Todas as empresas interesadas deberán confirmar a súa asistencia a info@clusterticgalicia.com antes das 20:00 horas de hoxe mércores 26 de xuño
Estamos nun momento de alto risco empresarial mais as expectativas para o sector TIC son positivas. A elaboración da Estratexia de Especialización Intelixente para Galicia (RIS3) marcará o futuro inmediato do noso sector e do tecido productivo galego. Seguimos sendo o motor da innovación e da renovación económica e de nós depende o afortalamento, crecemento e mellora da competitividade.
Na Asemblea Xeral de mañán trataremos estes temas e queremos compartilos coas empresas do sector.
Agardamos pois, contar coa vosa presenza!
Comentarios