Ábrese o prazo de inscrición para a segunda sesión do programa ‘MARCO POLO’ que se celebrará en Santiago o 1 de xuño

Ábrese o prazo de inscrición para a segunda sesión do programa ‘MARCO POLO’ que se celebrará en Santiago o 1 de xuño


Nesta sesión coñeceremos en profundidade os casos de EVERIS e GRUPO ARCADE INFORHOUSE, nas que Carlos Méndez e Vidal Díaz, respectivamente, detallarán as particularidades atopadas no seus procesos de internacionalización e como ter éxito na implantación de servizos e infraestruturas sen cliente tractor nin produto nicho.

A sesión pecharase cun tempo de networking no que se procurará a busca de alianzas que potencien a exportación TIC.  

Sobre o Programa ‘Marco Polo’
Máis dun 70% das empresas socias teñen interese, en distinta medida, no proceso de internacionalización e para conxugar os intereses das empresas constituíuse un Grupo de Traballo Internacionalización no que participan 17 empresas socias e que teñen a finalidade marcar as accións estratéxicas do Clúster en materia de internacionalización. Froito das distintas reunións do Grupo e para desenvolver o proxecto ‘XportaTIC’ nace o Programa MARCO POLO co que se procura por en coñecemento das empresas que teñen interese en abrirse a mercados de fóra de España as experiencias acumuladas de outras empresas que xa abriron camiño e deste xeito aproveitar as súas recomendación e consellos.

Converxencia de capacidades e intereses. Novas fórmulas de expansión.

No Clúster temos a máis de 20 empresas multinacionais, espalladas por 74 países dos cinco continentes, sumando conxuntamente máis de 300 sedes. Tamén temos a empresas sen sede internacional mais con persoal comercial en destino. Dous factores importantes que se poden compartir grazas á xenerosidade e disposición de cooperación que teñen as empresas socias. Esta situación permítenos abrir novas oportunidades e fórmulas para a internacionalización.

Referencias para a internacionalización


As empresas que están estudando e valorando a posibilidade de comezar o camiño da internacionalización poden facer unha análise máis profunda e real a través das experiencias e coñecementos das que xa pasaron eses primeiros comezos. Unha visión que mingua riscos e incrementa alianzas, procuraremos fortalecer o factor “arrastre”.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies