Unha representación do Clúster TIC Galicia estivo nun encontro celebrado no IGAPE con representantes da Embaixada Cubana, que tivo lugar o xoves 20 de xuño ás 17 h.
Esta visita institucional do Embaixador da República de Cuba en España entre outros temas pretendía dar a coñecer as potencialidades na vertente económica de Cuba, con motivo dunha viaxe que o Presidente da Xunta de Galicia, D. Alberto Nuñez Feijoo, realizará no 2º semestre do 2013.
Foi unha reunión de traballo exploratoria e de análise das posibilidades nese mercado para as empresas galegas no sector TIC e noutros sectores estratéxicos.
Comentarios