Créanse seis comisións de traballo abertas á participación dos socios para procurar oportunidades de negocio en nichos estratéxicos

Óscar Santos Rodríguez,

Créanse seis comisións de traballo abertas á participación dos socios para procurar oportunidades de negocio en nichos estratéxicos


Baixo o paraugas do grupo de traballo de Innovación e Demanda Temperá, poñeranse en marcha seis proxectos para a procura de mercados e oportunidades de negocio en nichos estratéxicos. Segundo a proposta presentada polo grupo de traballo e aprobada polo Comité Estratéxico do Cluster na súa reunión do pasado 12 de abril, as comisións ou subgrupos de traballo crearanse arredor de empresas interesadas en dedicar recursos a impulsar un proxecto de demanda temperá en cada unha das áreas seleccionadas.

Cada subgrupo funcionará de maneira autónoma, cun responsable que reportará ao coordinador do grupo de traballo, que neste caso está liderado por Enrique de Miguel, en representación de 2Mares. Os subgrupos están abertos á participación das empresas membros do Cluster. Os interesados en entrar a formar parte dalgunha destas comisións deben poñerse en contacto coa administración do Cluster.

Os subgrupos ou comisións de traballo creadas son os seguintes:

  • A peme do futuro, dedicado a desenvolver un modelo de pequena e mediana empresa xestionada desde os recursos do cloud computing.
  • O barrio dixital, que pretende poñer en marcha un piloto de SmartCity en Galicia, desenvolvendo e instalando plataformas de sensores asociados a cada un dos elementos físicos existentes nos barrios, para servizos públicos e privados, e con especial atención ao transporte e aos servizos de emerxencias.
  • A escola 2.0, que desenvolverá ferramentas para que os centros educativos poidan funcionar cen por cen online, interconectando as escolas e os distintos membros da comunidade educativa.
  • Fidelización de turistasque desenvolverá recursos dixitais para mellorar a experiencia de quen visitan a comunidade autónoma , con servizos de benvida, asistencia permanente e recomendación de contidos, entre outros.  Por medio de aplicacións móbiles, web e helpdesk telefónico.
  • Fidelización comercialproxecto destinado a dotar ao pequeno comercio de ferramentas dixitais de marketing que lles permitan competir coas grandes superficies e centros comerciais.
  • Eficiencia enerxética, orientado ao desenvolvemento de ferramentas TIC neste terreo.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies