O Clúster TIC estreita relacións con Latinoamérica

O Clúster TIC estreita relacións con Latinoamérica


O Clúster TIC Galicia desenvolverá esta semana a II Misión Comercial Inversa centrando obxectivos e esforzos para a apertura de negocio en países latinoamericanos.

Despois da primeira Misión celebrada o pasado mes de novembro con entidades de sete países latinoamericanos, o presidente do Clúster, Antonio Rodríguez del Corral viaxou a Colombia dentro da viaxe institucional programada pola Xunta de Galicia. Froito das reunións mantidas nesta viaxe, e vendo que os intereses confluían coas empresas socias, o Clúster organiza esta segunda Misión para facilitar as relacións comerciais entre as TIC galegas e colombianas.

Do 10 ao 14 de xuño teremos a  oportunidade de coñecer e establecer marcos de negocio con  representantes de empresas e entidades de Colombia, Ecuador e Portugal. Unha oportunidade de abrirnos a novos mercados buscando a fórmula internacionalizadora que mellor se adecúe aos nosos perfís (socio local, partner, establecemento de sede propia, etc.). Unha iniciativa que é eixo estratéxico no Clúster TIC e que se enmarca na política de fomento da internacionalización dos clústeres galegos promovida polo IGAPE.

Nesta ocasión convidouse, ademais de a potenciais clientes empresariais identificados por asociados do Clúster TIC, a entidades intermedias como Ruta N Medellín-Medellinnovation, Cluster TIC de Medellín, a Federación Colombiana de Industrias del Software y Tecnologías de la Información e ao  Pólo das Tecnologias de Informação, Comunicação e Electrónica - TICE.PT; xa que comparten co Clúster TIC liñas estratéxicas entre as que caben destacar as tecnoloxías de Internet das Cousas, as TICs para a eficiencia enerxética e as innovacións no ámbito da sanidade.

Ao longo da súa estancia, o Clúster realizará presentacións e visitas a empresas e institucións galegas para que os participantes teñan unha visión ampla e actualizada da economía galega, dos proxectos de I+D que se están executando neste momento e das capacidades e potencialidades do sector das tecnoloxías da información e das comunicacións. 

Participantes locais na Misión
Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).- Principal organismo de apoio á internacionalización das empresas, responsable da política de clústeres en Galicia e coordinador da Axenda para a Competitividade Industrial de Galicia – Industria 4.0
Organismos I+D+i TIC en Galicia.-
Centro de investigación en Tecnoloxías da Información e a Comunicación – Universidade de Vigo (AtlantTIC), Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA), Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións – Universidade de A Coruña (CITIC), Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información – Universidade de Santiago de Compostela (CiTiUS) e Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (GRADIANT).
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
.- Responsable dos programas de apoio á I+D e da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) para Galicia.
Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde da Xunta de Galicia (SERGAS)
.- Principal impulsor de dous grandes proxectos de innovación con forte compoñente TIC no ámbito sanitario, InnovaSaúde e Hospital 2050
Coruña Smart City
.- Proxecto pioneiro en Galicia para as cidades intelixentes
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
.- Encargada das políticas TIC da Administración Pública mediante o programa TransformaTIC e a Axenda Dixital de Galicia  

Participantes Internacionais na Misión

Cluster TIC de Medellín
.- Organismo que aglutina as entidades TIC das zonas de Medellín e Antioquía en Colombia
Ruta N –Medellinnovation
.- Centro de Innovación e Negocios creado pola Alcaldía de Medellín, UNE y EPM
FEDESOFT.- Federación Colombiana de Industrias do Software e Tecnoloxías da Información
FEDESOFT – VERTICAL DE LA SALUD.- Representante específico da vertical de saúde de FEDESOFT
TICE.PT
.- Organismo que agrupa as entidades TIC, públicas e privadas, de todo Portugal
Globalmedia Telecomunicaciones
.- Operador colombiano de telecomunicacións
Heinsohn.- Empresa colombiana especializada no desenvolvemento e implementación de software empresarial
Internexa
.- Provedor colombiano de redes e servizos de telecomunicacións
PuntoFácil
.- Empresa colombiana de distribución de recargas
Ubiquo Telemedicina
.- Desenvolvemento de proxectos TIC no ámbito sanitario (Colombia)
Teleamazonas
.- Operador de telecomunicacións en Ecuador  

A posta en marcha desta Misión Inversa alíñase coa política de clústeres que se impulsa desde a Unión Europea e responde a unha das prioridades do sector TIC galego, como é a necesidade de sumar forzas entre empresas e entidades para desenvolver plataformas de acceso aos mercados onde hai importantes oportunidades de crecemento, como son neste caso os mercados latinoamericanos. A iniciativa conta coa cofinanciación do IGAPE e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a través da liña de axudas aos organismos intermedios para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización das empresas galegas.

En medios:

Código Cero | Ábrense novos vieiros para o espallamento das nosas firmas coa segunda Misión Comercial Inversa

eco Revista do Eixo Atlántico | O Clúster TIC estreita relacións con Iberoamérica

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies