Presentación de proxectos ás axudas Innoempresa

Presentación de proxectos ás axudas Innoempresa


Recentemente foron publicadas as axudas de INNOEMPRESA por parte do Igape. Dende o Clúster TIC en colaboración con EGANET, comezamos a traballar para presentar proxectos ás distintas liñas, xa que son unha oportunidade de mellora tecnolóxica para o tecido empresarial galego que o Clúster non pode desaproveitar.  

Fíxose un sondeo entre empresas socias, para abrir a posibilidade de participar con algún proxecto propio, que tivera cabida no marco destas axudas, e nestes momentos estamos a analizar as propostas presentadas e das que vos daremos conta en próximas datas.  

Lembrámosvos que as liñas nas que estamos traballando e para as que se van a presentar proxectos son as seguintes:

Liña IG127. Implantación de ferramentas de xestión avanzada existentes e contrastadas nos mercados e outras ferramentas de xestión innovadoras, que incidan na mellora das diferentes áreas da empresa como: - Organización da produción (incluída a implementación de ferramentas de “Lean Productivity”: Lean Office, Lean Manufacturing, e similares).

  • Relacións con provedores ou clientes.
  • Innovacións nos modelos de marketing e de comercialización.
  • Xestión ambiental.
  • Innovación en eficiencia enerxética.
  • Innovación en loxística e distribución.
  • Innovación na área de recursos humanos.
  • Integración dos sistemas de xestión empresarial.
Máis info: http://app.igape.es/.axudas/ficha.asp?cod=IGAP244

Liña IG132. Implantación e certificación de acordo coas normas UNE 166.001 (proxectos de I+D+i) e UNE 166.002 (sistemas de xestión da I+D+i).
Máis info: http://app.igape.es/.axudas/ficha.asp?cod=IGAP241

Liña IG135. Identificación de necesidades tecnolóxicas, desenvolvemento de solucións técnicas e organizativas comúns e utilización de servizos avanzados compartidos por grupos de empresas.
Máis info: http://app.igape.es/.axudas/ficha.asp?cod=IGAP239

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies