A compostelán Windsock vén de publicar este mes a nova web corporativa do grupo Aludec, unha multinacional viguesa líder mundial na fabricación de emblemas e monogramas para a industria da automoción con máis de trinta anos de historia.
O proxecto abrangue o deseño, desenvolvemento e publicación do sitio corporativo, así como a redacción de contidos, produción fotográfica e vídeo industrial para a web.
Os obxectivos plantexados polo cliente eran os de amosar as súas capacidades, tecnoloxías e produtos e posicionarse como un provedor de deseño de primeiro nivel para as principais marcas.
O deseño e desenvolvemento da nova web están orientados a acadar unha boa experiencia de usuario e unha comunicación efectiva a través da visualización da información con infografías, descartando longos textos de difícil lectura e asimilación.
O deseño responsive permite que a web se visualice correctamente en dispositivos móbiles, sen perder a súa estética visual e mantendo a súa funcionalidade. Así mesmo, leváronse a cabo probas cross-browser para garantir o correcto desempeño nos diferentes navegadores.
O desenvolvemento tivo moi en conta a concesión ó contenido visual da web. Implementáronse galería de imaxes e o HTML5 permitiu embeber os vídeos multiformato nun reprodutor personalizado e sen necesidade de aloxamento ou plugins de terceiros.
Para a creación do fondo audiovisual de vídeos e fotografías realizáronse sesións fotográficas nas instalacións do cliente e en estudo. Tamén se documentaron as pezas xa montadas sobre os vehículos en concesionarios das principais marcas. A gravación do vídeo durou unha semana e foi realizado en concesionarios e nas factorías da empresa en Pontevedra e Vigo.
Comentarios