imaxin|software asina un acordo de colaboración coa empresa catalana Marinva

imaxin|software asina un acordo de colaboración coa empresa catalana Marinva


A socia directora de imaxin|software, Luz Castro, viaxou o pasado martes a Barcelona para asinar con representantes de Marinva un acordo para cooperar no desenvolvemento de produtos multimedia de calidade pedagóxica, onde o xogo e a actividade lúdica sexan o eixo central metodolóxico e estratéxico.  

A experiencia de ambas empresas de máis de 15 anos e a colaboración de forma constante durante os 3 últimos anos, son os motores que puxeron a andar este novo proxecto: por unha banda imaxin|software como empresa de servizos software que conta cun departamento de multimedia especializado na creación e desenvolvemento de videoxogos educativos, serious games e outros produtos interactivos relacionados co xogo, a formación e a divulgación, e por outra banda Marinva, empresa referente na axuda a colectivos diversos a conseguir os seus obxectivos específicos mediante o desenvolvemento de estratexias, servizos e produtos de comunicación, formación e participación, baseados en metodoloxías lúdicas e xogos. Marinva traballa a actividade lúdica como unha eficaz metodoloxía para transmitir e comunicar: valores, contidos, actitudes e competencias.  

Entre as solucións futuras que se realizarán coa visibilización de ambas empresas poderemos atopar produtos e servizos de formación, divulgación e marketing baseados en mecánicas de xogo e Gamificación.

Lembremos neste campo que imaxin|software e Marinva organizaron no mes de outubro unha exitosa xornada no Centro Demostrador TIC titulada: Aplicación da gamificación na empresa: motivación e produtividade Tamén é destacable os artigos científicos que ao redor da Gamificación escriben conxuntamente integrantes de ambas marcas como: “Tendencias y estado actual de la gamificación en la producción audiovisual” para o libro Contenidos digitales en la era de la sociedad conectada editado por Fragua.

Durante a sinatura do acordo falouse das liñas mestras da colaboración e da estratexia para a cooperación na internacionalización a través de misións comerciais conxuntas.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies