante os últimos exercicios. As 1000 empresas que inspiran a Europa ...
8 xuño 2016
Esta xornada organizada por ARCADE INFORHOUSE conta con firmas líderes en seguridade TI como Inprosec, Kumobe, Watchguard e Bitdefender, que exporán as súas solucións e o valor que aportan para as organizacións. Ademais, contan coa presenza de Lorenzo Martínez Rodríguez, coa experiencia e perfil: Enxeñeiro en Informática pola Universidade de Deusto; Profesional de seguridade informática, cofundador e editor do blog Security By Default (www.securitybydefault.com); CTO en Securízame (https://www.securizame.com), Certificacións CISA & CISSP (ata 2014 e 2015 respectivamente); membro de ANCITE (Asociación Nacional de Seguridad y Pericia Tecnológica) www.ancite.es, convertérono nun recoñecido ...
28 abril 2016
A compañía ourensá recolleu o pasado día 19 de abril o premio a Mellor Axencia Dixital de Captación de Tráfico dentro do eshow México, a feria de eCommerce e Marketing Dixital por excelencia.O festival que se celebra cada ano premia aos mellores ecommerce e axencias dixitais máis destacadas do ano, e se outorgan pola empresa eWorld, editora da revista profesional de eCommerce e marketing online eShow Magazine. A entrega de premios tivo lugar no WTC da Cidade de México e congregou a grandes personalidades do mundo da publicidade e marketing dixital do país.Neste caso, Redegal foi premiada grazas ...
8 abril 2016
Egatel estará novamente presente en NAB show 2016 entre o 18 e o 21 de Abril en Las Vegas, este ano para presentar novas series de transmisores de TV e gapfillers de baixa potencia. As familias TUWH1000 e RUWH1000 presentan un deseño compacto alcanzando potencias de ata 115 Wrms nunha soa unidade de rack e facilitando aos operadores as tareas de instalación, operación e mantemento.Con este lanzamento a compañía amplía a alta eficiencia enerxética a todo o rango de potencias de RF, aplicando a Tecnoloxía Doherty en banda ancha a transmisores e reemisores que se utilizarán nas últimas fases ...
22 novembro 2021
O director científico do CiTIUS, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na Universidade de Santiago de Compostela, recibiu o pasado xoves en Madrid o galardón que recoñece a súa traxectoria investigadora na cerimonia de entrega dos Premios de Investigación Sociedade Científica Informática de España – Fundación BBVA 2020-2021.
«É unha honra inmensa. O meu agradecemento ao xurado, á SCIE e á Fundación BBVA non só polo galardón, senón tamén porque a través dos premios nacionais prestigian a investigación española en informática». Senén Barro, director científico do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago ...
22 outubro 2021
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha unha nova edición do Programa Tecnólog@ por un día, que volve a ofrecer a estudantes de 12 a 17 anos a oportunidade de experimentar, en primeira persoa, unha xornada laboral con profesionais das empresas do sector TIC en Galicia. A iniciativa desenvólvese no marco do Plan de Promoción de Talento Dixital de Galicia DigiTalent.
Nesta edición, retómase a presencialidade do programa e ofreceranse 66 prazas, grazas a colaboración de 6 empresas tecnolóxicas que, xunto coa Amtega, posibilitarán a experiencia de acoller a “Tecnólog@s por un día”: Altia ...
23 xuño 2021
A oportunidade que ten Galicia de especializarse en intelixencia artificial foi un dos argumentos da xornada coa que hoxe comezou a súa actividade o centro GaiásTech da Xunta, que ocupa unha superficie de 500 metros cadrados na Cidade da Cultura.
A xornada de traballo estivo precedida das intervencións da directora da Amtega, Mar Pereira, e da directora da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez. Así mesmo, o director da Área de Sociedade Dixital da Amtega, Miguel Rodríguez, ofreceu unha visión global do proceso de transformación dixital de Galicia que se reflicte na plataforma DixiTerrae.
A xornada técnica inaugural, baixo ...
22 xuño 2021
Un equipo de investigación interdisciplinar con participación do IGFAEcreou un prototipo para a detección de gas radon, un sistema modularpara monitorar e controlar a concentración de radon en contornaspechadas, de forma automática e a distancia
O gas radon é a maior fonte de exposición a radiación natural enhumanos e causa entre o 3 e o 14% dos casos de cancro de pulmón
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC colaborou no deseño e desenvolvemento dun prototipo para a detección de gas radon en edificacio ...
22 xuño 2018
A Asemblea Xeral Ordinaria do Clúster TIC de Galicia incluirá na edición do 28 de xuño de 2018 unha serie de mesas de traballo nas que os asociados poderán debatir sobre algúns dos temas máis relevantes no eido das novas tecnoloxías da comunicación. Estas mesas serán espazos físicos nos que, dende as 13:20 ata as 14:45 os asistentes exporán o estado e posibilidades de participación e influencia do Clúster TIC. Os asociados están convidados a formar parte deste evento previo á asemblea. Tamén se ofrecerá un xantar de networking ...
8 novembro 2016
Un ano máis, co obxectivo de estimular e recoñecer o traballo de todos os axentes comprometidos co desenvolvemento do tecido produtivo baseado na Sociedade da Información, convócase unha nova edición dos Premios Clúster TIC Galicia. Esta iniciativa pon de relevo ante a sociedade o labor das empresas, profesionais ou entidades que deseñan, programan, desenvolven, implantan ou usan produtos ou servizos galegos que teñen na innovación e no uso das novas tecnoloxías a súa razón de ser.Os galardóns convócanse en seis categorías: Innovación, Internacionalización, Liderado TIC, Start-ups e Software Libre, ás que se lles une nesta edición a categoría de ...
27 outubro 2015
O Comité Avaliador Experto dos Premios Clúster TIC Galicia vén de dar a coñecer aos finalistas das 5 categorías. Unha selección complicada dado o alto nivel das 34 candidaturas presentadas.Os finalistas son:Categoría Innovación:o AVANSIG (A Coruña)o EGATEL (San Cibrao das Viñas)o SINERGIA G6 (O Porriño) Categoría Internacionalización:o IGALIA (A Coruña)o Quobis (O Porriño)o Optare Solutions (Vigo) Categoría Liderado TIC:o ALTIA CONSULTORES (A Coruña)o CPEIG (Santiago de Compostela)o HEWLETT PACKARD SERVICIOS (Santiago de Compostela) Categoría Startup:o APPENTRA SOLUTIONS (A ...
19 abril 2012
Baixo o paraugas do grupo de traballo de Innovación e Demanda Temperá, poñeranse en marcha seis proxectos para a procura de mercados e oportunidades de negocio en nichos estratéxicos. Segundo a proposta presentada polo grupo de traballo e aprobada polo Comité Estratéxico do Cluster na súa reunión do pasado 12 de abril, as comisións ou subgrupos de traballo crearanse arredor de empresas interesadas en dedicar recursos a impulsar un proxecto de demanda temperá en cada unha das áreas seleccionadas.Cada subgrupo funcionará de maneira autónoma, cun responsable que reportará ao coordinador do grupo de traballo, que neste caso está liderado ...
9 marzo 2012
O grupo de traballo Innovación e Demanda Temperá traballará na posta en marcha de sete comisións para impulsar cada un dos proxectos seleccionados de ente a axenda estratéxica de I+D+i proposta por Vindeira e aprobada polo Comité de Dirección e o Comité Estratéxico do Cluster.As comisións ou subgrupos de traballo crearanse arredor de empresas interesadas en dedicar recursos a impulsar un proxecto de demanda temperá en cada unha das áreas seleccionadas. Unha vez acadada unha masa crítica mínima de empresas interesadas en cada proxecto, o subgrupo porase en marcha e funcionará de maneira autónoma. Haberá un coordinador ...
2 marzo 2012
O próximo luns, 5 de marzo, reunirase o grupo de traballo de Globalizción e Internacionalización para pulir os últimos detalles do Plan de Internacionalización do sector TIC galego. A elaboración dunha estratexia para dar un forte pulo á saída aos mercados exteriores das empresas do eido das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións é un compromiso adquirido polo Cluster ante a Consellería de Economía e Industria, e conta co apoio expreso da administración galega. Este plan, que está xa moi avanzado na súa elaboración, marcará obxectivos ambiciosos que deberán ser acadados nos próximos tres anos, e fixará como mercados preferentes ...
1 abril 2011
O grupo de Traballo de Formación rematou a elaboración da enquisa de necesidades formativas, tendo aprobado as conclusións do traballo na súa reunión correspondente ao mes de marzo. Ao cuestionario, que foi enviado a todas as empresas e entidades membros do Cluster, responderon o 24,27% dos consultados. Como principal conclusión, pódese sinalar que as necesidades de formación máis demandadas son as relacionadas coa Xestión de proxectos e coa Programación. O primeiro contido é sinalado polo 80% dos consultados, mentres que o segundo é solicitado polo 76%.Tras Xestión de Proxectos e Formación, os seguintes contidos con maior demanda son ...