O Clúster TIC Galicia (colaborador homologado) en colaboración coa Amtega e o CDTIC, organizaron a xornada na que explicaron en detalle as axudas abertas polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo a través da Entidade Pública Empresarial Red.es para "Mentoring en comercio electrónico". Este programa conta cun total de 18 millóns de euros e cada solicitude pode acadar 15.000€ de axuda. O prazo de presentación remata o 9 de setembro.
Na xornada contamos coa participación de Antonio Rodríguez del Corral, Presidente do Clúster TIC Galicia que fixo a presentación do Clúster como entidade colaboradora e animou aos interesados e ás empresas do sector a que busquen lazos de colaboración para que os proxectos se vexan fortalecidos.
A información detallada das axudas e a resolución de dúbidas correu a cargo das empresas socias Aaccentia, Modesto Pérez; Abertal, Manuel Pan; AVA Soluciones Tecnológicas, Víctor López; Visual Publinet, Alejandro Arce que conforman a UTE Clúster TIC e tamén a entidade colaboradora e socia do Clúster UTE Isonor e Puntobit, Jorge González.
O prazo para solicitar as axudas remata o 9 de setembro.
Máis información
Comentarios