PEDRO HUICHALAF, SUBSECRETARIO DE TELECOMUNICACIONES DE CHILE, VISITA PLEXUS

Óscar Santos Rodríguez,

PEDRO HUICHALAF, SUBSECRETARIO DE TELECOMUNICACIONES DE CHILE, VISITA PLEXUS


O Subsecretario de Telecomunicaciones de Chile, Pedro Huichalaf, visitou esta mañá en Santiago de Compostela a sede central da empresa PLEXUS e puido coñecer os últimos desenvolvementos tecnolóxicos da empresa galega en materia de transportes e turismo, mostrándose interesado tamén noutros produtos ligados á sanidade ou á educación, nos que a empresa dirixida por Antonio Agrasar é especialista.

O Subsecretario Huichalaf dixo estar gratamente impresionado pola capacidade de que unha empresa TIC como PLEXUS poida desenvolver produtos competitivos a escala internacional e ter interesado a empresas do seu país. “Valoro –dixo- a audacia dos galegos, a súa capacidade para chegar e triunfar en calquera lugar do mundo, e agora resalto a vocación universal das súas empresas, como PLEXUS, cuxos produtos e a fórmula para implicarse nos sectores produtivos locais, xerando riqueza e emprego, son un modelo a seguir”.

No transcurso da visita, Antonio Agrasar, Conselleiro Delegado de PLEXUS, confirmou o compromiso da súa empresa coa internacionalización. “Facémolo –asegurou- convencidos que desde Galicia é posible competir, facelo en vangarda, determinando a oportunidade, creando novos produtos, colaborando coa Universidade e cos emprendedores, considerando a vocación dos nosos xoves, e aproveitando a profundidade da nosa emigración, presente en todo o mundo e en posto de releve. PLEXUS está xa en Chile, Reino Unido, Escocia, Francia, Portugal, México, República Dominicana, Bolivia, Marrocos, nalgúns lugares como Santiago de Chile e Londres xa contamos con delegacións, noutros estamos traballando en proxectos significativos nos que contamos con empresas locais”.

A actividade do grupo PLEXUS, que xa da traballo a máis de 500 profesionais e que se atopa en plena expansión nacional e internacional, céntrase fundamentalmente en desenvolvemento de software, instalacións de nova xeración, fabricación de Postos de Información Multimedia e desenvolvemento de sistemas (PC servidores, clientes lixeiro, etc.).

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies