O Clúster TIC lanza o programa MARCO POLO para apoiar accións de internacionalización

O Clúster TIC lanza o programa MARCO POLO para apoiar accións de internacionalización


O Clúster TIC Galicia ten como un dos obxectivos principais o de potenciar a relación e a cooperación entre as entidades asociadas para lograr un maior nivel de competitividade que nos sitúe no mapa internacional. Crea alianzas entre empresas, centros de coñecemento e institucións para orientar os esforzos na creación de produtos tecnolóxicos con capacidade internacional, que permita posicionar á industria TIC de Galicia como un referente de prestixio a nivel europeo e mundial.

Máis dun 70% das empresas socias teñen interese, en distinta medida, no proceso de internacionalización e para conxugar os diferentes intereses constituíuse un Grupo de Traballo Internacionalización no que participan 17 empresas socias e que ten como finalidade marcar as accións estratéxicas do Clúster en materia de internacionalización.

Froito das distintas reunións do Grupo e para desenvolver o proxecto ‘XportaTIC’ nace o Programa MARCO POLO co que se procura pór en coñecemento das empresas que teñen interese en abrirse a mercados de fóra de España as experiencias acumuladas de outras empresas que xa abriron camiño e deste xeito aproveitar as súas recomendacións e consellos.

Converxencia de capacidades e intereses. Novas fórmulas de expansión
No Clúster temos a máis de 20 empresas multinacionais, espalladas por 74 países dos cinco continentes, sumando conxuntamente máis de 300 sedes. Tamén temos a empresas sen sede internacional mais con persoal comercial en destino. Dous factores importantes que se poden compartir grazas á xenerosidade e disposición de cooperación que teñen as empresas socias. Esta situación permítenos abrir novas oportunidades e fórmulas para a internacionalización.

Programa Marco Polo – Referencias para a internacionalización
As empresas que están estudando e valorando a posibilidade de comezar o camiño da internacionalización poden facer unha análise máis profunda e real a través das experiencias e coñecementos das que xa pasaron eses primeiros comezos. Unha visión que mingua riscos e incrementa alianzas, procuraremos fortalecer o factor “arrastre”.

O programa executarase en sesións mensuais. Cada mes teremos oportunidade de coñecer métodos de implantación de distintos produtos e servizos en distintos países. Tamén saberemos se a empresa xa internacionalizada pode acompañar ou comercializar outros produtos.

Previamente a cada sesión iremos facendo difusión das empresas que participan e os principais temas que expoñerá.

En medios:

Código Cero | O Clúster impulsa un proxecto para achegar enerxía colectiva ao pulo internacional das nosas empresas

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies