O pasado xoves 23 de maio publicouse no BOE a convocatoria de axudas da "Acción Estratégica de Economía y Sociedad Digital (AEESD)" impulsadas polo Ministerio de Industria, Energía y Turismo dentro do "Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2013-2016". Ademais, ese mesmo día tivo lugar no CDTIC unha xornada de presentación destas liña de axudas a cargo de María Ángeles Barragán Zorrilla, subdirectora xeral de Fomento de la Sociedad de la Información da Secretaría de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información. Esta xornada que contou coa presenza do Cluster TIC Galicia e na que se espuxeron as principais características das axudas AEESD
Segundo se informou na xornada, as principais características das asudas son as seguintes:
- Presuposto da convocatoria: é de 477 millóns de euros, 422 millóns de préstamos e 55 de subvención (axudas mixtas subvención e préstamos).
- Proxectos de desenvolvemento experimental (ou no marco dun Cluster TIC Eureka): tanto individuais como en cooperación; agárdanse proxectos tecnolóxicos innovadores que estén cerca do mercado.
- Consorcios: no caso dos proxectos en cooperación, o número máximo de membros do consorcio será de cinco, contando ao líder do mesmo.
- Pago: en dúas anualidades (2013 e 2014).
- Beneficiarios: empresas constituídas antes do 1 de xaneiro de 2011 (entidades públicas, organismos privados de investigación, persoal autónomo e entidades empresariais sen fin de lucro só poden ser subcontratados).
- Presuposto mínimo por proxecto: 300.000 euros.
- Subcontratación: nunca superior ao 50%.
- Cuantía da subvención: máximo dun 20% e mínimo dun 9%, dependendo da tipoloxía da empresa e da avaliación do proxecto.
- Cuantía do préstamo: ata o 100% do proxecto, complementando á subvención; será necesaria a presentación de garantías por un 25% da axuda total, sendo as características do préstamo un tipo de interese do 0,528% e cinco anos de amortización (incluídos dous de carencia).
As prioridades temáticas das axudas son as seguintes:
- Ciberseguridade e confianza dixital.
- Mellora da competitividade das pemes.
- Administración electrónica.
- Xestión medioambiental: eficiencia enerxética; habitabilidade e mobilidade urbana.
- Contidos dixitais.
- Industrias do futuro: infraestructuras de Internet do Futuro; sistemas e dispositivos electrónicos.
O procedemento para acceder ás axudas articúlase en dúas fases:
- Fase 1 - Cuestionario de innovación tecnolóxica: para participar na mesma é necesario presentar solicitude de axuda e cuestionario (3 follas), poderes de representación do firmante e CV do director de proxecto (1 folla); esta fase contempla un turno oral no que o director de proxecto deberá responder a preguntas do tribunal de avaliación.
- Fase 2 - Memoria do proxecto: só participarán os proxectos que superen a fase 1, presentando o modelo de solicitude definitiva e cuestionario de datos do proxecto, a memoria do mesmo (40 follas) e outra documentación que sexa necesaria para a correcta avaliación da proposta.
Finalmente recoméndase a máxima concreción na memoria, e considérase clave contar unha análise de viabilidade da solución plantexada, aspecto que é clave.
Estímase que os resultados da fase 1 se coñecerán arredor da segunda semana de xullo.
O prazo de presentación de solicitudes para participar na 1ª fase de avaliación remata o xoves 6 de xuño de 2013.
Comentarios