O Clúster TIC e a Xunta de Galicia asinan Convenio de Colaboración para a mellora da competitividade industrial a través das TIC

O Clúster TIC e a Xunta de Galicia asinan Convenio de Colaboración para a mellora da competitividade industrial a través das TIC


O 21 de setembro asinouse o Convenio de Colaboración coa Xunta de Galicia para a consecución de obxectivos comúns de dispor de análises sectoriais de necesidades e oportunidades de implantación das TIC en PEMEs dun determinado sector (denominados Plans de Sistemas Sectoriais), e por ende, contribuír aos piares fundamentais da mellora da produtividade das pequenas e medianas empresas que determinará a onde se deben dirixir os apoios da administración para a posta en marcha destas ferramentas.

O Convenio recolle diversas tarefas destinadas á realización do Plan de Sistemas a un máximo de tres sectores produtivos, que se están definindo, e no que o Clúster contará e escoitará ás entidades e axentes vinculados aos sectores que se escollan.

Cos resultados obtidos na elaboración destes plans e análises faranse convocatorias específicas de financiación ao longo do ano 2016 para apoiar a execución e implantación.

Con esta colaboración fomentarase a industria 4.0 creándose solucións innovadoras que permitirán xerar valor engadido para que o tecido industrial galego gañe competitividade e estea en disposición de acadar novos mercados internacionais.

A sinatura deste acordo fíxose no transcurso da visita á empresa socia Telecon Galicia, onde o Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, o Director do Igape, Javier Aguilera e o Presidente do Clúster TIC, Antonio Rodríguez del Corral percorreron as instalación da man de Jacobo Penide, Director Xeral de Telecon, que lles mostrou as capacidades tecnolóxicas e os procesos de deseño, fabricación e excelencia na calidade e no servizo.

En medios:

La Voz de Galicia | Industria y el clúster TIC elaborarán un catálogo de soluciones tecnológicas para pymes
Código Cero | O Clúster TIC contribuirá a chegar tecnoloxías innovadoras ás PEME galegas
Finanzas.com | La Xunta busca impulsar tecnologías innovadoras en las pymes
Atlántico | Las TIC gallegas buscan potenciar la industria 4.0
Diario de Arousa | La Xunta destaca la recuperación de la economía gracias a las exportaciones
Galicia 24Horas | Los datos de las exportaciones gallegas reflejan tendencia al crecimiento
innovamás | Xunta de Galicia y el Clúster TIC suscribirán un acuerdo de colaboración para impulsar tecnologías innovadoras y la industria 4.0
noticias Valdeorras | Acuerdo de colaboración con el Cluster TIC para impulsar tecnologías innovadoras y potenciar la industria 4.0 en las pymes gallegas
Noticias Bancarias | La Xunta de Galicia impulsa tecnologías para las pymes
Xunta de Galicia | Conde avanza un acordo de colaboración co Clúster TIC para impulsar tecnoloxías innovadoras e potenciar a industria 4.0 nas pemes galegas

None

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies