Plexus Tech non quixo perderse un ano máis a XI Feira de Emprego e Formación da IFFE Business School, un encontro que profunda no mercado laboral e o desenvolvemento profesional, especialmente centrado no mercado galego, coa participación de empresas e profesionais senior do sector durante os días 27, 28 e 29 de abril. A Feira tivo lugar no campus da IFFE Business School, en Oleiros (A Coruña).
No marco deste evento, Javier Martínez Almao, Xerente da área de Desenvolvemento de Industria, Retail e Lecer participou o pasado xoves na mesa redonda “Competencias máis demandadas no sector TIC”, e compartiu alí as súas impresións sobre o actual mercado laboral tecnolóxico e como coidar ao talento nun momento no que é limitado.
Segundo Javier, “a pandemia permitiu un cambio de paradigma para poder traballar con profesionais de calquera parte do mundo”, o que aboca ás empresas para “competir a nivel internacional”. Este cambio de escenario profunda máis na necesidade dunha empresa que se centre no benestar e o desenvolvemento do traballador. Medidas como a flexibilidade laboral e o traballo híbrido, a retribución flexible ou o acceso a recursos de formación son elementos que cobran máis importancia que nunca na decisión do traballador.
“Hoxe en día tanto en posto como en compañía, todo é moi volátil”, asegurou. “A clave para a atracción e retención de talento é manter a formación, o benestar e o desenvolvemento profesional da nosa xente durante o seu paso. Se tratamos ao traballador ben, facemos nosa parte”. O galego tamén quixo destacar que “a evolución a través de diferentes postos e clientes” é tamén un “elemento diferenciador” dun lugar como Plexus Tech.
A mesa redonda tamén tratou as competencias e os perfís máis demandados no mercado laboral das tecnoloxías da información, así como a necesidade de perfís técnicos e non tan técnicos para levar a cabo proxectos nacionais e internacionais neste sector.
Ademais, algunhas preguntas do público viraron ao redor dos perfís técnicos e como acreditar eses coñecementos técnicos mediante diversos tipos de formación.
“Para ser desarrollador fan falta coñecementos técnicos, claro, pero non necesariamente título”, e explicou que cada vez é máis importante “o punto de interese ou de seguir crecendo” para que os proxectos conten con “xente que achegue e adquira responsabilidade”.
Comentarios