8 xuño 2016
Asemblea Xeral OrdinariaDía: 22 de xuñoHora: 16:30h en primeira convocatoria e 17:00h en segunda convocatoriaLugar: Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de CompostelaOrde do día: Ratificación de altas e baixasPresentación e aprobación, se procede, do informe de xestión do ano 2015Presentación e aprobación, se procede, do informe económico do ano 2015. Aprobación das contas anuais e proposta de resultado do exercicio 2015.Presentación e aprobación, se procede, da proposta de actividades para o ano 2016.Proposta de cotas para o ano 2016, e aprobación se procedePresentación e aprobación, se procede, do orzamento previsto para o ano 2016Rogos ...
24 maio 2016
O Clúster TIC Galicia colabora co Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) na organización da Xornada Oportunidades de Financiación de I+D Sector TIC. Convocatorias CDTI 2016, que terá lugar o próximo martes 7 de xuño, na sede do CITIC na Coruña.Trátase dunha xornada aberta á Universidade, investigadores e empresas do sector TIC, enmarcada dentro dunha serie de actividades que o CITIC organiza con a finalidade de promover a transferencia tecnolóxica cara o sector empresarial. O principal obxectivo deste encontro é presentar as ...
19 abril 2016
Comprometido coa formación de calidade para as empresas socias, o Clúster TIC dá continuidade ao primeiro programa formativo en habilidades directivas realizado en xuño de 2015.A actividade de xerente dunha empresa, e especialmente nas PEMES, requiere cada vez máis dunha especial capacidade “todoterreno”. Esta realidade maniféstase de forma moi acusada en sectores como o TIC, no que se unen tres factores de especial relevancia:Un perfil directivo de marcado carácter técnico.Un sector de actividade tremendamente dinámico e cambiante.Empresas de dimensión xeralmente moi reducida. Para paliar estas carencias nos nosos empresarios e directivos o Clúster TIC volve a ...
28 marzo 2016
O xoves 31 de marzo, ás 11h, terá lugar no Edificio CEM da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) a xornada de presentación de resultados do proxecto de análise e estudo de Plataformas de Internet das Cousas (IoT) coordinado polo Cluster TIC Galicia xunto ás empresas socias Itelsis, Plexus e R. Este proxecto foi financiado no marco da convocatoria do Programa de Axudas a Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI), do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (MINETUR).O obxectivo principal deste proxecto foi a análise e posterior estudo dunha serie de Plataformas IoT, tanto baseadas en software libre coma privativas, para ...
17 marzo 2016
Tras superar unha auditoría interna por parte de expertos en excelencia de clusters empresariais, que tivo lugar o pasado mes de novembro, o Cluster TIC Galicia alcanzou o distintivo Ouro (Gold Label) outorgado polo European Secretariat for Cluster Analysis (ESCA). Esta insignia obtense tras superar de modo satisfactorio unha auditoría consistente en 31 indicadores de xestión referentes a organización interna, relación cos asociados e o sector, proxectos en curso ou estratexia a longo prazo das entidades cluster.Deste modo, o Cluster TIC Galicia, que ata o momento estaba recoñecido coa Etiqueta Bronce, ve refrendado o seu traballo cun recoñecemento de ...
3 marzo 2016
SabadellGallego (Grupo Banco Sabadell) asinou convenio de colaboración co Clúster TIC Galicia. O acordo subscribiuse por Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC Galicia e por Pablo Junceda Moreno, director xeral de SabadellGallego.O obxecto deste acordo é poñer a disposición das empresas e emprendedores membros do Clúster TIC produtos e servizos co obxectivo de facilitarlles o acceso ás novas tecnoloxías, á financiación de circulante en calquera das modalidades, así como a financiación a medio-prazo de novas inversións en activos fixos mediante préstamos e leasing.SabadellGallego ofrece aos emprendedores membros do Clúster TIC o programa BStartup para facilitar financiación ...
19 febreiro 2016
O acto tivo lugar o 18 de febreiro na sede da Fundación CITIC de Galicia, e asistiron empresas do Clúster, membros do Padroado da Fundación CITIC de Galicia, o Reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde e o Vicerrector de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador NayaO obxectivo do encontro foi o de seguir potenciando a colaboración entre ambos organismos a través da xeración de grandes proxectos de investigación e innovación, como é o caso do Programa Retos-Colaboración do MINECONo día de onte tivo lugar, na sede do CITIC, unha xornada organizada de maneira conxunta polo Clúster TIC Galicia e ...
11 febreiro 2016
O xoves 18 de febreiro ás 12:00 h. terá lugar na sede do CITIC unha xornada dirixida, exclusivamente, aos socios do Clúster e que está organizada de maneira conxunta polo Clúster TIC Galicia e o centro tecnolóxico que contará coa participación de membros do Padroado do CITIC e a presenza do Reitor da UDC, Julio Abalde.Tras a apertura da xornada por parte do Reitor da UDC, os portavoces de ambas entidades compartirán cos asistentes ideas de proxecto concretas que poderían impulsarse a corto prazo e as súas principais liñas de investigación. Analizaranse as vías de colaboración existentes entre ...
5 febreiro 2016
A feira CeBIT terá lugar do 14 ao 18 de marzo en Hannover (Alemaña), tendo por obxectivo nesta ocasión tratar todo o referente ás oportunidades e retos da transformación dixital a dixitalización no eido empresarial, a través dun evento de exhibición e conferencias internacionais. O Clúster TIC invita aos socios a participar na feira, aproveitando as entradas gratuítas proporcionadas pola organización. Pódese consultar o programa da feira na súa web oficial.
8 xaneiro 2016
Publicamos o 1º Anuario fotográfico do Clúster TIC.
18 decembro 2015
Rematamos o ano e desde o Clúster queremos agradecer o apoio, respaldo e implicación que cada un de vós dades ao Clúster. De xeito persoal e tamén como Presidente, salientar a boa disposición de colaboración que me dades en cada acción e que facilita enormemente o traballo que me corresponde neste proxecto ambicioso e ilusionante que é o Clúster TIC. Son moitos os logros e moitos os obxectivos por acometer mais a vontade e a unión existente minguan esforzos e axilizan os éxitos. Desexarvos unhas boas festas e que o novo ano sexa frutífero en negocios e amizades! Antonio Rodríguez ...
3 decembro 2015
Este marco de colaboración ten a formación como punto de encontro para potenciar as competencias empresariais e profesionais ao tempo que se fomenta o emprego e a educación de forma intensa e adecuada ás necesidades específicas do sector TIC.Ás necesidades formativas das empresas socias do Clúster, extensíbeis a todo el sector, hai que sumarlle a alta demanda, que non se consegue cubrir, de determinados perfís profesionais. Cos coñecementos da Escola de Negocios Afundación e do Clúster TIC Galicia artellarase formación específica e adaptada que nos permitirá incrementar a competitividade empresarial e nivelar oferta con demanda de emprego.
None
23 novembro 2015
As entidades socias: Altia Consultores, Avansig, Bahía Software, CPEIG, Enxenio, Indra, R Cable e Telecomunicacións e Tecnoloxías Plexus forman parte do padroadoA Fundación CITIC de Galicia ten como principal obxectivo potenciar as actividades de investigación e transferencia na área das TIC ao tecido produtivoO Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña, acolleu na mañá do venres, 20 de novembro, os actos oficiais de constitución e presentación da Fundación Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións de Galicia, presididos polo reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto Barbeito.Ás ...
20 novembro 2015
Tivemos ocasión de ver as estadísticas que manexan e as tendencias que marcarán o futuro. Unha análise fundamental para adecuar produto a cliente e conseguir monetizar o teu traballo.A xornada dou paso á sesión networking na que os expertos de Google deron resposta as inquedanzas plantexadas polos participantes, ao tempo que se ían facendo grupos de interese con obxectivos comúns.Imaxes da xornadaNova relacionadaEn medios:Blog Contact Comunicación | Google Tag Managerevelb eblog | Optimiza con Google: estrategias para Web & Apps
None
None
12 novembro 2015
O Centro Demostrador TIC, xestionado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co Clúster TIC, organiza o día 25 de novembro nas súas instalacións a Xornada Smartpeme, peme móbil e conectada. O aforo da sala está limitado polo que para asistir é preciso inscribirse a través da páxina web do CDTIC.Actualmente, estímase que existen máis dispositivos móbiles conectados que persoas vivas no planeta. O concepto da mobilidade traspasa as fronteiras do persoal ata crear una auténtica revolución na forma de traballar. “SmartPeme, unha peme móbil e conectada” ten como obxectivo ser un punto de encontro ...
6 novembro 2015
O Clúster TIC Galicia, que conta coa colaboración da Amtega, desenvolverá o 19 de novembro, ás 16:30 horas (Edif. CINC-Cidade da Cultura | Santiago de Compostela) un evento no que teremos a oportunidade de coñecer a expertos de Google AdMob e AdSense; de poñernos en contacto con desenvolvedores e editores; e de asistir á xornada:"OPTIMIZA CON GOOGLE: ESTRATEXIAS PARA WEB & APPS"Web & Apps: Tendencias no sector DixitalApps: Optimiza a túa audiencia e a túa monetizaciónWeb: Vivir nun mundo multipantallaSácalle o máximo proveito a túa WebInscrición gratuítaProgramaPONENTES
Ignacio MonereoTraballa actualmente como ...
5 novembro 2015
"CONTRATACIÓN DUNHA ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESENVOLVEMENTO DE PLANS DE SISTEMAS SECTORIAIS (Exp. CLU_01-15)"Características do procedemento:Data de publicación do concurso: 22/10/2015Último día de presentación de ofertas: 28/10/2015Data de apertura pública das propostas económicas: 03/11/2015Criterios de valoración:Proposta Económica (de 0 a 30 Puntos)Melloras ou servizos adicionais (De 0 a 20 Puntos)Concreción proposta técnica (de 0 a 45 Puntos)Agrupación empresarial (de 0 a 5 Puntos)En base ás puntuacións obtidas o Órgano de Contratación ditou resolución de adxudicación definitiva a favor da empresa ESTRATEGA CONSULTING GLOBAL, S.L. ...
30 outubro 2015
Avansig, Quobis, Altia, Brookesia Design and Technologies e Igalia son os gañadores dos Premios Clúster TIC Galicia 2015. Os representantes das cinco entidadas recolleron os seus galardóns onte ao serán, nunha gala que se desenvolveu no marco do evento LibreCon, na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.Os proxectos premiados abranguen iniciativas de internacionalización e desenvolvementos tecnolóxicos nos eidos dos drons, as App para vehículos, gadgets multifunción e plataformas para set-top-boxes de operadoras.Con estes premios, o Clúster recoñece o traballo de todos os axentes comprometidos co desenvolvemento do tecido produtivo baseado na Sociedade da Información, poñendo ...
5 maio 2022
Plexus Tech non quixo perderse un ano máis a XI Feira de Emprego e Formación da IFFE Business School, un encontro que profunda no mercado laboral e o desenvolvemento profesional, especialmente centrado no mercado galego, coa participación de empresas e profesionais senior do sector durante os días 27, 28 e 29 de abril. A Feira tivo lugar no campus da IFFE Business School, en Oleiros (A Coruña).
No marco deste evento, Javier Martínez Almao, Xerente da área de Desenvolvemento de Industria, Retail e Lecer participou o pasado xoves na mesa redonda “Competencias máis demandadas no sector TIC”, e compartiu alí ...
20 abril 2022
A Axencia para a Administración Dixital da Comunidad de Madrid (Madrid Dixital) apostou pola Oficina 360 de Plexus Tech para xestionar a chegada e rexistro masivo de desprazados de Ucrania á comunidade derivados da guerra que desgraciadamente se libra no seu territorio.
Da man de Oficina 360, a Comunidad de Madrid xestiona a atención e espera dos desprazados de Ucrania no Hospital Zendal, que se converteu no punto neurálxico para o seu rexistro.
Estas persoas que chegan soas ou en núcleos familiares deben pasar un protocolo de acollida para tramitar os procesos necesarios para o comezo da súa vida na ...
11 abril 2022
O grupo tecnolóxico Plexus Tech segue na senda de incorporación de talento en tecnoloxías de vangarda, pechando un acordo de integración nesta ocasión con HCD – Human Computer Development compañía con sedes en UK, Polonia, Alemaña e Portugal, conseguindo así o ...
28 marzo 2022
Plexus Tech participou outro ano máis no Congreso Nacional de Informática da Salúde, Inforsalud, que tivo lugar do 22 ao 24 de marzo en Madrid, neste caso acompañando ao Servizo Murciano de Saúde na presentación do proxecto conxunto SENDA.
SENDA, o proxecto de xestión da atención, direccionamento de pacientes e cartelería dixital para a difusión de contidos sobre saúde, dará servizo en once hospitais da Rexión de Murcia. Este novo reto é unha aposta de Plexus Tech e o SMS para mellorar a calidade asistencial no ámbito sanitario a través de solucións tecnolóxicas que buscan optimizar a xestión de recursos ...
21 marzo 2022
Antonio Agrasar, CEO de Plexus Tech, participou o pasado xoves 17 de marzo en “Conversacións con Andrés Alonso Seisdedos” un foro organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia.
Sendo o talento o piar fundamental do éxito de Plexus Tech, Agrasar reflexionou sobre o futuro do talento e da formación, que pasa por un entendemento maior entre o mundo académico e o laboral: "Temos que ser capaces de achegar a Universidade á empresa e viceversa. Esta conxunción debería estar moito máis implicada, moito máis "enganchada", declarou o compostelán. "Non é posible que se poñan portas a carreiras que necesitan profesionais de ...
12 xaneiro 2022
● A empresa tecnolóxica galega, que en 2021 xestionou dixitalmente máis de10 millóns de documentos, estima que os seus clientes aforraron máis de 30 millóns de euros.
No 2020 a dixitalización posicionouse como un elemento vertebrador que garantía a supervivencia dos procesos administrativos ante situacións excepcionais. En 2021, esta tendencia continuou á alza. A implementación de ferramentas dixitais converteuse nun básico para calquera compañía que queira mellorar a eficiencia dos seus procesos e garantir a súa operativa en remoto.
Este pasado ano, Docuten axudou aos seus máis de 350 clientes a automatizar procesos imprescindibles para o correcto funcionamento da operativa diaria ...
2 decembro 2021
Ozona Tech resultou adxudicataria do concurso público licitado pola Amtega, para realizar a consultoría e implantación dunha solución de virtualización de posto de traballo (VDI).
O importe do contrato é duns 5 millóns de euros que irán destinados a despregar ata 10.000 escritorios virtuais nos próximos 4 anos. Ozona Tech impúxose ás propostas presentadas por compañías multinacionais de tecnoloxía con forte implantación en Galicia.
Para levalo a cabo utilizaranse tecnoloxías de Citrix e Microsoft, fabricantes nos que Ozona Tech dispón das máximas certificacións. A infraestrutura resultante será monitorada con Overa Activity, solución desenvolvida pola área de Innovación de Ozona ...
16 novembro 2021
A Agrupación industrial Saúde de Galicia recoñeceu co Premio Comunidade CGS o papel de Plexus Tech en materia de innovación, poñendo en valor o impulso ao ecosistema innovador sanitario que a compañía desenvolve na rexión.O premio, que recolleu José Manuel Chao Ardao, socio director de Plexus Tech, entregouse na gala dos Premios do VI Fórum “Retos Internacionais do Ecositema Saúde” RIES 2021, que o CSG celebrou o pasado 10 e 11 de novembro no Balneario de Mondariz.Neste encontro reuníronse os principais axentes do sistema sanitario e sociosanitario para analizar e abordar os retos e oportunidades do sector, con ...
16 novembro 2021
Este martes 9 de novembro asinouse o convenio de colaboración de Plexus Tech e outras cinco organizacións que xa son parte do primeiro Living Lab de saúde da comunidade galega, unha contorna para a creación de solucións innovadoras, dentro do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, que respondan as necesidades dos e as pacientes.
O CHUO contará cun banco de probas reais e unha contorna de experimentación onde os equipos profesionais de varias organizacións de ámbito autonómico poderán desenvolver os seus proxectos vinculados á innovación. As instalacións do hospital ourensán aloxarán o ensaio de solucións innovadoras, destinadas á atención de pacientes ...
8 novembro 2021
Plexus Tech é un referente na prestación de servizos profesionais e coas súas solucións pioneiras dentro do ámbito da saúde en España tanto no sector público como privado.
Durante o COVID encargouse do despregamento dos sistemas informáticos de conectividade médico/paciente, así como de dar servizo para que a inmediatez de resultados radiolóxicos, de laboratorio e historial puidesen estar ao dispor do persoal asistencial para dar atención inmediata.
ECHAlliance é un conector global do sector saúde que aglutina 78 países e 4,4 mil millóns de persoas. Conta con máis de 20.000 expertos, provedores de atención médica e social ...
21 outubro 2021
everis anunciou que cambia a súa marca por NTT DATA. A compañía xaponesa, propietaria de everis desde o ano 2014, é a sexta compañía de servizos TI do mundo segundo Gartner, está presente en máis de 50 países, formada por preto de 140.000 empregados e cuns ingresos de 22.000 millóns de dólares.
Desde a adquisición de everis por parte de NTT DATA hai 7 anos, ambas as marcas estiveron traballando xuntas para mellorar, fortalecer e facer crecer o negocio nos mercados onde everis está presente. Con este cambio de marca efectuado nos 17 países nos que everis tiña ...
21 setembro 2021
Os socios que formen parte da Asociación de Empresarios de Agrela poderán gozar dun 10% de desconto nos servizos ofrecidos por Docuten, así como doutras vantaxes.
O obxectivo da proposta de Docuten é fomentar o uso dos servizos de firma dixital e facturación electrónica entre as empresas do polígono.
Docuten informou á Asociación de Empresarios de Agrela dunha proposta con condicións especiais para os seus socios, co obxectivo de impulsar a dixitalización administrativa entre as empresas do polígono.
Docuten ten como misión converter aos seus clientes, medianas e grandes empresas, en compañías sen papel a través da dixitalización administrativa. Ademais ...
14 xullo 2021
O obxectivo é acelerar o crecemento da compañía, reforzar os equipos técnico, comercial e de atención ao cliente e iniciar unha primeira fase de internacionalización
O pasado ano 2020 supuxo un punto de inflexión para a firma polo aumento das reunións telemáticas por parte de empresas e institucións por mor da pandemia de COVID-19
A compañía acaba de incorporar como conselleiro delegado a Javier Polo, con experiencia previa en procesos de expansión internacional e crecemento de start- ups
A firma especializada en solucións de tecnoloxía legal COUNCILBOX, fundada polos emprendedores galegos Agustín Tourón e Víctor López, pechou unha serie A ...
25 maio 2021
A Coruña conta xa cunha compañía dentro do consorcio AS4 EDI2020.
Trátase de Docuten, empresa que conta con máis de 12 anos de experiencia no mundo da dixitalización administrativa e que ten na súa carteira de clientes a xigantes como Desigual, Bimba e Lola, Hijos de Rivera ou Grupo Alumán.
E é que Docuten continúa cun crecemento imparable.
Tras concluír con éxito a súa participación no proxecto EURINV, como única compañía española, agora embárcase no proxecto AS4 EDI2020, cofinanciado pola Comisión Europea a través do programa CEF Telecom e xestionado por HaDEA.
“No noso afán pola mellora continua da plataforma ...
20 abril 2021
Docuten, plataforma que promove a dixitalización administrativa empresarial a través dos servizos de firma dixital e facturación electrónica, elixiu Microsoft Azure para a migración de todos os seus servizos. A migración, que xa foi realizada con éxito, busca a excelencia da súa plataforma. Este movemento estratéxico non só afianza a garantía de seguridade cunha tecnoloxía cloud líder, senón que tamén permitirá formar parte a Docuten da rede de Partners de Microsoft e xerar unha alianza e plans conxuntos de comercialización. Docuten convértese nun dos principais fabricantes de Software ( ISVs) con solucións de firma dixital avalado por Microsoft en España.O ...
29 setembro 2020
TEIMAS Desenvolvemento, empresa tecnolóxica especializada en solucións software para xestores e produtores de residuos, foi beneficiaria dunha axuda para empresas innovadoras concedida pola asociación EIT RawMaterials. Formada por empresas, universidades e centros de investigación, esta asociación ten como misión impulsar o crecemento sostible do sector europeo de materias primas mediante a innovación e a educación.
Entre os adxudicatarios desta axuda de 9,8 millóns de euros encóntranse 60 empresas europeas que destacan polo seu alto potencial de crecemento e capacidade de innovación.
ZERØ, o novo proxecto de TEIMAS para xestión intelixente de residuos
Nos últimos anos o modelo de economía ...
21 agosto 2020
PlexoTag é unha solución tecnolóxicamente avanzada e deseñada para que ao entrar nos centros educativos, os alumnos se poñan un dispositivo do tamaño dunha tarxeta de crédito que levarán enriba como unha acreditación dunha visita, similar ás utilizadas en congresos ou en visitas a empresas. É como un colgante que nin se darán conta aos pocos minutos que a levan enriba. Ten distintos obxectivos:
1.- A través dun emoji con distintas expresións, os nenos poderán saber si están a unha distancia que poda comprometer a súa seguridade. Pódense programar a que se considere máis segura e tamén práctica, aínda que ...
2 xullo 2020
O laboratorio 5G inicia a súa andaina cun primeiro proxecto de innovación baseado na Segmentación de Rede (Network Slicing), que permite aproveitar as características de virtualización da tecnoloxía 5G para crear redes illadas e adaptadas a necesidades específicas (como as das redes especializadas en IoT, de banda larga, as do vehículo conectado ou redes privadas para usuarios corporativos, etc.) sobre a mesma infraestrutura en ter que despregar novos equipos específicos, como podería ser necesario hoxe en día.
Esta iniciativa é posible grazas ao convenio asinado o pasado mes de marzo entre a Xunta e a Universidade de Vigo para lanzar ...
14 maio 2020
Apoiar ao proceso de superación da doenza nos casos menos graves, identificar en cada individuo coa maior certeza posible o potencial de contaxio, e vertebrar un sistema de seguimento que monitorice a progresión da enfermidade e permita detectar unha alarma temperá ante un potencial rebote. Estes son os principais obxectivos da iniciativa que puxo en marcha a multinacional tecnolóxica española SATEC e que pretende ofrecer unha ferramenta de xestión sanitaria preventiva, principalmente a PEMEs e grandes corporacións, aínda que tamén podería ser de utilidade en institucións públicas.
A iniciativa, bautizada co nome de Servizo de Prevención e Asistencia á Salúde ...
15 abril 2020
A Xunta de Galicia puxo en marcha unha plataforma de Tele-educación durante a crise do COVID-19.
A Consellería de Educación da Xunta de Galicia, co impulso e liderado tecnolóxico da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, AMTEGA, puxo a disposición dos profesores e alumnos unha plataforma de Tele-educación que permite que os profesores e alumnos poden continuar o seu traballo e a formación de forma telemática, en calquera momento, lugar e accedendo á mesma desde gran variedade de dispositivos (ordenadores, smartphones, tablets…).
As principais funcionalidades da plataforma permiten: crear salas de colaboración virtuais (aulas) para levar a cabo videoconferencias ...
22 novembro 2021
O director científico do CiTIUS, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na Universidade de Santiago de Compostela, recibiu o pasado xoves en Madrid o galardón que recoñece a súa traxectoria investigadora na cerimonia de entrega dos Premios de Investigación Sociedade Científica Informática de España – Fundación BBVA 2020-2021.
«É unha honra inmensa. O meu agradecemento ao xurado, á SCIE e á Fundación BBVA non só polo galardón, senón tamén porque a través dos premios nacionais prestigian a investigación española en informática». Senén Barro, director científico do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago ...
22 outubro 2021
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha unha nova edición do Programa Tecnólog@ por un día, que volve a ofrecer a estudantes de 12 a 17 anos a oportunidade de experimentar, en primeira persoa, unha xornada laboral con profesionais das empresas do sector TIC en Galicia. A iniciativa desenvólvese no marco do Plan de Promoción de Talento Dixital de Galicia DigiTalent.
Nesta edición, retómase a presencialidade do programa e ofreceranse 66 prazas, grazas a colaboración de 6 empresas tecnolóxicas que, xunto coa Amtega, posibilitarán a experiencia de acoller a “Tecnólog@s por un día”: Altia ...
23 xuño 2021
A oportunidade que ten Galicia de especializarse en intelixencia artificial foi un dos argumentos da xornada coa que hoxe comezou a súa actividade o centro GaiásTech da Xunta, que ocupa unha superficie de 500 metros cadrados na Cidade da Cultura.
A xornada de traballo estivo precedida das intervencións da directora da Amtega, Mar Pereira, e da directora da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez. Así mesmo, o director da Área de Sociedade Dixital da Amtega, Miguel Rodríguez, ofreceu unha visión global do proceso de transformación dixital de Galicia que se reflicte na plataforma DixiTerrae.
A xornada técnica inaugural, baixo ...
22 xuño 2021
Un equipo de investigación interdisciplinar con participación do IGFAEcreou un prototipo para a detección de gas radon, un sistema modularpara monitorar e controlar a concentración de radon en contornaspechadas, de forma automática e a distancia
O gas radon é a maior fonte de exposición a radiación natural enhumanos e causa entre o 3 e o 14% dos casos de cancro de pulmón
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC colaborou no deseño e desenvolvemento dun prototipo para a detección de gas radon en edificacio ...
22 xuño 2018
A Asemblea Xeral Ordinaria do Clúster TIC de Galicia incluirá na edición do 28 de xuño de 2018 unha serie de mesas de traballo nas que os asociados poderán debatir sobre algúns dos temas máis relevantes no eido das novas tecnoloxías da comunicación. Estas mesas serán espazos físicos nos que, dende as 13:20 ata as 14:45 os asistentes exporán o estado e posibilidades de participación e influencia do Clúster TIC. Os asociados están convidados a formar parte deste evento previo á asemblea. Tamén se ofrecerá un xantar de networking ...
8 novembro 2016
Un ano máis, co obxectivo de estimular e recoñecer o traballo de todos os axentes comprometidos co desenvolvemento do tecido produtivo baseado na Sociedade da Información, convócase unha nova edición dos Premios Clúster TIC Galicia. Esta iniciativa pon de relevo ante a sociedade o labor das empresas, profesionais ou entidades que deseñan, programan, desenvolven, implantan ou usan produtos ou servizos galegos que teñen na innovación e no uso das novas tecnoloxías a súa razón de ser.Os galardóns convócanse en seis categorías: Innovación, Internacionalización, Liderado TIC, Start-ups e Software Libre, ás que se lles une nesta edición a categoría de ...
27 outubro 2015
O Comité Avaliador Experto dos Premios Clúster TIC Galicia vén de dar a coñecer aos finalistas das 5 categorías. Unha selección complicada dado o alto nivel das 34 candidaturas presentadas.Os finalistas son:Categoría Innovación:o AVANSIG (A Coruña)o EGATEL (San Cibrao das Viñas)o SINERGIA G6 (O Porriño) Categoría Internacionalización:o IGALIA (A Coruña)o Quobis (O Porriño)o Optare Solutions (Vigo) Categoría Liderado TIC:o ALTIA CONSULTORES (A Coruña)o CPEIG (Santiago de Compostela)o HEWLETT PACKARD SERVICIOS (Santiago de Compostela) Categoría Startup:o APPENTRA SOLUTIONS (A ...
19 abril 2012
Baixo o paraugas do grupo de traballo de Innovación e Demanda Temperá, poñeranse en marcha seis proxectos para a procura de mercados e oportunidades de negocio en nichos estratéxicos. Segundo a proposta presentada polo grupo de traballo e aprobada polo Comité Estratéxico do Cluster na súa reunión do pasado 12 de abril, as comisións ou subgrupos de traballo crearanse arredor de empresas interesadas en dedicar recursos a impulsar un proxecto de demanda temperá en cada unha das áreas seleccionadas.Cada subgrupo funcionará de maneira autónoma, cun responsable que reportará ao coordinador do grupo de traballo, que neste caso está liderado ...
9 marzo 2012
O grupo de traballo Innovación e Demanda Temperá traballará na posta en marcha de sete comisións para impulsar cada un dos proxectos seleccionados de ente a axenda estratéxica de I+D+i proposta por Vindeira e aprobada polo Comité de Dirección e o Comité Estratéxico do Cluster.As comisións ou subgrupos de traballo crearanse arredor de empresas interesadas en dedicar recursos a impulsar un proxecto de demanda temperá en cada unha das áreas seleccionadas. Unha vez acadada unha masa crítica mínima de empresas interesadas en cada proxecto, o subgrupo porase en marcha e funcionará de maneira autónoma. Haberá un coordinador ...
2 marzo 2012
O próximo luns, 5 de marzo, reunirase o grupo de traballo de Globalizción e Internacionalización para pulir os últimos detalles do Plan de Internacionalización do sector TIC galego. A elaboración dunha estratexia para dar un forte pulo á saída aos mercados exteriores das empresas do eido das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións é un compromiso adquirido polo Cluster ante a Consellería de Economía e Industria, e conta co apoio expreso da administración galega. Este plan, que está xa moi avanzado na súa elaboración, marcará obxectivos ambiciosos que deberán ser acadados nos próximos tres anos, e fixará como mercados preferentes ...
1 abril 2011
O grupo de Traballo de Formación rematou a elaboración da enquisa de necesidades formativas, tendo aprobado as conclusións do traballo na súa reunión correspondente ao mes de marzo. Ao cuestionario, que foi enviado a todas as empresas e entidades membros do Cluster, responderon o 24,27% dos consultados. Como principal conclusión, pódese sinalar que as necesidades de formación máis demandadas son as relacionadas coa Xestión de proxectos e coa Programación. O primeiro contido é sinalado polo 80% dos consultados, mentres que o segundo é solicitado polo 76%.Tras Xestión de Proxectos e Formación, os seguintes contidos con maior demanda son ...