O pasado martes 21 de xuño, un equipo de Plexus Tech desprazouse a Barcelona para asistir á segunda xornada do Salesforce Innovation Day, o evento da compañía americana onde se expoñen as súas últimas novidades en materia de innovación e tecnoloxías na nube para empresas.
Na mesma liña que na sesión do pasado 14 de xuño en Madrid, Plexus Tech foi esta vez o patrocinador dunha xornada inspiradora e repleta de novidades. Nestas xornadas organizadas por Salesforce, tanto expertos como profesionais do sector comparten experiencias e casos de éxito sobre a transformación dixital.
Ademais, esta sesión serviu tamén de reflexión sobre os desafíos que están por vir nunha contorna tan volátil e cambiante, así como do deber de devolver un impacto positivo á sociedade.
Comentarios