- O EBITDA ascendeu a 7,19 millóns de euros; o que supón un 37% máis que no exercicio anterior
- O beneficio neto de Altia o ano pasado foi de 4,5 millóns de euros
- A Xunta Xeral de Accionistas da compañía aprobou as contas do exercicio pasado
A cifra de negocio consolidada de Altia sitúase en 54.085.535,41 euros en 2014, un 19% máis que no ano anterior. “Este dato representa un 9% máis do previsto no Plan de Negocio da Compañía, que era de 49,4 millóns”, segundo sinalou Constantino Fernández Pico, presidente de Altia, na reunión da Xunta Xeral de Accionistas celebrada en A Coruña, que aprobou as contas da compañía relativas ao ano pasado.
Tal e como puxo de manifesto Constantino Fernández, “ao crecemento contribuíron a consolidación de novos negocios de tamaño considerable e a elevada recorrencia, a maduración das inversións acometidas en 2013 e a mellora da posición comercial en grandes contas do sector TI”. O aumento que se produce nos resultados refléxase no EBITDA consolidado, que aumentou un 37% respecto a 2013 e chegou a 7,19 millóns de euros (o que supón un 13,3% sobre ventas)”.
Beneficio neto e distribución de dividendosXunto a isto, tal e como se expuxo na Xunta Xeral de Accionistas, o beneficio neto consolidado –despois de impostos- en 2014 foi de 4,5 millóns de euros. Este dato mellora nun 38% o previsto no Plan de Negocio da Compañía, que era de 3,25 millóns de euros.
Por outro lado, na Xunta Xeral de Accionistas de Altia abordouse tamén o pago dun dividendo total de 1,1 millóns de euros, o que supón un 24,4% do beneficio neto total. Así, a compañía vai distribuír entre os seus accionistas un dividendo de 16 céntimos por acción.
Comentarios