Baixo o marco de colaboración asinado polos alcaldes de A Couña e Oporto para o desenvolvemento conxunto de iniciativas no marco dos proxectos Smart City que están executando as dúas cidades do Eixo Atlántico, o Clúster TIC Galicia e o TICE.PT asinaron un Memorando de Entendemento para crear a alianza estratéxica “NorteSmartCities-Hub”.
O seu principal obxectivo será promover, e presentar a convocatorias internacionais, proxectos colaborativos en materia de Smart Cities nos que participen as empresas das dúas entidades. Tamén se organizarán actividades conxuntas de difusión e xeración de ideas en torno as tecnoloxías para as Smartcities con especial foco na Internet das Cousas, Intelixencia Artificial e e-Government.
Unha nova alianza que se aliña coa estratexia do Clúster para potenciar a creación de proxectos colaborativos que xeran oportunidades para as empresas socias e que os lanza a novos mercados internacionais.
En medios:
La Opinión A Coruña | A Coruña y Oporto colaboran en la promoción de las smart cities
Smart Cities | CLUSTERS PORTUGUÊS E ESPANHOL VÃO CRIAR “NORTESMARTCITIES-HUB”
Comentarios