Última ventá de oportunidade para optar ás axudas do Fondo Tecnolóxico 2013-2014

Última ventá de oportunidade para optar ás axudas do Fondo Tecnolóxico 2013-2014


O prazo para presentar proxectos para as axudas do Fondo Tecnolóxico 2013-2014 conclúe aproximadamente o 15 de setembro, tendo en conta o marco temporal esixido aos proxectos e o proceso de avaliación ao que serán sometidos. Isto significa, na práctica, que as empresas e entidades están ante a última ventá de oportunidade para optar a esta fonte de financiamento.

Trátase de subvencións equivalentes de ata o 30%, con financiamento de ata o 85% do proxecto a un tipo equivalente ao Euríbor máis 0’1%.
As principais características e requisitos que deben cumprir os proxectos para optar a estas liñas de financiamento xestionadas polo CDTI son as seguintes:

  •  Proxectos empresariais de I+D en cooperación, preferentemente individuais.
  •  Presuposto superior a 175.000 euros.
  •  Duración do proxecto de 12 a 15 meses.
  •  Proxectos non iniciados pero que comecen antes de 2014.
Recórdase aos socios que, debido á limitación temporal destas liñas, deberíase cursar a solicitude no menor tempo posible para poder cumplir todos os requisitos.
O Clúster TIC Galicia mantense en permanente contacto co CDTI, polo que se ofrece como interlocutor na presentación das posibles propostas ante este organismo.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies