As socias Tesla Technologies e Itelsis impartirán o curso “Programando compoñentes de Internet das cousas para a eficiencia enerxética” organizado polo IGAPE en colaboración co Clúster TIC

As socias Tesla Technologies e Itelsis impartirán o curso “Programando compoñentes de Internet das cousas para a eficiencia enerxética” organizado polo IGAPE en colaboración co Clúster TIC


Hoxe comezou o curso que se celebra no marco do proxecto ENTIC e que organiza o IGAPE en colaboración co Clúster TIC Galicia. As empresas socias Tesla Technologies e Itelsis forman parte da equipa de especialistas que impartirán a formación para a especialización no deseño e programación de dispositivos de monitorización e o control no ámbito da eficiencia enerxética.

O curso é fundamentalmente práctico e ao alumnado contará cun Kit de Arduino para que poidan aplicar os coñecementos obtidos nos seus propios proxectos.  

A convocatoria tivo grande éxito de aceptación e as 121 inscricións tiveron que superar un  proceso de selección, no que se demostrou o alto nivel dos participantes (enxeñerías de informática, telecomunicacións, I+D+i, etc.), para adxudicar as 24 prazas coas que conta o curso.  

Os sábados desde hoxe e até o 23 de maio, irán desenvolvéndose os 7 módulos que conforman o programa  e que permitirán adquirir coñecementos e profundizar en casos de éxito de implantacións.

None

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies