Plexus Tech impulsa a súa internacionalización coa compra da portuguesa HCD

Silvia Camesella,

Plexus Tech impulsa a súa internacionalización coa compra da portuguesa HCD


  • Cunha sólida presenza en países como UK, Alemaña, Polonia e Portugal, HCD conta cun amplo expertise en áreas dixitais como aplicacións móbiles e experiencia de usuario cun marcado carácter innovador.
  • Culmina así un proceso de integración de talento converténdose en parte do Grupo Plexus Tech, primeira tecnolóxica independente do país que conta na actualidade con máis de 2000 profesionais.

O grupo tecnolóxico Plexus Tech segue na senda de incorporación de talento en tecnoloxías de vangarda, pechando un acordo de integración nesta ocasión con HCD – Human Computer Development compañía con sedes en UK, Polonia, Alemaña e Portugal, conseguindo así o obxectivo da tecnolóxica de conseguir un amplo despregamento no mercado europeo como parte estratéxica do seu crecemento.

Plexus Tech continúa o seu obxectivo de crear células de hiperespecialización nas últimas tecnoloxías para todas as áreas transversais como ciberseguridade, dixital, customer centric, arquitectura e data, cloud, ecommerce, desenvolvemento e para iso incorporou nos últimos meses ademais de HCD unha compañía con sede en Portugal capilarizando as fronteiras de actuación da tecnolóxica no país luso.

Acerca de Plexus Tech

Compañía tecnolóxica con máis de 20 anos de traxectoria traballando para gran parte das compañías do IBEX35, os principais retailers do país, e con gran especialización no sector banca, turismo, servizos sociais, sendo líder a nivel nacional no sector de saúde tanto na administración pública como privada. Conta cun total de 21 sedes con gran capilaridade en todo o territorio español e coa mirada posta en USA, onde recentemente acaba de abrir oficina en Miami.


Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies