A Axencia para a Administración Dixital da Comunidad de Madrid (Madrid Dixital) apostou pola Oficina 360 de Plexus Tech para xestionar a chegada e rexistro masivo de desprazados de Ucrania á comunidade derivados da guerra que desgraciadamente se libra no seu territorio.
Da man de Oficina 360, a Comunidad de Madrid xestiona a atención e espera dos desprazados de Ucrania no Hospital Zendal, que se converteu no punto neurálxico para o seu rexistro.
Estas persoas que chegan soas ou en núcleos familiares deben pasar un protocolo de acollida para tramitar os procesos necesarios para o comezo da súa vida na comunidade. Grazas a Quenda, axilízanse os procesos de xestión e axúdase a dimensionar os postos de atención a estas persoas que tanto tempo levan esperando.
Quenda, de Plexus Tech, é a solución de cita previa e xestión de esperas líder a nivel nacional dentro de Oficina 360, adaptada a todos os sectores como Sanidade, Turismo, Banca, Retail ou Administración Pública.
Comentarios