A Feira Internacional de Medios Electrónicos IBC2014 abrirá as súas portas entre o 12 e o 16 de setembro no RAI Convention Center de Amsterdam. Como cada ano Egatel estará alí para presentar as últimas novidades en Transmisores de TV, e particularmente nesta edición, mostrando a súa nova liña de produtos no campo dos transceptores satelitais.
No stand 8.D40 poderanse ver os novos Transmisores de TV de Alta Eficiencia - Banda Ancha da Serie WHET (Wideband High Efficiency Transmitters), tanto en refrixeración líquida como aire. A tecnoloxía Doherty que optimiza a eficiencia dos transmisores é por vez primeira Banda Ancha, o que significa que xa non é preciso facer ningún cambio nin modificación nos amplificadores ante un cambio de canal.
Tamén se exhibirá o "Smart LNB", un equipo desenvolvido para o operador de satélites Eutelsat. O "smart LNB" é un dispositivo electrónico de última xeración equipado cun novidoso receptor transceptor conectado á antena parabólica que dispón dunha canle de retorno de alta eficiencia. O terminal revolucionará o mercado SatCom, ao abrir a porta a unha ampla gama de servizos de TV conectada vía satélite como, HbbTV, Redes Sociais, operacións de compra, consumo de contidos á carta, etc; así como aplicacións Machine to Machine (M2M): e-health, Casa Conectada, Smart Metering, etc.
Como exemplo da Serie WHET, mostrarase un Transmisor Doherty - Banda Ancha de 3KW DVB/ISDB (4KW ATSC), modelo TLWH7804. O equipo de refrixeración líquida caracterízase polo seu deseño completamente modular e inclúe un sistema de bombas integrado no mesmo rack que o transmisor.
Esta solución optimiza a inversión e o deseño das nosas instalacións.
En refrixeración por aire, tamén dentro da Serie WHET presentarase un Transmisor Doherty-Banda Ancha de 650Wrms DVB/ISDB (975W ATSC), modelo TUWH4601, co que se poden levar a cabo integracións de até 6 amplificadores por rack cun rendemento enerxético inmellorable. O deseño dos amplificadores inclúe aspectos que sintetizan todo o “know-how” de Egatel, evitando a circulación de aire por placas ou compoñentes, redundando fontes de alimentación extraíbles polo frontal ou dispoñendo os ventiladores na parte exterior para unha sinxela substitución sen necesidade de abrir o módulo.
A tecnoloxía Doherty-Banda Ancha aplicada nos amplificadores proporciona un rendemento en toda a Banda UHF de até un 42% en ATSC e un 38% en DVB/ISDB, optimizando significativamente o consumo enerxético e, por tanto, os custos de operación.
Finalmente é de destacar a consolidada oferta, totalmente modular, de Egatel en solucións de media e baixa potencia, permitindo traballar igualmente en calquera standard e no caso de gapfillers, coas máis altas prestacións en canceladores de ecos dinámicos, como así o testemuñan as referencias da empresa en todo o mundo.
Comentarios