Boqueixón dispón xa da súa aplicación CITY4 a prol da comunicación entre concello e veciños

Boqueixón dispón xa da súa aplicación CITY4 a prol da comunicación entre concello e veciños


O concello de Boqueixón acolleu a presentación da aplicación City4boqueixón, a cargo do alcalde, Jesús Sanjuás Mera, e o responsable de Implantación de eLABORO, SL, Pablo Garrido. Trátase dunha innovadora ferramenta que nace para potenciar a interacción entre os veciños e a Administración local, ao facilitarlle á poboación unha nova canle de comunicación co Goberno municipal. Todas as persoas que dispoñan dun dispositivo Android xa poden descargarse de balde a aplicación de Google Play e notificarlle directamente ao concello calquera incidencia, colaborando así nunha máis áxil solución.  

Ademais de recibir as notificacións por parte dos veciños, City4boqueixón permítelles aos responsables locais facer un seguimento constante da xestión das incidencias detectadas nos servizos e espazos municipais, como auga, rede de sumidoiros, mobiliario urbano ou espazos verdes, entre outros. Unha vez descargada a aplicación, o usuario unicamente ten que indicar o tipo de incidencia e a súa localización. A información seralle derivada ás persoas responsables de resolver o problema e o usuario recibirá unha mensaxe confirmándolle tanto a recepción da incidencia como a súa solución, unha vez executada.

AVISOS INMEDIATOS E NOVAS
Por outra banda, a través de City4boqueixón, a poboación poderá recibir nos seus dispositivos avisos urxentes do concello nos que a inmediatez é crucial, como casos de persoas perdidas, temporais, desprendementos en estradas, cortes de auga ou outros. O sistema de avisos á poboación é unha mellora da aplicación que se está a poñer en marcha este ano, potenciando así as posibilidades de interactuar de xeito inmediato cos veciños.

Ademais, dende o concello poderán publicar mediante City4boqueixón todas as novas relacionadas coa actividade municipal. Os usuarios disporán nos seus smarthphones de calquera noticia de carácter institucional: cursos, actividades municipais, ofertas de emprego ou viaxes organizadas.

Outra opción que terán os veciños de Boqueixón é o envío de suxestións ao Goberno local. Esta última prestación creouse especificamente para a aplicación contratada por este municipio, xa que unha das características desta ferramenta é a súa adaptabilidade ás necesidades de comunicación de cada concello, de xeito que se deseña como “un traxe a medida”.  

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies