18 maio 2021
O Clúster TIC Galicia colabora coa sede de everis en Galicia para impulsar e fomentar a participación do ecosistema emprendedor galego nos eAwards Spain, que convoca a fundación everis. A entidade ofrécese así para resolver calquera dúbida sobre a presentación á convocatoria dos seus asociados.
Nestes premios, cuxo prazo límite de presentación é o 21 de xuño de 2021, búscanse proxectos que se atopen, como mínimo, en fase de prototipado, baseados en tecnoloxías de alto impacto, innovadoras, escalables, sostibles, que contribúan a mellorar a calidade de vida e/ou solucionen problemas ambientais a través de modelos de negocio dixitais e ...
3 maio 2021
O presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, valora de forma positiva a implantación do grao de Intelixencia Artificial (IA) nas universidades galegas nunha reportaxe publicada esta fin de semana en La Voz de Galicia en relación a este tema. O responsable destacou a importancia desta formación, xa que ademais de responder a unha demanda das empresas, é unha anticipación do sistema, que se está a sincronizar co mercado de traballo.
«A maioría dos profesionais que cobren estes postos adoitan ser graduados en Informática, que se especializaron en IA. Isto é un hándicap porque deixa sen cubrir ...
28 abril 2021
O Clúster TIC Galicia vén de publicar as bases e procedemento para solicitar espazos na Cidade das TIC (CdT), unha iniciativa estratéxica de máis de 145.000 m² para crear un Polo TIC e de innovación dixital nos antigos terreos da Fábrica de Armas de A Coruña.
As empresas tecnolóxicas interesadas en situarse neste campus empresarial poderán alugar locais de oficina no Centro de Servizos Avanzados (CSA), de 2.000 m², ou dimensionar e deseñar o seu propio espazo segundo as súas necesidades nas Naves 2, 3 e 4, que ofrecerán 15.000 m² para este cometido.
O período de ...
15 outubro 2020
A xunta directiva do Clúster TIC Galicia refórzase no inicio do novo mandato coa incorporación de cinco empresas tecnolóxicas: Cinfo, Altia, APDTIC, Imatia e Xoia, que se suman ás doce que repiten da anterior etapa. A primeira reunión do renovado Comité de Dirección (CODI), celebrada este mércores, aprobou a configuración do novo organigrama, no que Antonio Rodríguez del Corral, CEO de Cinfo, repite como presidente do Clúster TIC ao liderar a única candidatura presentada ás eleccións do organismo.
Na nova configuración nomeouse vicepresidente a Constantino Fernández Pico, presidente e cofundador de Altia, mentres que Francisco Javier Rodríguez Martínez, do Colexio ...
1 outubro 2020
Antonio Rodríguez del Corral resultou reelixido presidente do Clúster TIC de Galicia, en representación da empresa Cinfo, ao liderar a única candidatura presentada ás eleccións do organismo. Os comicios celebráronse onte durante unha Asemblea Extraordinaria na que tamén se elixiu o Comité de Dirección (CODI).
A continuidade nas liñas de actuación marcará a actividade do novo equipo que estará ao fronte da asociación de empresas tecnolóxicas galegas durante este novo mandato de tres anos. Así, se mantén ao 80% dos dezaseis membros pertencentes ao CODI saínte, resultando electos no apartado de Grandes empresas TIC: Altia, Bahía, Everis, Idom, Imatia, R ...
1 xullo 2020
O presidente do Cluster TIC de Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, mantivo hoxe un encontro en A Coruña co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, acompañados de representantes de empresas socias para acelerar o proxecto da Cidade das TIC no que a Xunta comprometeu 4,82 millóns de euros.
Durante o acto, Rodríguez del Corral presentou ante os asistentes as distintas fases da posta en marcha do Centro de Servizos Avanzados, o gran centro demostrador para a transformación dixital da industria galega, que será a primeira infraestrutura da futura ...
29 xuño 2020
O Centro de Servizos Avanzados, o gran centro demostrador para a transformación dixital da industria galega impulsado polo Clúster TIC Galicia, será a primeira infraestrutura da futura Cidade das TIC, trala aprobación no último Consello da Xunta dunha achega de 4,82 millóns de euros.
A nova infraestrutura, que estará situada nunha parcela da antiga Fábrica de Armas, contará cunha superficie total de 4.600 metros cadrados e ofrecerá ás empresas do sector un espazo para levar a cabo demostracións, prototipos e lanzar proxectos. Acollerá catro laboratorios –Laboratorio Media, Laboratorio de Dispositivos Intelixentes, Laboratorio de Intelixencia Artificial e Laboratorio de ...
25 xuño 2020
Cada ano máis de mil ofertas quedan vacantes en Galicia por falta de perfís tecnolóxicos e dixitais. Co obxectivo de paliar este déficit de talento TIC, Campus Dual presentou a segunda edición do Master de Desenvolvemento de Software e Negocio Dixital. O programa formativo duplica este ano a súa capacidade coa incorporación da Universidade da Coruña, que está finalizando os trámites para impartir unha titulación en A Coruña, que desde o setembro pasado se imparte con gran éxito na Universidade de Vigo.
O Máster, que abriu esta semana o seu prazo de preinscrición, ofrece aos aspirantes a oportunidade de formarse ...
24 abril 2020
O Clúster TIC de Galicia forneceu durante os últimos días 10.000 unidades de máscaras cirúrxicas de protección contra o Covid-19 entre as empresas socias, dentro das accións postas en marcha pola Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e do Servizo Galego de Saúde (Sergas), para facilitar o material sanitario necesario na loita contra o virus.
Un total de 35 empresas socias –21 na Coruña, 12 en Pontevedra, 1 en Lugo e outra en Ourense-, das 104 que forman parte do organismo solicitaron a entrega deste material para garantir a seguridade e defensa da ...
20 abril 2020
Campus Dual é unha iniciativa pioneira e innovadora para a capacitación, empregabilidade e inserción laboral que -inicialmente- pon en marcha Clúster TIC Galicia, Universidade de Vigo e Imatia Innovation. Caracterizada pola súa proactividade e apertura a calquera entidade (asociacións, universidades, empresas e AAPP), o fin último desta iniciativa é dotar a Galicia dunha canteira de talento TIC que sexa referente a nivel nacional e internacional, e que –ademais- sirva de palanca de desenvolvemento económico e benestar social. A iniciativa vincúlase coas actuacións do Plan de Promoción do Talento Dixital da Xunta, ao que está adherido o Clúster TIC.
A incorporación ...
4 xullo 2019
O Clúster TIC colabora coa Universidade de Vigo e coa empresa de desenvolvemento de Software Imatia Innovation, no lanzamento do Programa de Posgrao en Desenvolvemento de Software e Negocio Dixital.
5 abril 2019
A xornada terá lugar o día 24 de abril na Finca Tres Pinos en Santiago de Compostela. A inscrición, ata o día 17 de abril, é gratuita ata completar aforo.
11 febreiro 2019
Os galardóns entregáronse hoxe na Coruña, nunha gala enmarcada na Lacon9th
17 xaneiro 2019
A convocatoria conxunta do Clúster TIC e Laconnetwork premiará a empresarios, institucións e asociacións en nove categorías vinculadas directamente ás Tecnoloxías da Información e a Comunicació
7 decembro 2018
A consultora tecnolóxica Stratesys Technology Solutions, líder en servizos dixitais e unha das maiores especialistas en tecnoloxías SAP e OpenText, incorpórase como novo asociado ao Clúster TIC.
5 decembro 2018
COMO PARTE DA RELACIÓN ESTABLECIDA ENTRE O CLUSTER TIC GALICIA E O IFFE, ACHÉGASE INFORMACIÓN SOBRE O MESTRADO EN BIG DATA E ANALÍTICA DE NEGOCIO E O MESTRADO EN INDUSTRIA 4.0 E TRANSFORMACIÓN DIXITAL QUE ESTÁN A
30 novembro 2018
Durante os últimos días, mantivéronse xuntazas bilaterais de negocio con empresas socias do Cluster co obxectivo de detectar oportunidades de negocio e estreitar lazos comerciais
14 setembro 2018
O programa de especialización en Xestión Empresarial e Organización 4.0 lévase a cabo en colaboración con IFFE Business School
3 setembro 2018
Evento organizada polo IGAPE e o Cluster TIC Galicia no que se exporán as principais características da segunda convocatoria das axudas á dixitalización industrial (Industria 4.0)
16 xullo 2018
Esta formación para PEMES é froito da colaboración do Clúster TIC con IFFE Business School e conta co financiamento do IGAPE
23 xaneiro 2023
O Grupo Inetum, líder europeo en servizos e solucións dixitais, foi distinguido polo Top Employers Institute como un dos Top Employers Europa 2023. A compañía TI está certificada pola súa política de RRHH. Esta distinción recoñece especialmente as actividades en España, Francia, Bélxica, Polonia e Portugal. O Grupo anunciou un plan de contratación para 2023 de 7.000 postos en todo o mundo, 2.000 deles en España.
Top Employers Institute avalía, desde hai máis de 25 anos, a xestión en recursos humanos das empresas. Como observador único e independente, o Instituto baséase na auditoría de case 1.700 organizacións ...
17 xaneiro 2023
PlexoCast é un produto deseñado pola compañía tecnolóxica Plexus Tech que permite mellorar a experiencia de usuario do cliente no sector hospitality, permitíndolle visualizar na pantalla da súa habitación os contidos do seu dispositivo de maneira sinxela e segura.
A súa utilización é moi fácil e intuitiva. Simplemente o usuario debe conectarse á rede wifi do hotel e capturar o código QR que se mostra na pantalla da súa habitación. Esta solución de casting permitiralle reproducir o contido multimedias das súas aplicacións favoritas (Netflix, Movistar, HBO…) directamente na TV. Pola súa banda, o hotel pode personalizar as instrucións coa súa ...
17 xaneiro 2023
Estes premios para os mellores TFG e TFM buscan potenciar o talento e achegar o mundo da empresa ao ámbito universitario. A Universidade de Deusto e Inetum colaboran na promoción de talento novo en áreas científicas e tecnolóxicas relacionadas con Enxeñería Informática e Ciencia de Datos e Intelixencia Artificial.
A entrega da primeira edición destes premios Aula Tecnolóxica Inetum – Deusto tivo lugar en BAT, B Accelerator Tower, de Bilbao. Inetum, líder europeo en solucións e servizos dixitais, conta cun espazo neste Centro Internacional de Emprendemento de Bizkaia, desde onde está a coordinar a súa estratexia de innovación Quantum co ...
26 decembro 2022
A comida de Nadal de Plexus Tech tivo lugar o pasado venres 16 de decembro ao grande en Santiago de Compostela, na que foi a primeira gran celebración da compañía galega despois da pandemia.
Despois de tres anos sen poder celebrarse, desde a compañía había moitas ganas de poder organizar algo máis que unha simple comida, un evento que se denominou Plexus Fest, por ser máis que unha comida, unha gran festa onde celebrar e compartir os éxitos deste 2022, nun Palacio de Congresos e Exposicións que acolleu ás case 700 persoas vinculadas a Plexus Galicia e que colaboran día ...
21 decembro 2022
Poucas veces temos a oportunidade de coñecer a un futuro representante español nas Olimpíadas de París 2024. Por iso en Inforhouse foi toda unha honra recibir a visita esta semana de Alberto González do equipo de tríatlon Inforhouse Santiago, club que toma o noso nome e do que somos patrocinador principal.
Inforhouse sempre considerou o deporte como unha área no que poder realizar accións de Responsabilidade Social Empresarial, que potencien a nosa vinculación e contribución coa nosa contorna. Foi esta a causa de iniciar o patrocinio do equipo de tríatlon principal deSantiago de Compostela que mantivemos ao longo destes anos ...
19 decembro 2022
O pasado sábado, La Voz de Galicia recolleu nun artigo da súa versión dixital unha análise da empregabilidade do sector tecnolóxico na comunidade galega. Plexus Tech continúa un ano máis no podio das empresas que máis postos achegan á comunidade, con máis de 950 dos seus profesionais afincados en Galicia segundo datos do Clúster TIC Galicia.
Plexus Tech conta con 30 sedes e presenza en distintos países a ambos os dous lados do Atlántico. Preto de 2500 persoas hai no seu persoal por todo o mundo, e ao redor do 40% destas reside e traballa na comunidade galega.
Esta cifra ...
15 decembro 2022
A dixitalización continúa sendo a gran materia pendente da xestión de residuos en España. Só o 16,2% das grandes empresas produtoras de residuos do noso país contan cunha solución dixital para o tratamento dos mesmos. Destas, un 92,3% afirman dispoñer dunha solución de software comercial específica, mentres que o 7,7% restante optou por un software de xestión propio.
Estes datos están recollidos nun estudo realizado pola empresa de software TEIMAS, tomando como referencia unha mostra de 265 corporacións.
As causas da “non” dixitalización
As razóns que expoñen as grandes empresas produtoras de residuos analizadas para non dixitalizar ...
12 decembro 2022
PuntoGal celebra a chegada do Nadal cunha atractiva rebaixa no prezo dos novos dominios. Nos rexistradores sumados a esta promoción, as persoas interesadas poderán obter o seu .gal por un prezo máximo de 10 euros máis IVE. Os prezos rebaixados estarán vixentes desde o día 12 e ata o 29 de decembro.
Para poder aproveitar a promoción de desconto nos prezos do .gal que trae o Apalpador, é preciso dirixirse ás empresas rexistradoras Blacknight, Arsys, Dinahosting, INWX, CDMon, Openprovider, R adia e OVH.com, que ofrecen distintas políticas de prezos e servizos con rexistro de dominios novos. PuntoGal recomenda ...
12 decembro 2022
Inetum, líder en servizos e solucións dixitais, inaugura nova sede en Túnez. O evento, que tivo lugar o xoves 24 de novembro, confirma a ancoraxe do Grupo no ecosistema local e a súa capacidade para apoiar aos seus clientes en Túnez e en todo o continente, coa apertura de seis novas sedes en África nos últimos 20 anos (Marrocos, Túnez, Costa do Marfil, Camerún, Senegal e Angola).
Tras a inauguración hai un ano en Casabranca (Marrocos) das novas instalacións e do FabLab Innovación for Africa, a compañía de TI estrea este 24 de novembro a súa nova sede en Túnez ...
5 decembro 2022
Inetum, empresa líder en Europa en servizos e solucións dixitais, foi galardoada como Partner do Ano en Servers, categoría que inclúe IBM Power e IBM Mainframe, durante a celebración do IBM Ecosystem Summit 2022
IBM celebrou a súa gala anual, o Ecosystem Summit, con 300 profesionais reunidos en Espazo Platea, en Madrid. Unha xornada na que a compañía presentou as súas últimas novidades e realizou a entrega de premios a aqueles partners que tiveron un desempeño destacable en 2022.
Carlos Muñoz, director xeral de Inetum en Iberia Latam, recolleu o premio Partner do ano IBM Servers da man de Horacio ...
5 decembro 2022
Nicolás Sanchez Roel, Chief Dixital Officer de Plexus Tech e experto en intelixencia artificial, participou o pasado xoves 1 de decembro no ciclo de conferencias AI : MORE THAN HUMAN, un ambicioso proxecto expositivo, inmersivo e interactivo sobre intelixencia artificial celebrado en Afundación da Coruña.
Co seu relatorio «A Intelixencia Artificial, unha solución para pequenas e grandes empresas», Sánchez abordou as posibles vías de adopción da Intelixencia Artificial por parte de organizacións, e as diferentes solucións existentes segundo a natureza do sector ou da propia empresa. A conferencia profundou ademais en solucións de natureza Cloud para facilitar o desenvolvemento de solucións ...
5 decembro 2022
Antonio Agrasar Cascallar, CEO de Plexus Tech, foi nomeado este pasado 21 de novembro novo membro do Consello de Administración da Asociación para o Progreso da Dirección (APD) Zona Noroeste, presidido por Francisco Botas, Conselleiro Delegado de ABANCA.
A cúpula de APD Zona Noroeste reúne aos 25 principais directivos das empresas máis relevantes dentro do sector servizos en Galicia e, xunto a Antonio Agrasar, uníronse recentemente ao consello sete integrantes máis de empresas referentes a nivel autonómico como Inditex, Luckia ou Adolfo Domínguez.
A Asociación para o Progreso da Dirección reúne xa a 3700 organizacións asociadas de 3 continentes diferentes ...
21 novembro 2022
Plexus Tech participou nunha edición máis de Talentia Summit, a maior feira de talento e emprego de Galicia. Esta nova edición, realizada de forma virtual e presencial, tivo lugar en Santiago de Compostela no edificio administrativo de CERSIA do 11 ao 18 de novembro.
Co lema “Desata o potencial do talento”, nesta edición de 2022 do evento Plexus Tech contou cunha caseta virtual onde María Barbeira e Uxía Ponche, compoñentes da área de Captación de Talento, xestionaron un espazo para a conversación cos e as profesionais que visitaron a caseta para falar de talento, emprego e proxección profesional.
Plexus Tech ...
7 novembro 2022
O pasado 25 de outubro, desde Plexus Tech tivemos o pracer de acompañar ao noso partner Liferay no seu evento anual Liferay Partner Summit, un evento anual que a compañía estadounidense realizou en Madrid para profundar nas experiencias e coñecemento da súa rede de partners.
A cita constou de dúas xornadas que aproveitamos para conectar con outros partners EMEA, compartindo casos de éxito nas tecnoloxías de Liferay e así enriquecendo o noso mabanico de solucións para darlle o mellor aos nosos clientes.
A compañía aproveitou o Partner Summit para expoñer as últimas novidades de Liferay Experience Cloud, destacando as vantaxes ...
2 novembro 2022
O pasado ano PuntoGal asinou a súa incorporación á Global Cyber Alliance (GCA), a organización internacional creada en 2015 para afrontar os riscos cibernéticos e facer da rede un lugar máis seguro. O dominio foi a primeira entidade galega en sumarse a esta alianza global, dentro da súa política de reforzar a seguridade do ámbito dixital. Hoxe publícase unha das ferramentas elaboradas en colaboración con esta organización, unha caixa de ferramentas para PeMEs en galego, a que se pode ...
31 outubro 2022
O 26 e 27 de outubro Plexus Tech participou activamente unha edición máis no Fórum RIES, o fórum internacional de referencia a nivel nacional e internacional para abordar os retos e oportunidades do ecosistema da saúde, organizado polo CSG (Clúster Saúde de Galicia).
O Ágora de Plexus Tech dedicado a "A Transformación Dixital no sector Sociosanitario" e moderada por José Manuel Chao Ardao foi inaugurada polo Vicepresidente Primeiro e Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde e a Presidenta da Agrupación industrial Saúde de Galicia, Rocío Mosquera.
Un interesante foro onde se abordaron as claves ...
24 outubro 2022
O pasado martes 19 de outubro tivemos o pracer de acompañar ao noso partner Salesforce no seu Innovation Day, un evento patrocinado por Plexus Tech no que descubrimos as novidades e lanzamentos presentados recentemente pola empresa americana no evento Dreamforce 2022 de San Francisco.
Ademais, a xornada do Salesforce Innovation Day serviu como punto de encontro das solucións máis avanzadas expostas pola compañía, como o seu paquete Customer 360, o CRM que integra os departamentos de márketing, vendas e servizo de atención ao cliente da empresa de forma efectiva para potenciar a competitividade e mellorar a comunicación co consumidor.
En ...
17 outubro 2022
Plexus Tech participou no recoñecemento do Proxecto Avecen, no marco da cerimonia de entrega de premios da Rede Colaborativa de Sitios de Referencia (RSCN), celebrada o pasado luns en Bruxelas. No acto estivo presente o seu socio director de Health & SocialCare, José Manuel Chao Ardao, para recoller o premio.
A solución Avecen, acrónimo de Virtual Assistant for Neurodegenerative Diseases, foi seleccionada entre 25 aplicacións a nivel europeo como referencia para un proxecto de innovación escalable nos países da Unión Europea. Con esta iniciativa preténdese desenvolver unha app que faga un seguimento e avaliación continua da execución de determinadas rutinas ...
3 outubro 2022
A Directora de Estratexia e Marca de Plexus Tech, Silvia Fraga, participou activamente o pasado mércores nas xornadas «A Era da Innovación Inclusiva e os seus efectos nos proxectos sociais, tecnolóxicos e circulares», celebradas no campus da Universidade da Coruña (UDC).
Silvia realizou a charla “A r-evolución dixital e o reto de humanizar a tecnoloxía” sobre unha temática moi necesaria no contexto actual: a concepción dos avances tecnolóxicos como ferramentas ao servizo das persoas. Precisamente a complicada situación económica, social e internacional actual envolveu todo o contido dun evento que espera axudar aos futuros profesionais a tomar conciencia dos retos ...
27 setembro 2022
Serviguide Tech, dentro da súa aposta e apoio ás empresas e os actos dedicados ao ámbito das TIC, participou o pasado venres 23 de setembro, na 26ª edición da Noite Galega das Telecomunicacións de Galicia. Por medio do patrocinio, estivo presente neste encontro de relevancia no sector que distinguiu o emprendemento, a investigación e as boas prácticas xeradas no ámbito das TIC por parte de diferentes persoas e entidades.
Entre os asistentes de Serviguide Tech, estiveron Alfredo Castro, director xeral de Serviguide Tech, Pedro Villatoro, Director IT; Fernando Ordoñez, CBDO; Javier Praza, Key Account Manager IT, Ana Martínez, Tender & ...
22 novembro 2021
O director científico do CiTIUS, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na Universidade de Santiago de Compostela, recibiu o pasado xoves en Madrid o galardón que recoñece a súa traxectoria investigadora na cerimonia de entrega dos Premios de Investigación Sociedade Científica Informática de España – Fundación BBVA 2020-2021.
«É unha honra inmensa. O meu agradecemento ao xurado, á SCIE e á Fundación BBVA non só polo galardón, senón tamén porque a través dos premios nacionais prestigian a investigación española en informática». Senén Barro, director científico do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago ...
22 outubro 2021
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha unha nova edición do Programa Tecnólog@ por un día, que volve a ofrecer a estudantes de 12 a 17 anos a oportunidade de experimentar, en primeira persoa, unha xornada laboral con profesionais das empresas do sector TIC en Galicia. A iniciativa desenvólvese no marco do Plan de Promoción de Talento Dixital de Galicia DigiTalent.
Nesta edición, retómase a presencialidade do programa e ofreceranse 66 prazas, grazas a colaboración de 6 empresas tecnolóxicas que, xunto coa Amtega, posibilitarán a experiencia de acoller a “Tecnólog@s por un día”: Altia ...
23 xuño 2021
A oportunidade que ten Galicia de especializarse en intelixencia artificial foi un dos argumentos da xornada coa que hoxe comezou a súa actividade o centro GaiásTech da Xunta, que ocupa unha superficie de 500 metros cadrados na Cidade da Cultura.
A xornada de traballo estivo precedida das intervencións da directora da Amtega, Mar Pereira, e da directora da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez. Así mesmo, o director da Área de Sociedade Dixital da Amtega, Miguel Rodríguez, ofreceu unha visión global do proceso de transformación dixital de Galicia que se reflicte na plataforma DixiTerrae.
A xornada técnica inaugural, baixo ...
22 xuño 2021
Un equipo de investigación interdisciplinar con participación do IGFAEcreou un prototipo para a detección de gas radon, un sistema modularpara monitorar e controlar a concentración de radon en contornaspechadas, de forma automática e a distancia
O gas radon é a maior fonte de exposición a radiación natural enhumanos e causa entre o 3 e o 14% dos casos de cancro de pulmón
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC colaborou no deseño e desenvolvemento dun prototipo para a detección de gas radon en edificacio ...
22 xuño 2018
A Asemblea Xeral Ordinaria do Clúster TIC de Galicia incluirá na edición do 28 de xuño de 2018 unha serie de mesas de traballo nas que os asociados poderán debatir sobre algúns dos temas máis relevantes no eido das novas tecnoloxías da comunicación. Estas mesas serán espazos físicos nos que, dende as 13:20 ata as 14:45 os asistentes exporán o estado e posibilidades de participación e influencia do Clúster TIC. Os asociados están convidados a formar parte deste evento previo á asemblea. Tamén se ofrecerá un xantar de networking ...
8 novembro 2016
Un ano máis, co obxectivo de estimular e recoñecer o traballo de todos os axentes comprometidos co desenvolvemento do tecido produtivo baseado na Sociedade da Información, convócase unha nova edición dos Premios Clúster TIC Galicia. Esta iniciativa pon de relevo ante a sociedade o labor das empresas, profesionais ou entidades que deseñan, programan, desenvolven, implantan ou usan produtos ou servizos galegos que teñen na innovación e no uso das novas tecnoloxías a súa razón de ser.Os galardóns convócanse en seis categorías: Innovación, Internacionalización, Liderado TIC, Start-ups e Software Libre, ás que se lles une nesta edición a categoría de ...
27 outubro 2015
O Comité Avaliador Experto dos Premios Clúster TIC Galicia vén de dar a coñecer aos finalistas das 5 categorías. Unha selección complicada dado o alto nivel das 34 candidaturas presentadas.Os finalistas son:Categoría Innovación:o AVANSIG (A Coruña)o EGATEL (San Cibrao das Viñas)o SINERGIA G6 (O Porriño) Categoría Internacionalización:o IGALIA (A Coruña)o Quobis (O Porriño)o Optare Solutions (Vigo) Categoría Liderado TIC:o ALTIA CONSULTORES (A Coruña)o CPEIG (Santiago de Compostela)o HEWLETT PACKARD SERVICIOS (Santiago de Compostela) Categoría Startup:o APPENTRA SOLUTIONS (A ...
19 abril 2012
Baixo o paraugas do grupo de traballo de Innovación e Demanda Temperá, poñeranse en marcha seis proxectos para a procura de mercados e oportunidades de negocio en nichos estratéxicos. Segundo a proposta presentada polo grupo de traballo e aprobada polo Comité Estratéxico do Cluster na súa reunión do pasado 12 de abril, as comisións ou subgrupos de traballo crearanse arredor de empresas interesadas en dedicar recursos a impulsar un proxecto de demanda temperá en cada unha das áreas seleccionadas.Cada subgrupo funcionará de maneira autónoma, cun responsable que reportará ao coordinador do grupo de traballo, que neste caso está liderado ...
9 marzo 2012
O grupo de traballo Innovación e Demanda Temperá traballará na posta en marcha de sete comisións para impulsar cada un dos proxectos seleccionados de ente a axenda estratéxica de I+D+i proposta por Vindeira e aprobada polo Comité de Dirección e o Comité Estratéxico do Cluster.As comisións ou subgrupos de traballo crearanse arredor de empresas interesadas en dedicar recursos a impulsar un proxecto de demanda temperá en cada unha das áreas seleccionadas. Unha vez acadada unha masa crítica mínima de empresas interesadas en cada proxecto, o subgrupo porase en marcha e funcionará de maneira autónoma. Haberá un coordinador ...
2 marzo 2012
O próximo luns, 5 de marzo, reunirase o grupo de traballo de Globalizción e Internacionalización para pulir os últimos detalles do Plan de Internacionalización do sector TIC galego. A elaboración dunha estratexia para dar un forte pulo á saída aos mercados exteriores das empresas do eido das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións é un compromiso adquirido polo Cluster ante a Consellería de Economía e Industria, e conta co apoio expreso da administración galega. Este plan, que está xa moi avanzado na súa elaboración, marcará obxectivos ambiciosos que deberán ser acadados nos próximos tres anos, e fixará como mercados preferentes ...
1 abril 2011
O grupo de Traballo de Formación rematou a elaboración da enquisa de necesidades formativas, tendo aprobado as conclusións do traballo na súa reunión correspondente ao mes de marzo. Ao cuestionario, que foi enviado a todas as empresas e entidades membros do Cluster, responderon o 24,27% dos consultados. Como principal conclusión, pódese sinalar que as necesidades de formación máis demandadas son as relacionadas coa Xestión de proxectos e coa Programación. O primeiro contido é sinalado polo 80% dos consultados, mentres que o segundo é solicitado polo 76%.Tras Xestión de Proxectos e Formación, os seguintes contidos con maior demanda son ...