O Director de Arquitectura de Plexus Tech, Julio Fernández, participou o pasado xoves 9 de xuño na presentación do libro “O reto da banca na economía dixital: Un desafío organizativo e evolutivo" na sede da Afundación de Abanca na Coruña. Este libro afronta a relación da banca coa nova economía dixital e os cambios de procesos e cultura necesarios para adaptarse a esta novo paradigma.
Na creación do libro, Julio colaborou man a man con profesionais do sector da economía e as finanzas para achegar un punto de vista analítico desde a tecnoloxía e a innovación. A obra realiza unha exhaustiva radiografía sobre a posición da banca ante os novos retos do s. XXI, os necesarios procesos de innovación ou como xestionar a convivencia cos activos e divisas dixitais.
Á presentación do libro e posterior mesa redonda sobre os retos do sector, acudiron tamén referentes como o Director Xeral de IT de Abanca, José Manuel Valiño Blanco.
Comentarios