O xoves 3 de xullo pola mañá, terá lugar na Coruña, no Edificio CITIC (Campus de Elviña), a xornada técnica "Tecnoloxías Intelixentes: aplicacións e oportunidades de negocio", organizada polo Clúster TIC Galicia e o CITIC, na que os asistentes poderán coñecer de primeira man, a través de demos, o potencial das tecnoloxías intelixentes.
Lístanse a continuación as principais temáticas e proxectos que serán presentados:
Localización en interiores: proxecto inLOC Aproveitamento de infraestruturas alternativas aos sistemas GPS, para o seu uso en interiores, sobre todo WiFi pero sen esquecer Bluetooth Low Energy ou Ultrawideband.
» Máis información sobre o proxecto
Vídeo sintético interactivo: syntheractive
Sistema distribuído capaz de xerar vídeo sintético e codificalo en tempo real, facendo uso da potencia de cálculo dos procesadores gráficos de consumo e de optimizacións no movemento de información entre procesador central e procesador gráfico, para servir como infraestrutura de base para a definición de servizos interactivos masivos para a televisión dixital.
» Máis información sobre o proxecto
Sistemas de recomendación e Big Data: proxecto FilmYou
Motores de recomendación baseados en sofisticados algoritmos de filtrado colaborativo capaz de xerar recomendacións personalizadas. O proxecto concreto a presentar trátase dunha plataforma distribuída de recomendación de películas.
» Máis información sobre o proxecto
Monitorización intelixente aplicada á saúde: proxecto MIASOFT
O proxecto MIASOFT consiste nun software integrado para a monitorización intelixente do Síndrome de Apneas/Hipopneas do Sono, analizando os sinais monitorizados en pacientes sometidos á polisomnografía nocturna.
» Máis información sobre o proxecto
SmartSocket - Enchufe intelixente que evita incendios e electrocucións
Un enchufe que se controla remotamente e que está orientado á prevención de sobre-consumos e cortocircuitos. Monitoriza constantemente o consumo dos aparatos eléctricos conectados a el e pódese controlar remotamente os seus parámetros desde un móbil, tablet ou PC.
» Máis información sobre o proxecto
VGLiDAR - Visualizador de datos LIDAR
A tecnoloxía LIDAR permite determinar a distancia desde un emisor láser a un obxecto ou superficie empregando pulsos de láser. Coa utilización desta tecnoloxía é posible obter unha nube de puntos do terreo escaneado creando unha representación tridimensional do mesmo.
» Máis información sobre o proxecto
Ademais, se algunha empresa está interesada noutra tipoloxía de proxectos dentro das áreas do CITIC, os investigadores estarán dispoñibles durante a xornada para presentar esa liña de traballo ou amosar as demostracións dispoñibles. A asistencia é aberta pero, debido á limitación de aforo, é necesario o rexistro de todos os asistentes enviando un correo á dirección info@clusterticgalicia.com antes do mércores 2 de xullo.
Acceso ao programa completo da xornada
Comentarios