Convocada a Asemblea Xeral Ordinaria do Clúster para o 27 de xuño en Compostela

Convocada a Asemblea Xeral Ordinaria do Clúster para o 27 de xuño en Compostela


O Clúster TIC Galicia convocou aos seus socios á Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar o próximo 27 de xuño no edificio do FEUGA, en Santiago de Compostela. A hora de celebración será as 17 h en primeira convocatoria ou ás 17:30 h en segunda.

A Asemblea desenvolverase de acordo coa seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se proceder, da acta anterior.
  2. Aprobación, se proceder, de novas altas e baixas.
  3. Presentación e aprobación, se proceder, do Informe de xestión do ano 2012.
  4. Presentación e aprobación, se proceder, do Informe económico do ano 2012.
  5. Presentación e aprobación, se proceder, da proposta de actividades para o 2013.
  6. Presentación e aprobación, se proceder, da posición/participación no RIS3.
  7. Presentación e aprobación, se proceder, do acordo económico de integración de EGANET.
  8. Presentación e aprobación, se proceder, do orzamento previsto para o ano 2013.
  9. Aprobación, se proceder, do proxecto de novos Estatutos e calendario de aprobación.
  10. Rogos e preguntas.

Se algún socio desexa delegar a sua asistencia, representación ou voto noutra persoa, debe remitir o modelo que se adxunta debidamente cuberto a info@clusterticgalicia.com antes do día 26 de xuño ás 14:00 h.

Delegación de asistencia e voto

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies