11 decembro 2014
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Axencia de Turismo, o Clúster Turismo de Galicia e o Clúster TIC galego, organiza o día 18 de decembro, no Salón de Actos do edificio CINC da Cidade da Cultura, unha xornada sobre retos e oportunidades tecnolóxicas para o sector do turismo.Esta xornada supón un punto de encontro entre as empresas do sector tecnolóxico e as do sector turístico para abordar os retos pendentes na aplicación das novas tecnoloxías ao turismo e amosaranse, de forma práctica, as solucións máis innovadoras que existen a día de hoxe para ...
4 decembro 2014
Co éxito da Primeira Misión Comercial Inversa organizada polo Clúster, o sector TIC galego deu un paso decisivo para abirse as portas dos mercados latinoamericanos. A Misión, que se desenvolveu entre os días 27 e 30 de novembro, trouxo a Galicia a representantes de nove entidades procedentes de Brasil, Uruguai, Chile, Panamá e Honduras. Estas entidades pertencen aos sectores da telefonía, a televisión, os servizos de Internet, a xestión hospitalaria, o hardware, o software e a consultoría.Ao longo de catro xornadas, os representantes destas firmas obtiveron unha visión ampla e actualizada da economía galega e das potencialidades do seu ...
27 novembro 2014
Representantes de empresas de sete países latinoamericanos visitarán Galicia entre os días 27 e 30 de novembro, na primeira Misión Comercial Inversa organizada polo Clúster TIC. O obxectivo da iniciativa, que se enmarca na política de fomento da internacionalización dos clústers galegos promovida polo IGAPE, é reforzar relacións comerciais entre firmas galegas do sector TIC e clientes en Latinoamérica, así como abrir mercados para a industria galega naquel continente.As empresas convidadas proceden de Brasil, México, Chile, Colombia, Perú, Panamá e Honduras, e pertencen aos sectores da telefonía, a televisión, os servizos de internet, a xestión hospitalaria, o hardware, o ...
18 novembro 2014
O venres 14 de novembro, desenvolveuse en Santiago de Compostela "Clúster TIC Capital Network", o evento de investimento de referencia no sector en Galicia (antiguo Vindeira Capital Network), que chegou á súa quinta edición. Nesta ocasión reuniu nunha única xornada a nove emprendedores que presentaron os seus proxectos ante unha decena de investidores privados. De xeito agregado, estes nove proxectos buscan un financiamento de algo máis de catro millóns de euros, con necesidades que van dende o capital semente (30.000 euros) ata o capital expansión (1,75 millóns). Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC Galicia, salientou en ...
24 outubro 2014
O Clúster TIC Galicia colabora neste evento e ofrécelle aos socios convites profesionais de empresa que lles permitirá acceder de xeito gratuíto ao programa de conferencias do evento. As “VI Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial”, organizadas pola Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo, terán lugar do 3 ao 7 de novembro no Auditorio del Centro Social AFUNDACIÓN en Vigo. O evento contará coas ponencias de técnicos responsables de produto de empresas multinacionais fabricantes de solucións industriais e líderes no seu sector; e de profesionais de industrias, institucións e centros tecnolóxicos con recoñecido ...
15 outubro 2014
O encontro está organizado polo Concello de Vigo, a Axencia da Enerxía de Vigo e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.Nas xornadas “Smart Cities & Communities” enfocadas a profesionais do sector, expertos de recoñecido prestixio, empresas líderes a nivel estatal e decisores municipais, debaterase e profundizará, de forma integradora, aspectos relacionados coas novas tecnoloxías no ámbito das Smart Cities, a xestión intelixente dos recursos e a transformación urbana que conleva. O prazo de inscrición remata o 14 de novembro!O programa está dividido en bloques temáticos e deste xeito o martes 25 tratarase A sociedade ...
7 outubro 2014
Esta semana remata o prazo para a presentación de proxectos aspirantes a participar na quinta edición do encontro entre emprendedores e investidores do Clúster TIC Galicia. Os interesados poden enviar os seus proxectos ata o próximo domingo, día 12 de outubro, cubrindo o formulario online. Tamén poden solicitar información a través do teléfono 881 939 651 ou da dirección de correo electrónico info@clusterticgalicia.com.O obxectivo de Clúster TIC Capital Network é apoiar a creación e o crecemento de empresas de base tecnolóxica en Galicia, así como facilitar procesos de co-investimento mediante a atracción de investidores privados que complementen ...
19 setembro 2014
O Clúster TIC Galicia comeza unha campaña de expansión para incrementar a súa base empresarial e ampliar as capacidades ante os grandes retos abertos dentro das estratexias de especialización. O sector TIC é o referente para o cambio de modelo económico que se busca. A innovación, a especialización e a internacionalización son os eixos básicos nas estratexias europeas, estatais e autonómicas e as TIC galegas teñen que adaptarse, especializarse e colaborar para poder estar á fronte desta transformación social e económica. Temos coñecemento, temos empresas e sabemos do potencial mais o volume empresarial maioritario existente, limita as capacidades ...
11 setembro 2014
FORO INVESTIMENTO CLÚSTER TIC CAPITAL NETWORK O Clúster TIC Galicia abre a inscrición para participar no foro de emprendedores-investidores CLÚSTER TIC CAPITAL NETWORK. A maior iniciativa de investimento TIC de Galicia na que se identifican oportunidades de negocio e mecanismos de financiamento para apoiar a creación e ampliación de EBTs, así como a de facilitar os procesos de co-investimento en proxectos mediante a atracción de investidores privados que complementen os mecanismos de investimento público existentes. QUÉN SE PODE PRESENTAR? Emprendedores, startups e empresas de base tecnolóxica que teñan ou non produto no mercado; que se atopen nun proceso ...
4 setembro 2014
O Clúster TIC Galicia (colaborador homologado) en colaboración coa Amtega e o CDTIC, organizaron a xornada na que explicaron en detalle as axudas abertas polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo a través da Entidade Pública Empresarial Red.es para "Mentoring en comercio electrónico". Este programa conta cun total de 18 millóns de euros e cada solicitude pode acadar 15.000€ de axuda. O prazo de presentación remata o 9 de setembro.Na xornada contamos coa participación de Antonio Rodríguez del Corral, Presidente do Clúster TIC Galicia que fixo a presentación do Clúster como entidade colaboradora e animou aos ...
29 agosto 2014
O Clúster TIC reforzará a súa colaboración co Centro Demostrador TIC, prestándolle apoio nos novos servizos que vai poñer en marcha. En particular, na resposta ás consultas vía web que plantexen as pemes e os profesionais autónomos, que o CDTIC se compromete a resolver nun prazo máximo de 96 horas. Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster, ofreceu este apoio na rolda de prensa que compartiu con Mar Pereira, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e Francisco Javier Pérez Bello, presidente da Federación de Autónomos de Galicia. Del Corral felicitou á Amtega por ter posto en ...
1 agosto 2014
O Ministerio de Industria, Energía y Turismo, a través da Entidade Pública Empresarial Red.es, seleccionou ao Clúster TIC Galicia como empresa colaboradora do seu terceiro programa de axudas ‘Mentoring en comercio electrónico’, que conta cun orzamento total de 18 millóns de euros destinados ás axudas. O Clúster executará este proxecto a través das empresas socias AACCENTIA, ABERTAL, AVA e VISUAL PUBLINET. O objetivo deste programa é axudar a pemes e autónomos a adoptar unha estratexia e unha plataforma de comercio electrónico que lle permita posicionarse en Internet e expandir e potenciar o seu negocio. O Clúster TIC Galicia ...
23 xullo 2014
A Asociación Punto.gal presentou aos 93 primeiros rexistros .gal. Un número reducido para garantir a estabilidade e o funcionamento do domino. No marco do Programa Pioneiros fíxose un primeiro e exclusivo rexistro de dominios que terán a anticipación de uso preferente durante catro meses. Un destes é a marca do Clúster: clustertic.gal!Os parabéns á organización por este logro e facemos unha chamada de respaldo a esta iniciativa para que a identidade que nos é propia se extenda pola rede!
10 xullo 2014
Os proxectos, cofinanciados nun 50% polo IGAPE e o FEDER, teñen o obxectivo de facilitar e mellorar a xestión e adecuar ás empresas ás novas demandas legais. eFactura.- Unha plataforma que se integra con xestores de contabilidade e cos ERPs das empresas. Con esta ferramenta adecuámonos as obrigas legais, tanto o emisor como o receptor da factura electrónica. UNE-TIC.- Implantación e certificación da norma UNE 166002 que mellora a xestión da I+D+i, permitindo optimizar os procesos de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica. Ademais das melloras de xestión a súa implantación leva vantaxes económicas xa que as ...
26 xuño 2014
O Clúster dou conta das actividades e avances realizados nestes meses para a consecución dos seus obxectivos. Informou das reunións e compromisos acadados con: Consellería Economía e Industria, IGAPE, Dirección Xeral de Comercio, Turismo, Axencia de Innovación (GAIN), Axencia de Modernización (AMTEGA), Universidade de Vigo, Universidade de Coruña, Centros Tecnolóxicos e clústeres europeos. Estas xuntanzas teñen por finalidade a de presentar as liñas estratéxicas do Clúster para buscar o aliñamento, coordinación e potenciación coas liñas e accións a desenvolver polas distintas administracións e entidades de referencia para o sector TIC. O apoio a emprendedores e a creación de consorcios empresariais ...
20 xuño 2014
O xoves 3 de xullo pola mañá, terá lugar na Coruña, no Edificio CITIC (Campus de Elviña), a xornada técnica "Tecnoloxías Intelixentes: aplicacións e oportunidades de negocio", organizada polo Clúster TIC Galicia e o CITIC, na que os asistentes poderán coñecer de primeira man, a través de demos, o potencial das tecnoloxías intelixentes. Lístanse a continuación as principais temáticas e proxectos que serán presentados: Localización en interiores: proxecto inLOC Aproveitamento de infraestruturas alternativas aos sistemas GPS, para o seu uso en interiores, sobre todo WiFi pero sen esquecer Bluetooth Low Energy ou Ultrawideband.» Máis información sobre o proxecto Vídeo ...
12 xuño 2014
Convocatoria de Asemblea Xeral OrdinariaDía: 26 de xuñoHora: 17:30 h. en primeira convocatoria e 18:00 h. en segundaLugar: Edificio FEUGA - Rúa Lope Gómez de Marzoa (Campus Vida) - Santiago de CompostelaORDE DO DÍA1. Lectura da Acta anterior e aprobación se procede 2. Ratificación de altas e baixas 3. Presentación e aprobación, se procede, da proposta de actividades para o ano 2014 4. Presentación e aprobación, se procede, do orzamento previsto para o ano 2014 5. Rogos e preguntas Lembramos que:A delegación de voto está limitada, segundo o artigo 28 dos Estatutos a un máximo do ...
4 xuño 2014
O meu nome é Juan José Rivero nacín en Vigo en 1963. Son Enxeñeiro Superior Industrial pola Universidade de Vigo e levo toda a miña vida profesional dedicada aos servizos TIC. Comecei a miña carreira profesional no ano 1987 no departamento de sistemas de PSA, posteriormente, no ano 2000, integreime na equipa de Comunitel para desenvolver os servizos de IT para clientes e, finalmente, no ano 2012 incorpórome a Seidor cunha dobre función; por un lado como Director da Delegación de Galicia e por outro como director da Unidade de Servizos de Data Center e Outsourcing da compañía. Qué destacaría ...
2 xuño 2014
Son Fran Rodríguez e actualmente exerzo a miña actividade profesional como Profesor Contratado Doutor da ESEI (Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo) da que son tamén Subdirector. A maior parte da miña actividade estivo e está, relacionada co ámbito universitario docente e de transferencia de coñecemento (primeiro no Laboratorio de Bases de Datos da UDC e actualmente no Laboratorio de Informática Aplicada da Uvigo). No Clúster TIC represento ao Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia do que son membro da súa Xunta de Goberno dende hai 3 anos. Qué destacarías da reforma estatutaria? A reforma ...
30 maio 2014
Data de nacemento: 4 de xaneiro de 1971. Casado con 3 fillos. Responsable: Coordinación dos distintos departamentos de VISUAL PUBLINET SL, con especial fincapé na área comercial de Proxectos, Marketing, Consultoría empresarial na rede, ademais do labor de xestión da empresa. Asesor e consultor sénior para empresas que desexan desenvolver e potenciar a súa presenza e comunicación na rede. Especializado en Sistemas da Información para a Proxección Económica de empresas no noso medio INTERNET. Con vocación comercial, emprendedora e de xestión empresarial.Traxectoria: Representante de Intel Ibérica para a Rexión Noroeste de España, ao igual que para Norton, Simantec, Ingrand ...
27 xaneiro 2015
Realizarase unha enquisa online anónima en centros de educación secundaria da ComunidadeOs resultados, que se coñecerán no verán, servirán para abordar posibles medidas de difusión das diversas saídas laborais destas carreirasSó o 9% dos estudantes universitarios galegos están matriculados en carreiras científico-tecnolóxicasGalicia é a quinta Comunidade con máis empresas TIC de España e o sector tecnolóxico galego mantivo o emprego por riba dos 15.000 traballadores nos últimos catro anos Coñecer as causas da baixa porcentaxe de matriculados en estudos tecnolóxicos en Galicia e poder abordar medidas que axuden a difundir as diversas saídas laborais destas ...
27 xaneiro 2015
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), co gallo do Día Europeo da Protección de Datos que se conmemora o mércores 28 de xaneiro, quere pór de relevo unha serie de recomendacións dirixidas á cidadanía en xeral. Así mesmo, programou diferentes actividades divulgativas, entre elas un stand informativo que estará no Centro Comercial Compostela de 19 a 22 H. atendido por unha colexiada, quen lles explicará aos clientes de El Corte Inglés cómo salvagardar os seus datos persoais. O CPEIG considera de moito interese que a sociedade galega tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da ...
18 decembro 2014
A socia directora de imaxin|software, Luz Castro, viaxou o pasado martes a Barcelona para asinar con representantes de Marinva un acordo para cooperar no desenvolvemento de produtos multimedia de calidade pedagóxica, onde o xogo e a actividade lúdica sexan o eixo central metodolóxico e estratéxico. A experiencia de ambas empresas de máis de 15 anos e a colaboración de forma constante durante os 3 últimos anos, son os motores que puxeron a andar este novo proxecto: por unha banda imaxin|software como empresa de servizos software que conta cun departamento de multimedia especializado na creación e desenvolvemento de ...
10 decembro 2014
Nos últimos anos, os smartphones ocupan unha parte significativa das nosas vidas. Cada vez son máis os obxectos conectados do noso fogar ou traballo cos que podemos interaccionar desde os nosos teléfonos intelixentes. E nas viaxes, os coches tamén se converteron nun elemento co que podemos ter unha relación directa desde os dispositivos móbiles.Para lanzar novas ideas e aplicacións sobre os coches conectados (Connected Cars), PSA Peugeot Citroën organizou durante o pasado verán unha competición internacional na que participaron empresas de todo o mundo desenvolvendo novas ferramentas que fan uso de los datos de los vehículos. Estes días acaba ...
10 decembro 2014
A start up galega Cilenis lanza Linguakit, un innovador portal online multilingüe que proporciona un acceso cómodo, rápido, asequible e sinxelo a multitude de instrumentos tecnolóxicos para o uso e o estudo de catro linguas: galego, español, inglés e portugués. Trátase do primeiro portal de recursos lingüísticos para este grupo de idiomas e, moi especialmente, para o galego, que disporá por primeira vez de ferramentas ata agora só accesibles para o inglés e o castelán. Esta importante achega de Cilenis, unha novísima empresa tecnolóxica xurdida ao abeiro da USC, facilitará a aprendizaxe e a corrección no uso destas linguas apoiándose ...
3 novembro 2014
PLEXUS vén de anunciar un acordo estratéxico con LENOVO, un dos fabricantes de ordenadores máis importantes do mundo, para ofertar conxuntamente en Galicia os produtos de dita multinacional.Antonio Agrasar, conselleiro delegado de PLEXUS, declarou que esta alianza con LENOVO supón un "afianzamento dunha relación profesional de anos cun provedor de excelentes rendementos para os clientes", e que para a empresa que dirixe "representa un paso decisivo na consolidación dun catálogo de produtos e servizos máis amplo, a posibilidade de realizar ofertas máis competitivas e a garantía de poder ofrecer en tempo real ao mercado galego os produtos de vangarda ...
16 outubro 2014
A editora de videoxogos Iberian Games contará con un espazo propio na feira do sector MADRID GAMES WEEK, que se desenvolverá dende hoxe xoves 16 ate o domingo 19 de outubro no pavillón 8 de IFEMA. A empresa compostelana aproveitará o evento para facer a presentación de lanzamento de dous novos videoxogos para dispositivos móbiles. Trátase de un puzzle lóxico denominado COLORMANIA 2015 e dun xogo tipo Arcade chamado SPACE FIGHTERS INVADERS, un clásico “matamarcianos” que nos recorda ás máquinas de videoxogos que poboaban os bares nos anos 80 e 90. Con estes, son xa catro os xogos que IBERIAN ...
2 outubro 2014
Co obxectivo de reforzar a súa estratexia de especialización sectorial, Coremain vén de dar un novo paso coa incorporación de dous profesionais, que asumen a responsabilidade de liderar o desenvolvemento de negocio en dous dos sectores clave polos que ten apostado a compañía: Sanidade e Telecom. A compañía que xa é un referente no ámbito sanitario, xa que contribuíu cos seus proxectos á modernización dos sistemas informáticos da sanidade española, vén de incorporar a José Outón Bouzas, quen atesoura máis de 20 anos de experiencia no sector e posúe formación específica na área sanitaria, para responsabilizarse do desenvolvemento de negocio ...
22 setembro 2014
O líder en distribución de produtos electrónicos prepago, DISASHOP, con sede en Betanzos, foi unha das cinco empresas españolas participantes na Super Mobility Week 2014 que tivo lugar na cidade estadounidense de Las Vegas os días 9, 10 e 11 de setembro. Celebrada de forma anual, a Super Mobility Week é a feira internacional de telefonía móbil máis importante de Norteamérica e nela preséntanse as últimas novidades e innovacións do sector. Calcúlase que acudiron ao evento un total de 40.000 profesionais das telecomunicacións e o acto foi cuberto por máis de 1.000 medios de comunicación procedentes de todo ...
27 agosto 2014
A Feira Internacional de Medios Electrónicos IBC2014 abrirá as súas portas entre o 12 e o 16 de setembro no RAI Convention Center de Amsterdam. Como cada ano Egatel estará alí para presentar as últimas novidades en Transmisores de TV, e particularmente nesta edición, mostrando a súa nova liña de produtos no campo dos transceptores satelitais.No stand 8.D40 poderanse ver os novos Transmisores de TV de Alta Eficiencia - Banda Ancha da Serie WHET (Wideband High Efficiency Transmitters), tanto en refrixeración líquida como aire. A tecnoloxía Doherty que optimiza a eficiencia dos transmisores é por vez primeira Banda Ancha ...
22 agosto 2014
O máximo directivo de Discalis, Chema de la Torre, incorpórase a Coremain como director de tecnoloxía, cerrando así o proceso de adquisición da liña de negocio do sector de telecomunicacións de Discalis por parte de Coremain. No acordo alcanzado incluíase a incorporación de este executivo ao comité de dirección e ao consello de administración da consultora.Chema de la Torre é enxeñeiro informático e desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional no ámbito das TI. Inicialmente estivo vinculado a Comunitel Global até que a compañía foi adquirida por Vodafone, no ano 2009, momento no que decidiu dedicarse por completo ...
31 xullo 2014
Expertos en comunicación e novas tecnoloxías reuniranse o vindeiro 18 de setembro en Compostela da man do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) co gallo da xornada Xornalismo, datos e redes sociais. O encontro, organizado polo colexio en colaboración coa Amtega, desenvolverase na Facultade de Ciencias da Comunicación de 9.00 a 18.00 horas e permitiralles aos asistentes afondar na influencia das TI no labor xornalístico. A inscrición, aberta ata o 16 de setembro, é gratuíta a través da web www.cpeig.org ou do enderezo electrónico eventos@cpeig.org. O presidente do CPEIG, Fernando ...
23 xullo 2014
A poboación dos concellos de Santiago e da súa área de influencia xa pode beneficiarse das vantaxes da nova aplicación Ganga!. O obxectivo é facilitarlle ao pequeno comercio unha canle de comunicación permanente co seu cliente, quen recibirá no seu dispositivo móbil información puntual e actualizada das promocións e descontos que haxa cada día nas tendas da súa contorna. Preto de douscentos establecementos e profesionais de diversos sectores situados nos concellos de Santiago, Negreira e Ames xa se adheriron a esta plataforma piloto, que aspira a implantarse progresivamente en todos os concellos galegos e a converterse en referencia para os ...
21 xullo 2014
O concello de Boqueixón acolleu a presentación da aplicación City4boqueixón, a cargo do alcalde, Jesús Sanjuás Mera, e o responsable de Implantación de eLABORO, SL, Pablo Garrido. Trátase dunha innovadora ferramenta que nace para potenciar a interacción entre os veciños e a Administración local, ao facilitarlle á poboación unha nova canle de comunicación co Goberno municipal. Todas as persoas que dispoñan dun dispositivo Android xa poden descargarse de balde a aplicación de Google Play e notificarlle directamente ao concello calquera incidencia, colaborando así nunha máis áxil solución. Ademais de recibir as notificacións por parte dos veciños, City4boqueixón permítelles aos ...
2 xullo 2014
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza, en colaboración coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), o seminario Axenda Dixital Europea e Redes Transeuropeas que, desde unha perspectiva da UE, española e autonómica, proporcionará unha visión xeral das políticas dixitais a eses tres niveis, ilustradas mediante a presentación das axendas dixitais da UE, de España e a relación existente entre elas.Un destacado elenco de especialistas internacionais, de ámbito español e galego incidirán, durante os vindeiros días 9 e 10 de xullo, na importancia da interoperabilidade coma un requisito necesario para a interconexión dos sistemas informáticos ...
18 xuño 2014
Coremain, representada polo seu director xeral Luís Sestelo, foi unha das dúas empresas españolas seleccionadas para contar a súa experiencia de internacionalización en México, no programa Made in Spain que emite Radio Exterior de España.A emisión deste especial enmarcouse no foro empresarial entre España e México, organizado polo Banco Popular, con motivo da recente visita a España do presidente do país Norteamericano, Enrique Peña Nieto. Para analizar as relacións entre ambos países e as tendencias actuais do mercado, Made in Spain contou coa presenza do director de Banca de Clientes do Banco Popular, Miguel Ángel Luna; o director rexional ...
11 xuño 2014
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza mañá xoves, día 12 de xuño, unha conferencia do Chief It Advisor da Comisión Europea, Francisco García Morán, sobre as Oportunidades de negocio para as empresas TIC nas Institucións da UE. Será na sede da Escola Galega de Administración Pública (Egap) a partir das seis da tarde.O relator realizará unha breve descrición da UE e as súas institucións, ademais de analizar a Axenda Dixital Europea. Así mesmo, abordará a organización informática das institucións da UE, en particular a da Comisión Europea. García Morán analizará as ferramentas para a ...
9 xuño 2014
Egatel acudirá como cada ano á BroadcastAsia 2014, para presentar as súas últimas novidades en transmisores de TV. A exposición dedicada a Tecnoloxías Dixitais Multimedia e de Entretemento terá lugar no Hotel Marina Bay Sands entre o 17 e o 20 de xuño en Singapur. Egatel presentará no stand 5K6-05 os seus novos Transmisores de TV de Alta Eficiencia - Banda Ancha da Serie WHET (Wideband High Efficiency Transmitters). A solución Doherty que optimiza a eficiencia dos transmisores é por vez primeira Banda Ancha, o que significa que é aplicable a toda a banda UHF e non será preciso que os ...
5 xuño 2014
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de fallar o Premio Proxecto Fin de Carreira, que nesta sexta edición da Noite da Enxeñaría en Informática distingue a Adrián Pérez Diéguez ( Pontevedra, 1990), quen presentou o proxecto Programación de Algoritmos de Redución nunha GPU. En palabras do propio gañador, o traballo premiado responde a que “as tarxetas gráficas acadaron na actualidade un gran poder computacional, e estanse a utilizar para facer complexos cálculos científicos a moita máis velocidade ca dun procesador. Neste proxecto desenvolvemos unha librería matemática, moi utilizada por exemplo en simulacións de ciencias ...
4 xuño 2014
O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira Gallardo, e o director de Organización de eLABORO, SL, Carlos Martínez, presentaron hoxe a aplicación City4santacomba. A capital do Xallas únese así aos concellos galegos que apostan por facilitarlles aos seus veciños a comunicación coa Administración local, permitíndolles o acceso desde os seus dispositivos móbiles ao directorio municipal, ás novas publicadas polo concello e a información xenérica do municipio, así como a notificación inmediata e directa de calquera incidencia detectada no municipio. Trátase dunha nova canle de comunicación bidireccional, xa que o concello tamén poderá emitir avisos urxentes, xerando así un “bando municipal ...
22 novembro 2021
O director científico do CiTIUS, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na Universidade de Santiago de Compostela, recibiu o pasado xoves en Madrid o galardón que recoñece a súa traxectoria investigadora na cerimonia de entrega dos Premios de Investigación Sociedade Científica Informática de España – Fundación BBVA 2020-2021.
«É unha honra inmensa. O meu agradecemento ao xurado, á SCIE e á Fundación BBVA non só polo galardón, senón tamén porque a través dos premios nacionais prestigian a investigación española en informática». Senén Barro, director científico do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago ...
22 outubro 2021
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha unha nova edición do Programa Tecnólog@ por un día, que volve a ofrecer a estudantes de 12 a 17 anos a oportunidade de experimentar, en primeira persoa, unha xornada laboral con profesionais das empresas do sector TIC en Galicia. A iniciativa desenvólvese no marco do Plan de Promoción de Talento Dixital de Galicia DigiTalent.
Nesta edición, retómase a presencialidade do programa e ofreceranse 66 prazas, grazas a colaboración de 6 empresas tecnolóxicas que, xunto coa Amtega, posibilitarán a experiencia de acoller a “Tecnólog@s por un día”: Altia ...
23 xuño 2021
A oportunidade que ten Galicia de especializarse en intelixencia artificial foi un dos argumentos da xornada coa que hoxe comezou a súa actividade o centro GaiásTech da Xunta, que ocupa unha superficie de 500 metros cadrados na Cidade da Cultura.
A xornada de traballo estivo precedida das intervencións da directora da Amtega, Mar Pereira, e da directora da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez. Así mesmo, o director da Área de Sociedade Dixital da Amtega, Miguel Rodríguez, ofreceu unha visión global do proceso de transformación dixital de Galicia que se reflicte na plataforma DixiTerrae.
A xornada técnica inaugural, baixo ...
22 xuño 2021
Un equipo de investigación interdisciplinar con participación do IGFAEcreou un prototipo para a detección de gas radon, un sistema modularpara monitorar e controlar a concentración de radon en contornaspechadas, de forma automática e a distancia
O gas radon é a maior fonte de exposición a radiación natural enhumanos e causa entre o 3 e o 14% dos casos de cancro de pulmón
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC colaborou no deseño e desenvolvemento dun prototipo para a detección de gas radon en edificacio ...
22 xuño 2018
A Asemblea Xeral Ordinaria do Clúster TIC de Galicia incluirá na edición do 28 de xuño de 2018 unha serie de mesas de traballo nas que os asociados poderán debatir sobre algúns dos temas máis relevantes no eido das novas tecnoloxías da comunicación. Estas mesas serán espazos físicos nos que, dende as 13:20 ata as 14:45 os asistentes exporán o estado e posibilidades de participación e influencia do Clúster TIC. Os asociados están convidados a formar parte deste evento previo á asemblea. Tamén se ofrecerá un xantar de networking ...
8 novembro 2016
Un ano máis, co obxectivo de estimular e recoñecer o traballo de todos os axentes comprometidos co desenvolvemento do tecido produtivo baseado na Sociedade da Información, convócase unha nova edición dos Premios Clúster TIC Galicia. Esta iniciativa pon de relevo ante a sociedade o labor das empresas, profesionais ou entidades que deseñan, programan, desenvolven, implantan ou usan produtos ou servizos galegos que teñen na innovación e no uso das novas tecnoloxías a súa razón de ser.Os galardóns convócanse en seis categorías: Innovación, Internacionalización, Liderado TIC, Start-ups e Software Libre, ás que se lles une nesta edición a categoría de ...
27 outubro 2015
O Comité Avaliador Experto dos Premios Clúster TIC Galicia vén de dar a coñecer aos finalistas das 5 categorías. Unha selección complicada dado o alto nivel das 34 candidaturas presentadas.Os finalistas son:Categoría Innovación:o AVANSIG (A Coruña)o EGATEL (San Cibrao das Viñas)o SINERGIA G6 (O Porriño) Categoría Internacionalización:o IGALIA (A Coruña)o Quobis (O Porriño)o Optare Solutions (Vigo) Categoría Liderado TIC:o ALTIA CONSULTORES (A Coruña)o CPEIG (Santiago de Compostela)o HEWLETT PACKARD SERVICIOS (Santiago de Compostela) Categoría Startup:o APPENTRA SOLUTIONS (A ...
19 abril 2012
Baixo o paraugas do grupo de traballo de Innovación e Demanda Temperá, poñeranse en marcha seis proxectos para a procura de mercados e oportunidades de negocio en nichos estratéxicos. Segundo a proposta presentada polo grupo de traballo e aprobada polo Comité Estratéxico do Cluster na súa reunión do pasado 12 de abril, as comisións ou subgrupos de traballo crearanse arredor de empresas interesadas en dedicar recursos a impulsar un proxecto de demanda temperá en cada unha das áreas seleccionadas.Cada subgrupo funcionará de maneira autónoma, cun responsable que reportará ao coordinador do grupo de traballo, que neste caso está liderado ...
9 marzo 2012
O grupo de traballo Innovación e Demanda Temperá traballará na posta en marcha de sete comisións para impulsar cada un dos proxectos seleccionados de ente a axenda estratéxica de I+D+i proposta por Vindeira e aprobada polo Comité de Dirección e o Comité Estratéxico do Cluster.As comisións ou subgrupos de traballo crearanse arredor de empresas interesadas en dedicar recursos a impulsar un proxecto de demanda temperá en cada unha das áreas seleccionadas. Unha vez acadada unha masa crítica mínima de empresas interesadas en cada proxecto, o subgrupo porase en marcha e funcionará de maneira autónoma. Haberá un coordinador ...
2 marzo 2012
O próximo luns, 5 de marzo, reunirase o grupo de traballo de Globalizción e Internacionalización para pulir os últimos detalles do Plan de Internacionalización do sector TIC galego. A elaboración dunha estratexia para dar un forte pulo á saída aos mercados exteriores das empresas do eido das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións é un compromiso adquirido polo Cluster ante a Consellería de Economía e Industria, e conta co apoio expreso da administración galega. Este plan, que está xa moi avanzado na súa elaboración, marcará obxectivos ambiciosos que deberán ser acadados nos próximos tres anos, e fixará como mercados preferentes ...
1 abril 2011
O grupo de Traballo de Formación rematou a elaboración da enquisa de necesidades formativas, tendo aprobado as conclusións do traballo na súa reunión correspondente ao mes de marzo. Ao cuestionario, que foi enviado a todas as empresas e entidades membros do Cluster, responderon o 24,27% dos consultados. Como principal conclusión, pódese sinalar que as necesidades de formación máis demandadas son as relacionadas coa Xestión de proxectos e coa Programación. O primeiro contido é sinalado polo 80% dos consultados, mentres que o segundo é solicitado polo 76%.Tras Xestión de Proxectos e Formación, os seguintes contidos con maior demanda son ...