24 outubro 2025
Os grandes desafíos do ecosistema sociosanitario, a debate en RIES 25, e alí estiveron desde Plexus Tech. Coa súa experiencia en solucións innovadoras como líderes no sector saúde, patrocinaron e participaron nesta décima edición do evento de referencia a nivel nacional e internacional, que organiza cada ano o Clúster da Saúde de Galicia (CSG).
Nesta décima edición, o encontro distribuíuse en dúas intensas xornadas, baixo o lema International Challenges of the Health ...
24 outubro 2025
Innovación e colaboración na décimo novena edición de ENISE, xunto ao ecosistema da ciberseguridade. Un ano máis, Plexus Tech participou no Encontro Internacional de Seguridade da Información (ENISE), organizado polo Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE).
A 19ª edición do evento de referencia sobre ciberseguridade en España tivo lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de León. Foron tres xornadas intensas, nas que desde Plexus Tech puideron conectar con clientes, provedores, colaboradores, estudantes e representantes do ecosistema tecnolóxico. Xunto a eles, compartiron experiencias ...
20 outubro 2025
Plexus Tech incorpórase como colaborador e partner tecnolóxico de TERRA MOVE, a plataforma solidaria de mecenado ao servizo do ecosistema do deporte galego, impulsada pola Fundación Amare Terra en colaboración coa Xunta de Galicia. Trátase dunha ferramenta innovadora que permite a clubs, federacións e deportistas captar fondos de forma directa, segura e transparente, e facilita que particulares e empresas poidan no seu caso beneficiarse dos incentivos ao mecenado previstos pola Lei 49/2002.
TERRA MOVE nace como un proxecto sen ánimo de lucro para ...
3 outubro 2022
A Directora de Estratexia e Marca de Plexus Tech, Silvia Fraga, participou activamente o pasado mércores nas xornadas «A Era da Innovación Inclusiva e os seus efectos nos proxectos sociais, tecnolóxicos e circulares», celebradas no campus da Universidade da Coruña (UDC).
Silvia realizou a charla “A r-evolución dixital e o reto de humanizar a tecnoloxía” sobre unha temática moi necesaria no contexto actual: a concepción dos avances tecnolóxicos como ferramentas ao servizo das persoas. Precisamente a complicada situación económica, social e internacional actual envolveu todo o contido dun evento que espera axudar aos futuros profesionais a tomar conciencia dos retos ...
27 xuño 2022
O pasado martes 21 de xuño, un equipo de Plexus Tech desprazouse a Barcelona para asistir á segunda xornada do Salesforce Innovation Day, o evento da compañía americana onde se expoñen as súas últimas novidades en materia de innovación e tecnoloxías na nube para empresas.
Na mesma liña que na sesión do pasado 14 de xuño en Madrid, Plexus Tech foi esta vez o patrocinador dunha xornada inspiradora e repleta de novidades. Nestas xornadas organizadas por Salesforce, tanto expertos como profesionais do sector comparten experiencias e casos de éxito sobre a transformación dixital.
Ademais, esta sesión serviu tamén de reflexión ...
27 xuño 2022
O pasado xoves 23 de xuño, Plexus Tech asistiu ao Bonita Day en calidade de partner 360 da empresa francesa Bonitasoft, un evento no que a compañía deu a coñecer a plataforma Bonita a través de achegas de valor de clientes e socios como Plexus Tech.
Nesta xornada presentáronse novidades do ecosistema de Bonitasoft, como os seus novos proxectos de transformación dixital, o Process Analytics UI e testing da plataforma DPA. Ademais, diversos expertos e profesionais compartiron experiencias e casos de éxito empregando a plataforma.
Tamén se reflexionou sobre «como os negocios poden afrontar os desafíos que expón o futuro» ...
20 xuño 2022
O pasado venres 17 de xuño, un equipo de Plexus Tech asistiu ao Salesforce Innovation Day, onde se expuxeron as últimas novidades de transformación dixital e innovación na nube das súas partners da empresa americana.
Nestas xornadas organizadas pola compañía, diversos expertos e profesionais compartiron experiencias e casos de éxito. Tamén se reflexionou sobre «como os negocios poden afrontar os desafíos que expón o futuro».
Na mesma liña, o próximo 21 de xuño, Plexus Tech será o patrocinador da xornada que se realizará en Barcelona.
13 xuño 2022
O Director de Arquitectura de Plexus Tech, Julio Fernández, participou o pasado xoves 9 de xuño na presentación do libro “O reto da banca na economía dixital: Un desafío organizativo e evolutivo" na sede da Afundación de Abanca na Coruña. Este libro afronta a relación da banca coa nova economía dixital e os cambios de procesos e cultura necesarios para adaptarse a esta novo paradigma.
Na creación do libro, Julio colaborou man a man con profesionais do sector da economía e as finanzas para achegar un punto de vista analítico desde a tecnoloxía e a innovación. A obra realiza unha ...
30 maio 2022
O pasado 25 de maio Aruba celebrou o seu evento Atmosphere Spain ‘22, no teatro Goya de Madrid. Alí estiveron representantes de Plexus Tech estiveron esta pasada semana no evento da compañía de Hewlett Packard Enterprises, dada a súa condición de partners, para coñecer as melloras e innovacións nos servizos da compañía californiana.
Como sponsors do evento, Plexus Tech contou cunha caseta ao que multitude de participantes achegáronse para coñecer as solucións e implementacións da compañía con Aruba, como Clearpass, Naas ( Network as a Service) ou Traqus.
O evento contou con gran afluencia de público e ofreceu o último en ...
23 maio 2022
O pasado xoves 19 de maio Plexus Tech celebrou nas súas oficinas de Palma de Mallorca, da man da súa partner UiPath, un workshop de automatización de procesos. A esta xornada acudiron algunhas das principais empresas do sector Hospitality & Travel a nivel nacional e internacional para coñecer de primeira man as evolucións do sector cara a unha industria máis dixital.
UiPath, partner da compañía galega e empresa líder en RPA e automatización, presentou as posibilidades que ofrece a súa plataforma de procesos relacionados con SAP para mellorar a automatización no tratamento de documentos, especialmente aqueles casos de uso aplicables ...
16 maio 2022
O experto en Ciberseguridade de Plexus Tech, Edgar Carrillo Egea, foi entrevistado na cadea de televisión Cuatro, para dar a súa visión sobre a polémica xerada polo software espía Pegasus, presuntamente utilizado para acceder a dispositivos de diversas personalidades políticas como o presidente do Goberno, Pedro Sánchez ou a ministra de Defensa, Margarita Robles que, en teoría, deberían ser menos vulnerables a ciberataques.
Edgar Carrillo participou nos programas “En boca de todos” e “Cuatro al Día” e neles comentou que “en España contamos con grandes expertos en ciberseguridade. Recibimos moitísimos ataques, como calquera outro país e é moi difícil poder ...
5 maio 2022
Plexus Tech non quixo perderse un ano máis a XI Feira de Emprego e Formación da IFFE Business School, un encontro que profunda no mercado laboral e o desenvolvemento profesional, especialmente centrado no mercado galego, coa participación de empresas e profesionais senior do sector durante os días 27, 28 e 29 de abril. A Feira tivo lugar no campus da IFFE Business School, en Oleiros (A Coruña).
No marco deste evento, Javier Martínez Almao, Xerente da área de Desenvolvemento de Industria, Retail e Lecer participou o pasado xoves na mesa redonda “Competencias máis demandadas no sector TIC”, e compartiu alí ...