COINTEGA e Clúster TIC Galicia achegan ideas para un novo proxecto de innovación tecnolóxica no textil-moda

COINTEGA e Clúster TIC Galicia achegan ideas para un novo proxecto de innovación tecnolóxica no textil-moda


Con data 14 de maio reuníronse na sede de COINTEGA varios membros das empresas que integran o Cluster Galego Textil Moda e o Cluster TIC Galicia, para levar a cabo un proxecto de innovación tecnolóxica para o sector téxtil-moda.

Para lograr a máxima eficiencia nesta iniciativa Fernando Vázquez, CEO e fundador de Imatia, en representación do Clúster TIC e Alberto Rocha, Secretario Xeral de Cointega, coordinaron este grupo de traballo na súa primeira reunión.

Tras as diferentes achegas de ideas entre ambos os dous sectores, as empresas téxtiles galegas concluíron que o mellor xeito de mellorar a eficiencia da xestión do negocio, tanto online coma offline, será a creación dunha multiplataforma que reúna ás principais tendas multimarca do sector galego.

Disposición e ilusión son as palabras que ben poden definir a esta iniciativa entre ambos os dous sectores que pretenden idear, crear e consolidar novos proxectos de innovación tecnolóxica que coloquen o téxtil galego como o referente nacional.

Despois deste primeiro achegamento no que se detectaron as carencias e posibilidades de mellora, ambos os dous sectores reuniranse por separado para definir de xeito concreto as súas necesidades e desenvolver un proxecto común nunha próxima reunión conxunta.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies