A AEPD e o CCII asinan un convenio de colaboración

A AEPD e o CCII asinan un convenio de colaboración


A Axencia Española de Protección de Datos e o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñaría en Informática asinan un convenio de colaboración, que ten por obxecto estender, facilitar e contribuír á consolidación o coñecemento da protección de datos e o cumprimento dos dereitos e deberes que comporta dentro do colectivo de Colexios Oficiais de Enxeñaría en Informática.

O convenio, que terá unha vixencia de dous anos, establece un marco de cooperación polo que ambas as entidades se comprometen, entre outras iniciativas, ao desenvolvemento de accións de difusión, promoción e divulgación da protección de datos no ámbito dos Colexios Oficiais de Enxeñaría en Informática.

Fonte: CPEIG

Ler máis

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies