PEN Consultoría y Formación, do Grupo Academia Postal, organiza actividades formativas totalmente subvencionadas para profesionais da informática e as telecomunicacións

PEN Consultoría y Formación, do Grupo Academia Postal, organiza actividades formativas totalmente subvencionadas para profesionais da informática e as telecomunicacións


O Grupo Academia Postal, a través do seu Centro de Formación PEN, está a organizar unha serie de actividades formativas no eido da informatica e das novas tecnoloxías. As accións insírense dentro do Plan Avanza 2011-12 do Ministerio de Industria e van dirixidas a profesionais da informática e das telecomunicacións que sexan traballadores autónomos ou que desenvolvan o seu labor en pequenas e medianas empresas de Galicia, Castela A Mancha, Andalucía e Estremadura. Os cursos están totalmente subvencionados.

Na páxina web do Centro PEN pódense atopar a información completa e os formularios necesarios para participar nas distintas actividades, así como obter información sobre as datas disponibles en cada localidade.

Os cursos ofertados, todos eles en modalidade mixta (presenciál máis e-learning) son os seguintes:

- Cisco CCNA 1 e 2

- Ciso CCNA 3 e 4

- Programador Java Standard Edition 6.0 (SCJP)

- Desarrollador de aplicación para dispositivos móbiles Java ME (SCMAD)

- Fundamentos de ITIL v3

Ver a oferta no folleto de Pen Consultoría y Formación

Fonte: Pen Consultoría y Formación – Grupo Academia Postal.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies