O Clúster TIC Galicia organiza a presentación de resultados dos proxectos AUTOTIC e CONTROLBOX

O Clúster TIC Galicia organiza a presentación de resultados dos proxectos AUTOTIC e CONTROLBOX


Dentro do Plan Estratéxico do Clúster e coa cofinanciación do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través do programa de apoio a AEIs e fondos FEDER, nacen estes dous proxectos en colaboración coas empresas socias: Imatia e Sixtema no AUTOTIC; e Infonet e Hacce no CONTROLBOX.

Nesta xornada as empresas detallarán os proxectos e o alcance das solucións que teñen aplicación en varios ámbitos como o da automoción, saúde, industria e TIC.

Sobre os proxectos:

AUTOTIC: ten como obxectivo a creación e desenvolvemento de tecnoloxía adecuada que permita simplificar e axilizar o desenvolvemento de aplicacións móbiles híbridas de forma sinxela, produtiva e escalable. O campo de aplicación demostrativo de ditas tecnoloxías é o do coche conectado, polo que para facilitar a transferencia de coñecemento desenvolveuse unha aplicación que involucra coche conectado, balizas de proximidade e sistemas de información xeográfica.

CONTROLBOX: produto innovador no campo da seguridade informática, mediante a parametrización, configuración e integración de hardware con ferramentas de software que permite observar, rexistrar e descubrir o que sucede nunha rede de equipos informáticos mediante a interceptación das comunicacións e toda a actividade realizada nos equipos. Controbox permite descubrir e obter evidencias de fugas de información, empregados desleais, hábitos de navegación incorrectos, ameazas de seguridade internas, problemas de mobbing e ameazas e facilitar o cumprimento de determinadas obrigacións legais segundo obriga o regulamento da LOPD.

O evento realizarase o próximo xoves 26 de marzo ás 12:15 horas no Centro Demostrador TIC (CNTG).

Acceder ao programa completo

Inscricións



None

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies