Inforsalud 2022: Plexus Tech acompaña ao Servizo Murciano de Saúde na presentación do proxecto SENDA

Óscar Santos Rodríguez,

Inforsalud 2022: Plexus Tech acompaña ao Servizo Murciano de Saúde na presentación do proxecto SENDA


Plexus Tech participou outro ano máis no Congreso Nacional de Informática da Salúde, Inforsalud, que tivo lugar do 22 ao 24 de marzo en Madrid, neste caso acompañando ao Servizo Murciano de Saúde na presentación do proxecto conxunto SENDA.

SENDA, o proxecto de xestión da atención, direccionamento de pacientes e cartelería dixital para a difusión de contidos sobre saúde, dará servizo en once hospitais da Rexión de Murcia. Este novo reto é unha aposta de Plexus Tech e o SMS para mellorar a calidade asistencial no ámbito sanitario a través de solucións tecnolóxicas que buscan optimizar a xestión de recursos sanitarios e mellorar o servizo prestado aos cidadáns da rexión.

A compañía galega é unha habitual deste congreso, e non faltou á súa cita tampouco este ano, nun momento único de expectativas xeradas polos fondos Next Generation, que prometen ser unha inxección á innovación sanitaria e a proxectos tecnolóxicos que melloren a calidade de vida dos usuarios.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies