O Cluster TIC Galicia acredita a súa excelencia en Europa

O Cluster TIC Galicia acredita a súa excelencia en Europa


Tras superar unha auditoría interna por parte de expertos en excelencia de clusters empresariais, que tivo lugar o pasado mes de novembro, o Cluster TIC Galicia alcanzou o distintivo Ouro (Gold Label) outorgado polo European Secretariat for Cluster Analysis (ESCA). Esta insignia obtense tras superar de modo satisfactorio unha auditoría consistente en 31 indicadores de xestión referentes a organización interna, relación cos asociados e o sector, proxectos en curso ou estratexia a longo prazo das entidades cluster.

Deste modo, o Cluster TIC Galicia, que ata o momento estaba recoñecido coa Etiqueta Bronce, ve refrendado o seu traballo cun recoñecemento de excelencia a nivel europeo, que estará vixente durante, ao menos, os próximos dous anos.

A presente iniciativa contou co respaldo do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) como principal responsable da política de clusters en Galicia, impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

En medios:

Código Cero | O Clúster TIC acredita a súa excelencia a nivel europeo

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies