PLEXUS vén de anunciar un acordo estratéxico con LENOVO, un dos fabricantes de ordenadores máis importantes do mundo, para ofertar conxuntamente en Galicia os produtos de dita multinacional.
Antonio Agrasar, conselleiro delegado de PLEXUS, declarou que esta alianza con LENOVO supón un "afianzamento dunha relación profesional de anos cun provedor de excelentes rendementos para os clientes", e que para a empresa que dirixe "representa un paso decisivo na consolidación dun catálogo de produtos e servizos máis amplo, a posibilidade de realizar ofertas máis competitivas e a garantía de poder ofrecer en tempo real ao mercado galego os produtos de vangarda do mercado mundial da tecnoloxía".
O acordo permitirá ás compañías LENOVO e PLEXUS estabelecer ofertas conxuntas -directas ou mediante concurso- nos ámbitos privado e público, asegurando a maior calidade, a mellor tecnoloxía cun exclusivo desenvolvemento e deseño dos dispositivos, e nós, por proximidade e experiencia, aportamos un coñecemento moi exacto do mercado", engadiu Antonio Agrasar.
Cons este paso, PLEXUS amplía a súa alianza coa principais empresas tecnolóxicas multinacionais, e reafirma a súa intención por seguir ofrecendo produtos de calidade que satisfagan as necesidades de conexión e interacción dos seus clientes co mundo dixital.
LÍDER NA FABRICACIÓN DE ORDENADORES, TABLETS E SMARTPHONES
LENOVO produce ordenadores de sobremesa, portátiles, servidores, PDA e mans libres para teléfonos móbiles. Tamen prové tecnoloxía de información de integración e servizos de soporte, e a súa unidade QDI ofrece contratos de manufactura. A compañía tamén ofrece acceso a internet a través do seu portal FM365.com.
A súa sede central está ubicada en Raleigh, Carolina del Norte, Estados Unidos, o fogar do grupo ThinkPad de IBM e en Pekín, China. Ademáis, está constituída en Hong Kong.
En 2005 Lenovo mercou a división de ordenadores de IBM, o que a convertiu no fabricante internacional de computadores máis grande do mundo.
Antonio Agrasar, conselleiro delegado de PLEXUS significa a importancia deste acordo "por canto representa unha confirmación da competitividade de PLEXUS e do respecto que o bo facer das nosas equipas profesionais supón para unha das empresas máis exixentes do mundo".
Comentarios