O CPEIG renova a súa xunta de goberno

O CPEIG renova a súa xunta de goberno


O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) ten desde esta mañá unha nova xunta de goberno que velará polos intereses das 325 persoas colexiadas, polos estudos e a profesión informática. O Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, acolleu a xuntanza na que se produciu a proclamación da única candidatura presentada ás eleccións.

Resultou reelixido como presidente Fernando Suárez Lorenzo, que contará na xunta de goberno co apoio dos seguintes colexiados: Juan Otero Pombo, vicepresidente; Juan José González Cid, secretario; Francisco Manuel Bago Castro, vicesecretario (o único, xunto co presidente, que xa pertenceu á anterior xunta de goberno); Antonio Carro Mariño, tesoureiro; Juan Luis Núñez Tourís, vicetesoureiro; Francisco Javier García Tobío, vogal 1; Alejandro Diego Benítez Martínez, vogal 2; Fernando Abraham Pizarro Fernández, vogal 3; e Francisco Javier Rodríguez Martínez, vogal 4.

Suárez Lorenzo tivo palabras de agradecemento tanto para os membros saíntes como para o equipo que a partir de hoxe o acompañará ao temón do CPEIG. Do mesmo xeito, dirixiuse aos colexiados e colexiadas para asegurarlles que o novo equipo “traballará con novas forzas pola promoción e defensa da profesión”.

Fonte: CPEIG

Ler máis

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies