28 xuño 2013
O Clúster TIC, en colaboración con EGANET, vai a presentar tres proxectos ás liñas de axuda Innoempresa do Igape, co fin de conseguir cofinanciamento para iniciativas que se consideran de interese para as empresas socias. Por esta razón, solicita aos socios unha valoración do seu interese nos distintos proxectos, independentemente do seu custe.Os socios que estean interesados en participar nalgún deles, debe indicalo á administración do Clúster ata o 3 de xullo.Os proxectos son os seguintes: Proxecto 1: Plataforma de facturación electrónica O proxecto consiste nun sistema de facturación electrónica integrado cos principais xestores de contabilidade e ERPs ...
26 xuño 2013
Todas as empresas interesadas deberán confirmar a súa asistencia a info@clusterticgalicia.com antes das 20:00 horas de hoxe mércores 26 de xuño Estamos nun momento de alto risco empresarial mais as expectativas para o sector TIC son positivas. A elaboración da Estratexia de Especialización Intelixente para Galicia (RIS3) marcará o futuro inmediato do noso sector e do tecido productivo galego. Seguimos sendo o motor da innovación e da renovación económica e de nós depende o afortalamento, crecemento e mellora da competitividade. Na Asemblea Xeral de mañán trataremos estes temas e queremos compartilos coas empresas do sector ...
21 xuño 2013
Tal e como vimos comentando nas últimas semanas, RIS3 (Research & Innovation Strategies for Smart Specialisation) ten por finalidade impulsar, sobre a base da innovación, o crecemento económico, e optimizar a eficiencia dos investimentos. Esta estratexia é unha condición ex ante para os obxectivos de innovación do próximo marco de financiamento 2014 - 2020 dos fondos estruturais da Unión Europea. O proceso de elaboración da RIS3 está baseado nun proceso participativo de descubrimento emprendedor. Nos últimos meses, os diferentes grupos de traballo (GT) de ámbito sectorial e sobre tecnoloxías horizontais estiveron desenvolvendo a súa actividade, coa participación activa do Clúster TIC ...
21 xuño 2013
Recentemente foron publicadas as axudas de INNOEMPRESA por parte do Igape. Dende o Clúster TIC en colaboración con EGANET, comezamos a traballar para presentar proxectos ás distintas liñas, xa que son unha oportunidade de mellora tecnolóxica para o tecido empresarial galego que o Clúster non pode desaproveitar. Fíxose un sondeo entre empresas socias, para abrir a posibilidade de participar con algún proxecto propio, que tivera cabida no marco destas axudas, e nestes momentos estamos a analizar as propostas presentadas e das que vos daremos conta en próximas datas. Lembrámosvos que as liñas nas que estamos traballando e para ...
21 xuño 2013
Unha representación do Clúster TIC Galicia asisteu hoxe á presentación do proxecto "Smart Coruña", que tivo lugar na sede do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía. O proxecto, que desarrollará unha plataforma integral de goberno dunha Smart City, ofrece un amplo abano de oportunidades para o sector TIC e busca converter á cidade nun referente tecnolóxico no ámbito das urbes do futuro.A UTE adxudicataria da primeira fase do proxecto “Smart Coruña" está formada por Indra, Altia, Ilux y RA plataforma integrarase cos sistemas municipais e facilitará a toma de decisións intelixentes enfocadas ó cidadán así como o desenvolvemento ...
21 xuño 2013
Unha representación do Clúster TIC Galicia estivo nun encontro celebrado no IGAPE con representantes da Embaixada Cubana, que tivo lugar o xoves 20 de xuño ás 17 h.Esta visita institucional do Embaixador da República de Cuba en España entre outros temas pretendía dar a coñecer as potencialidades na vertente económica de Cuba, con motivo dunha viaxe que o Presidente da Xunta de Galicia, D. Alberto Nuñez Feijoo, realizará no 2º semestre do 2013.Foi unha reunión de traballo exploratoria e de análise das posibilidades nese mercado para as empresas galegas no sector TIC e noutros sectores estratéxicos.
14 xuño 2013
O prazo para presentar proxectos para as axudas do Fondo Tecnolóxico 2013-2014 conclúe aproximadamente o 15 de setembro, tendo en conta o marco temporal esixido aos proxectos e o proceso de avaliación ao que serán sometidos. Isto significa, na práctica, que as empresas e entidades están ante a última ventá de oportunidade para optar a esta fonte de financiamento.Trátase de subvencións equivalentes de ata o 30%, con financiamento de ata o 85% do proxecto a un tipo equivalente ao Euríbor máis 0’1%.As principais características e requisitos que deben cumprir os proxectos para optar a estas liñas de financiamento ...
14 xuño 2013
O Clúster TIC Galicia convocou aos seus socios á Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar o próximo 27 de xuño no edificio do FEUGA, en Santiago de Compostela. A hora de celebración será as 17 h en primeira convocatoria ou ás 17:30 h en segunda.A Asemblea desenvolverase de acordo coa seguinte orde do día:Lectura e aprobación, se proceder, da acta anterior.Aprobación, se proceder, de novas altas e baixas.Presentación e aprobación, se proceder, do Informe de xestión do ano 2012.Presentación e aprobación, se proceder, do Informe económico do ano 2012.Presentación e aprobación, se proceder ...
14 xuño 2013
O Clúster TIC Galicia participou o pasado 11 de xuño no taller organizado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) do Grupo de Traballo de políticas horizontais e instrumentos financeiros, do proceso de elaboración da Estratexia de Especialización Intelixente para Galicia (RIS3). Actualmente o grupo está a avanzar na definición de novos instrumentos financeiros sendo clave a aliñación destes coa cadea de valor.
7 xuño 2013
Hoxe, 7 de xuño, arranca a IV Edición de Vindeira Capital Network (VCN) coa apertura do prazo de presentación de proxectos, que pechará o próximo 15 de xullo. VCN é unha iniciativa promovida polo Clúster TIC Galicia e por Vindeira, en colaboración con XesGalicia, que proporciona aos emprendedores acceso a unha sólida rede de investidores privados e business angels que apostan por proxectos TIC de base tecnolóxica que se encontran, fundamentalmente, nunha fase inicial do seu desenvolvemento. Nesta edición darase cabida tamén a proxectos de base tecnolóxica dos sectores Agroalimentario e Automoción como sectores invitados.Os interesados poden inscribir os ...
6 xuño 2013
O Clúster Alimentario de Galicia, en colaboración co IGAPE e o EU-SME Center China, organiza a xornada titulada Are you ready for China? Oportunidades de negocio para as empresas galegas no mercado chinés. O obxectivo é acadar que as empresas galegas, en particular pemes, se introduzan no entorno do mercado chinés.Con tal fin, a xornada permitirá coñecer as oportunidades que existen, as formas de entrar no mercado, as regulacións e os casos de éxito. Os asistentes poderán coñecer os servizos de apoio dispoñibles para as empresas que desexen facer negocios en China, en particular os que presta o EU SME Centre ...
6 xuño 2013
Na reunión do Comité Estratéxico (COES) celebrada o pasado 29 de maio decatouse dos avances nas diferentes liñas de traballo e aprobouse participar no proxecto European Cluster Partnership, que está a organizar o Clúster Audiovisual (CLAG) con colaboracións multisectoriais e interrexionais. Acordouse, igualmente, dar apoio ao seminario multidisciplinar sobre oportunidades de negocio en China organizado polo Clúster Alimentario de Galicia e que se celebrará o 20 de xuño, establecendo unha colaboración que permita a asistencia dos socios. Tamén se aprobou realizar en xullo un evento sobre internacionalización que permita motivar aos socios na contribución á caracterización do sector, posibilitando a ...
6 xuño 2013
Unha representación do Clúster TIC Galicia que incluirá ao presidente, Antonio Rodríguez del Corral, participará no taller do Grupo de Traballo (GT2), centrado en políticas horizontais e instrumentos financeiros, do proceso de elaboración da Estratexia de Especialización Intelixente para Galicia (RIS3).A elaboración desta Estratexia é unha esixencia da Unión Europea para a participación nos obxectivos de innovación do próximo marco de financiamento 2014-2020 dos fondos estruturais. Así, o proceso de elaboración da RIS3 en Galicia está baseado nun proceso participativo de descubrimento emprendedor. Nos últimos meses, os diferentes grupos de traballo (GTs) de ámbito sectorial e sobre tecnoloxías horizontais ...
6 xuño 2013
No eido da Estratexia de Internacionalización que está a impulsar o Clúster TIC Galicia, estase a recabar a opinión das entidades adheridas sobre o seu interese en participar, de xeito coordinado, en feiras e congresos internacionais. Dende o Clúster, coa colaboración do CLAG, recompilouse nun único documento as feiras e congresos a nivel mundial máis destacados nos sectores das TIC e dos Contidos, documento que está á disposición dos socios na carpeta compartida de Dropbox “Ferias_Internacionales”.Co obxectivo de ter un coñecemento máis específico das demandas de cada un dos socios, tense posto a disposicion dos socios un formulario web ...
30 maio 2013
O pasado xoves 23 de maio publicouse no BOE a convocatoria de axudas da "Acción Estratégica de Economía y Sociedad Digital (AEESD)" impulsadas polo Ministerio de Industria, Energía y Turismo dentro do "Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2013-2016". Ademais, ese mesmo día tivo lugar no CDTIC unha xornada de presentación destas liña de axudas a cargo de María Ángeles Barragán Zorrilla, subdirectora xeral de Fomento de la Sociedad de la Información da Secretaría de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información. Esta xornada que contou coa presenza do Cluster TIC Galicia e ...
24 maio 2013
Nunha entrevista no programa "Os Almorzos de Galicia por diante", de Radio Galega, emitida o día 23 de maio, Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC Galicia, instou ás administracións e ás empresas galegas a trazaren unha estratexia para aproveitar os fondos europeos para novas tecnoloxías.Del Corral asegurou que "agora hai unha oportunidade única" co novo presuposto europeo 2014-2020 porque os fondos FEDER deben ir para "innovación". Tras asegurar que o sector en Galicia é punteiro e que "está aguantando ben a crise", o presidente do Clúster TIC dixo que "temos que pensar moi ben, este ano, todos ...
23 maio 2013
O Grupo de Traballo de Internacionalización continúa a desenvolver accións co Departamento de Investimentos ou Expansión Internacional da Embaixada do Reino Unido en Madrid, representado por Cristina Monteiro, trala primeira reunión o pasado 21 de marzo.Co obxectivo de facilitar ás empresas do noso sector a posibilidade de establecerse no Reino Unido, un mercado que ofrece interesantes oportunidades de negocio nos sectores TIC e e-Health, desta vez estase a organizar un encontro informativo con James Blakemore, director da empresa JMB, especializada na procura de clientes e socios no Reino Unido. Blakemore estará acompañado por Cristina Monteiro, asesora de Expansión Internacional ...
16 maio 2013
Nunha entrevista emitida pola canle de televisión compostelá Correo TV, Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC Galicia, fixo balance do seu pouco máis de medio ano á fronte da entidade e destacou a posta en marcha de iniciativas que supoñen a suma de forzas entre as entidades asociativas do sector e o desenvolvemento de sinerxías. O presidente do Clúster TIC Galicia fixo fincapé tamén no bo encaixe na organización de empresas de diferente tamaño, co obxectivo de desenvolver un sector galego das TIC que abranga toda a cadea de valor e no que as firmas pequenas poidan ser ...
15 maio 2013
Con data 14 de maio reuníronse na sede de COINTEGA varios membros das empresas que integran o Cluster Galego Textil Moda e o Cluster TIC Galicia, para levar a cabo un proxecto de innovación tecnolóxica para o sector téxtil-moda.Para lograr a máxima eficiencia nesta iniciativa Fernando Vázquez, CEO e fundador de Imatia, en representación do Clúster TIC e Alberto Rocha, Secretario Xeral de Cointega, coordinaron este grupo de traballo na súa primeira reunión.Tras as diferentes achegas de ideas entre ambos os dous sectores, as empresas téxtiles galegas concluíron que o mellor xeito de mellorar a eficiencia da xestión ...
10 maio 2013
Xa están confirmadas as empresas que participarán por parte do Cluster TIC na xornada TIC e Téxtil: Oferta e demanda para a comercialización online, que se desenvolverá o martes, 14 de maio, de 16 h a 19 h, na sede de Cointega (Parque Tecnolóxico e Logistico de Vigo, Edificio TexVigo).Finalmente fómonos a seis empresas por parte do Clúster para non deixar fóra ningunha das que mostraron interese. A elas súmanse os asociados de Cointega e dúas entidades portuguesas. A lista completa de empresas participantes é a seguinte:AVAIterdataRedegalGradiantAltiaEverisCreaciones Paz RodríguezSagresGlobal RetailSelmarkAlba CondeAqua RosaeATPCITEVE
21 decembro 2011
Visual Publinet desenvolveu a páxina web de Goren Grill, liña de produto da cooperativa ourensana que é un dos grandes líderes do sector alimentario galego e que ten unha relevante presenza internacional.Segundo Visual Publinet, a páxina desenvolvida para Coren é unha web “diferente”, e destaca o seu “alto compñente de deseño e unha navegación divertida e funcional”.Na páxina reflíctese a nova imaxe corporativa de Coren, pensada para transmitir os valores da vida sana e a alimentación natural. Pódese ver o proxecto en http://www.corengrill.esFonte: Visual PublinetLer a nova na web de Visual Publinet
20 decembro 2011
Telvent GIT, S.A., la compañía líder en soluciones tecnológicas e información en tiempo real para un mundo sostenible, ha anunciado hoy que su solución de previsiones meteorológicas, MxVision Weather Sentry Online®, ya está disponible en francés, alemán y español. Además, puede personalizarse con otros idiomas a demanda.Según el estudio realizado por la empresa independiente ForecastWatch, la plataforma de información y servicios meteorológicos online de Telvent es la solución que proporciona las previsiones meteorológicas más precisas del mercado. Actualmente, empresas de los sectores de energía, aviación y transporte, entre otros, utilizan esta completa solución para sus operaciones diarias. MxVision ...
20 decembro 2011
El lunes 19 de diciembre se celebra la entrega del Premio al mejor proyecto fin de carrera que dan de manera conjunta la Facultad de Informática de la Universidad de A Coruña y everis. El ganador recibirá un premio único en metálico de 1.000 euros brutos y la incorporación al proceso de selección en everis. El galardón se otorga al estudiante que presente el trabajo de mayor calidad técnica, originalidad y grado de innovación.También se premiará la aplicabilidad a soluciones tecnológicas innovadoras en el ámbito empresarial o en los servicios públicos. Este galardón nació con el propósito de ...
20 decembro 2011
Atos, compañía internacional de servicios de tecnologías de la información, ha inaugurado un centro de datos de gran eficiencia ecológica que proporcionará a la ciudad de Helsinki energía basada en la recuperación de calor. La instalación forma parte de un nuevo Centro de Datos de 5.000 m2 construido por la empresa finesa Académica, conocida por la eficaz recuperación de calor y el reciclado de energía en sus centros de datos. Este centro de datos “eco-eficiente” ofrecerá servicios a clientes europeos y es una de las muchas iniciativas diseñadas para conseguir los objetivos sostenibles de Atos. El Centro ecológico utiliza ...
20 decembro 2011
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica contará co Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, entre outras entidades do sector TIC, na elaboración do anteproxecto de Lei de Impulso e ordenación das Infraestruturas de Telecomunicacións de Galicia.Fonte: COETGLer máis
16 decembro 2011
A Axencia Española de Protección de Datos e o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñaría en Informática asinan un convenio de colaboración, que ten por obxecto estender, facilitar e contribuír á consolidación o coñecemento da protección de datos e o cumprimento dos dereitos e deberes que comporta dentro do colectivo de Colexios Oficiais de Enxeñaría en Informática.O convenio, que terá unha vixencia de dous anos, establece un marco de cooperación polo que ambas as entidades se comprometen, entre outras iniciativas, ao desenvolvemento de accións de difusión, promoción e divulgación da protección de datos no ámbito dos Colexios Oficiais ...
16 decembro 2011
Telefónica celebra hoy en Madrid la primera jornada del evento ‘2021 Networking Summit’, uno de los foros de redes móviles más relevantes del sector y en el que algunos de los mayores expertos del mundo debatirán, desde una perspectiva eminentemente tecnológica, los principales retos que se plantean en la industria de las comunicaciones móviles a largo plazo.Desde la premisa de que los servicios móviles están presentes en todos los ámbitos de la vida de los ciudadanos, el objetivo de este congreso pasa por compartir ideas nuevas, presentar una visión diferente de la realidad móvil y, fundamentalmente, intercambiar opiniones acerca ...
16 decembro 2011
Maite Cancelo, directora xeral de BIC Galicia, e Lucía Gregorio, directora xeral de INEO, presentaron o mércores 14 de Decembro, en Vigo, unha Rede de soporte para impulsar en Galicia a creación de empresas de base tecnolóxica lideradas por mulleres. Foi durante o “Foro Emprender e dirixir en feminino. A muller emprendedora e directiva na escea 2.0”, celebrado na Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións de Vigo e organizado por BIC Galicia e INEO.Fonte: IneoLer máis
16 decembro 2011
Rafael Valcarce Baiget, presidente de Arteixo Telecom, comparte páginas con Ferrán Adriá, director de El Bulli Foundation; Valentín Fuster, director del Instituto Cardiovascular del Hospital Mount Sinai de Nueva York; Ramón Núñez Centella, responsable del Museo Nacional de Ciencia y Tecnología, y otros 46 colaboradores en el libro Cómo la tecnología cambió mi vida, editado por JdeJ Editores y patrocinado por Telefónica.Esta obra, prologada por el escritor y divulgador científico Eduardo Punset, pretende ser una reflexión colectiva, a través de artículos de medio centenar de empresarios, profesionales y usuarios, sobre la implantación de las nuevas tecnologías en los diferentes ...
14 decembro 2011
O Grupo Academia Postal, a través do seu Centro de Formación PEN, está a organizar unha serie de actividades formativas no eido da informatica e das novas tecnoloxías. As accións insírense dentro do Plan Avanza 2011-12 do Ministerio de Industria e van dirixidas a profesionais da informática e das telecomunicacións que sexan traballadores autónomos ou que desenvolvan o seu labor en pequenas e medianas empresas de Galicia, Castela A Mancha, Andalucía e Estremadura. Os cursos están totalmente subvencionados.Na páxina web do Centro PEN pódense atopar a información completa e os formularios necesarios para participar nas distintas actividades, así como ...
14 decembro 2011
O próximo 21 de decembro, e no marco da VIII edición da Gala dos Premios Eganet 2011, a Asociación de Empresas adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías dará o seu recoñocemento ás empresas que levan 10 anos de traxectoria empresarial.Despois de 15 anos de intenso traballo, recibimos con moita ilusión esta mención especial, e tamén felicitamos ás outras 8 empresas socias que acadaron a década de vida no sector de Internet e as Novas Tecnoloxías.Fonte: AbertalLer máis
14 decembro 2011
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) ten desde esta mañá unha nova xunta de goberno que velará polos intereses das 325 persoas colexiadas, polos estudos e a profesión informática. O Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, acolleu a xuntanza na que se produciu a proclamación da única candidatura presentada ás eleccións.Resultou reelixido como presidente Fernando Suárez Lorenzo, que contará na xunta de goberno co apoio dos seguintes colexiados: Juan Otero Pombo, vicepresidente; Juan José González Cid, secretario; Francisco Manuel Bago Castro, vicesecretario (o único, xunto co presidente, que xa pertenceu á anterior xunta de ...
14 decembro 2011
Atos, compañía internacional de servicios de tecnologías de la información, y el Clúster de Movilidad y Logística MLC ITS Euskadi lideran la participación española en el proyecto Co-Cities (Cooperative Cities), que tiene como objetivo introducir modelos de movilidad cooperativa para mejorar la gestión del tráfico urbano.El proyecto, financiado por la Unión Europea, tendrá una duración prevista de tres años, y supondrá por primera vez la incorporación de la información y los comentarios de los usuarios de los servicios de movilidad, de forma que se transformen en datos útiles para mejorar la información ofrecida a los usuarios sobre el estado ...
14 decembro 2011
A Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia é a primeira Socia de Honra de INEO, Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e da Telecomunicación. Por primeira vez desde a súa constitución, en 2006, INEO entrega esta distinción que recoñece publicamente a contribución dunha persoa, organización ou institución na consecución dos fins da asociación, no seu desenvolvemento e na súa dignificación.Fonte: IneoLer máis
14 decembro 2011
Continuando en la línea de mejora de la documentación del ERP LIBRA, se ha incorporado a la zona de clientes de la web de EDISA (www.edisa.es) un documento que resumen 25 casos prácticos de procesos implantados con el módulo BPM de LIBRA.En cada ejemplo podrá encontrar un gráfico con el diseño flujo y una breve explicación del proceso. En alguno podrá encontrar incluso, un formulario de ejemplo que da soporte escrito a los registros generados en el proceso.Todos los ejemplos publicados corresponden a casos reales que están implantados actualmente en compañías medias y grandes cuyo software ...
14 decembro 2011
El Instituto de Crédito Oficial (ICO) ha adjudicado mediante un concurso público a everis el mantenimiento correctivo y evolutivo de la mayor parte de sus aplicaciones informáticas por un importe de 4,2 millones de euros.Mediante este proyecto que tendrá una duración de tres años ampliables a cinco, el ICO obtendrá unos ahorros de entre el 15% y el 20% del coste actual de sus servicios de mantenimiento y evolución de sistemas de información.De este modo, everis incrementará la productividad de los equipos de trabajo del ICO con la implantación de un nuevo modelo de servicio. Asimismo, permitirá ...
14 decembro 2011
Telvent GIT, S.A., la compañía líder en soluciones tecnológicas e información en tiempo real para un mundo sostenible, ha anunciado hoy el lanzamiento de su nueva solución DTN Exchange Mobile. Se trata de una plataforma que permite gestionar la compra de carburantes a través de dispositivos móviles, en cualquier momento y desde cualquier lugar, de manera rápida y sencilla.La creciente volatilidad del mercado del crudo exige una gran capacidad de respuesta a compradores y vendedores. DTN Exchange Mobile surge con el objetivo de ayudar a que las empresas comercializadoras de derivados del petróleo puedan reaccionar ante dicha volatilidad ...
14 decembro 2011
Blusens, la multinacional española fabricante de electrónica de consumo de última generación, llevará a cabo demostraciones del Blusens web:tv en diferentes puntos de venta estas Navidades. Estas demostraciones estarán activas desde el 12 de diciembre hasta el 14 de enero en Madrid, Barcelona, Vigo en diferentes puntos de venta. Esta acción pretende llevar el concepto del Blusens web:tv, el dispositivo que lleva Internet a la televisión, al usuario final, que podrá ver y probar por sí mismo el funcionamiento del dispositivo con sus últimas actualizaciones.Fuente: BlusensLeer más
14 decembro 2011
En Disashop queremos repartir suerte entre todos los puntos de venta y premiarlos incrementando el saldo que ingresen el día 21 de Diciembre en su TPV si el número 01745 sale premiado en el sorteo extraordinario de Lotería de Navidad del 22 de diciembre.Si el nº 01745 resulta agraciado con el 3º premio de Lotería de Navidad, Disashop regala al punto de venta el importe total ingresado el 21 de Diciembre de 2011 multiplicado por 1 (si el importe total ingresado es de 500€ el saldo extra obtenido será 500€x1=500€)Si el nº 01745 resulta agraciado con el ...
14 decembro 2011
Telefónica Latinoamérica va a impulsar el uso de tabletas en el mercado de América Latina como palanca para la adopción de banda ancha móvil, ofreciendo equipos de alta calidad a un coste muy competitivo desde sus compañías que operan bajo la marca Movistar en la región.Según analistas del sector, el mercado de las tabletas llegará a los 187 millones de unidades vendidas a finales de 2015 en todo el mundo, y para el próximo año se estima que de los 94 millones de unidades de tabletas que se prevé vender en todo el mundo, el 17% será en países ...
22 novembro 2021
O director científico do CiTIUS, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na Universidade de Santiago de Compostela, recibiu o pasado xoves en Madrid o galardón que recoñece a súa traxectoria investigadora na cerimonia de entrega dos Premios de Investigación Sociedade Científica Informática de España – Fundación BBVA 2020-2021.
«É unha honra inmensa. O meu agradecemento ao xurado, á SCIE e á Fundación BBVA non só polo galardón, senón tamén porque a través dos premios nacionais prestigian a investigación española en informática». Senén Barro, director científico do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago ...
22 outubro 2021
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha unha nova edición do Programa Tecnólog@ por un día, que volve a ofrecer a estudantes de 12 a 17 anos a oportunidade de experimentar, en primeira persoa, unha xornada laboral con profesionais das empresas do sector TIC en Galicia. A iniciativa desenvólvese no marco do Plan de Promoción de Talento Dixital de Galicia DigiTalent.
Nesta edición, retómase a presencialidade do programa e ofreceranse 66 prazas, grazas a colaboración de 6 empresas tecnolóxicas que, xunto coa Amtega, posibilitarán a experiencia de acoller a “Tecnólog@s por un día”: Altia ...
23 xuño 2021
A oportunidade que ten Galicia de especializarse en intelixencia artificial foi un dos argumentos da xornada coa que hoxe comezou a súa actividade o centro GaiásTech da Xunta, que ocupa unha superficie de 500 metros cadrados na Cidade da Cultura.
A xornada de traballo estivo precedida das intervencións da directora da Amtega, Mar Pereira, e da directora da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez. Así mesmo, o director da Área de Sociedade Dixital da Amtega, Miguel Rodríguez, ofreceu unha visión global do proceso de transformación dixital de Galicia que se reflicte na plataforma DixiTerrae.
A xornada técnica inaugural, baixo ...
22 xuño 2021
Un equipo de investigación interdisciplinar con participación do IGFAEcreou un prototipo para a detección de gas radon, un sistema modularpara monitorar e controlar a concentración de radon en contornaspechadas, de forma automática e a distancia
O gas radon é a maior fonte de exposición a radiación natural enhumanos e causa entre o 3 e o 14% dos casos de cancro de pulmón
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC colaborou no deseño e desenvolvemento dun prototipo para a detección de gas radon en edificacio ...
22 xuño 2018
A Asemblea Xeral Ordinaria do Clúster TIC de Galicia incluirá na edición do 28 de xuño de 2018 unha serie de mesas de traballo nas que os asociados poderán debatir sobre algúns dos temas máis relevantes no eido das novas tecnoloxías da comunicación. Estas mesas serán espazos físicos nos que, dende as 13:20 ata as 14:45 os asistentes exporán o estado e posibilidades de participación e influencia do Clúster TIC. Os asociados están convidados a formar parte deste evento previo á asemblea. Tamén se ofrecerá un xantar de networking ...
8 novembro 2016
Un ano máis, co obxectivo de estimular e recoñecer o traballo de todos os axentes comprometidos co desenvolvemento do tecido produtivo baseado na Sociedade da Información, convócase unha nova edición dos Premios Clúster TIC Galicia. Esta iniciativa pon de relevo ante a sociedade o labor das empresas, profesionais ou entidades que deseñan, programan, desenvolven, implantan ou usan produtos ou servizos galegos que teñen na innovación e no uso das novas tecnoloxías a súa razón de ser.Os galardóns convócanse en seis categorías: Innovación, Internacionalización, Liderado TIC, Start-ups e Software Libre, ás que se lles une nesta edición a categoría de ...
27 outubro 2015
O Comité Avaliador Experto dos Premios Clúster TIC Galicia vén de dar a coñecer aos finalistas das 5 categorías. Unha selección complicada dado o alto nivel das 34 candidaturas presentadas.Os finalistas son:Categoría Innovación:o AVANSIG (A Coruña)o EGATEL (San Cibrao das Viñas)o SINERGIA G6 (O Porriño) Categoría Internacionalización:o IGALIA (A Coruña)o Quobis (O Porriño)o Optare Solutions (Vigo) Categoría Liderado TIC:o ALTIA CONSULTORES (A Coruña)o CPEIG (Santiago de Compostela)o HEWLETT PACKARD SERVICIOS (Santiago de Compostela) Categoría Startup:o APPENTRA SOLUTIONS (A ...
19 abril 2012
Baixo o paraugas do grupo de traballo de Innovación e Demanda Temperá, poñeranse en marcha seis proxectos para a procura de mercados e oportunidades de negocio en nichos estratéxicos. Segundo a proposta presentada polo grupo de traballo e aprobada polo Comité Estratéxico do Cluster na súa reunión do pasado 12 de abril, as comisións ou subgrupos de traballo crearanse arredor de empresas interesadas en dedicar recursos a impulsar un proxecto de demanda temperá en cada unha das áreas seleccionadas.Cada subgrupo funcionará de maneira autónoma, cun responsable que reportará ao coordinador do grupo de traballo, que neste caso está liderado ...
9 marzo 2012
O grupo de traballo Innovación e Demanda Temperá traballará na posta en marcha de sete comisións para impulsar cada un dos proxectos seleccionados de ente a axenda estratéxica de I+D+i proposta por Vindeira e aprobada polo Comité de Dirección e o Comité Estratéxico do Cluster.As comisións ou subgrupos de traballo crearanse arredor de empresas interesadas en dedicar recursos a impulsar un proxecto de demanda temperá en cada unha das áreas seleccionadas. Unha vez acadada unha masa crítica mínima de empresas interesadas en cada proxecto, o subgrupo porase en marcha e funcionará de maneira autónoma. Haberá un coordinador ...
2 marzo 2012
O próximo luns, 5 de marzo, reunirase o grupo de traballo de Globalizción e Internacionalización para pulir os últimos detalles do Plan de Internacionalización do sector TIC galego. A elaboración dunha estratexia para dar un forte pulo á saída aos mercados exteriores das empresas do eido das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións é un compromiso adquirido polo Cluster ante a Consellería de Economía e Industria, e conta co apoio expreso da administración galega. Este plan, que está xa moi avanzado na súa elaboración, marcará obxectivos ambiciosos que deberán ser acadados nos próximos tres anos, e fixará como mercados preferentes ...
1 abril 2011
O grupo de Traballo de Formación rematou a elaboración da enquisa de necesidades formativas, tendo aprobado as conclusións do traballo na súa reunión correspondente ao mes de marzo. Ao cuestionario, que foi enviado a todas as empresas e entidades membros do Cluster, responderon o 24,27% dos consultados. Como principal conclusión, pódese sinalar que as necesidades de formación máis demandadas son as relacionadas coa Xestión de proxectos e coa Programación. O primeiro contido é sinalado polo 80% dos consultados, mentres que o segundo é solicitado polo 76%.Tras Xestión de Proxectos e Formación, os seguintes contidos con maior demanda son ...